A XUNTA PUBLICA A ORDE DA CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN NON FORMAL DESEÑANDO O TEU FUTURO

  • A finalidade das axudas é financiar proxectos dirixidos a que os mozos e mozas de entre 14 e 18 anos realicen estadías- visitas non remuneradas en empresas galegas
  • A orde está dotada cun orzamento superior a 67.000 euros, que se repartirá entre concellos e entidades sen ánimo de lucro

 

Santiago, 18 de abril de 2016.- A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria do programa Deseñando o teu futuro, unha iniciativa de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

 

A finalidade das axudas é financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas de  entre 14 e 18 anos, realicen estadías- visitas non remuneradas en empresas radicadas na comunidade autónoma de Galicia, aos efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.

 

Deseñando o teu futuro é un programa piloto de aproximación da mocidade galega ao ámbito socio-laboral mediante o desenvolvemento de estadías- visitas titorizadas en distintos sectores das empresas, facilitando así unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

 

Poderán presentar proxectos as entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que presten servizos á xuventude, e os concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades galegas validamente constituídas, así como as resultantes da fusión de municipios á que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

 

As estadías- visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. O número máximo de mozos e mozas participantes por proxecto non pode exceder de 30.

 

A orde está dotada cun orzamento de  67.305 euros, coa seguinte distribución: 42.820 euros para proxectos promovidos por concellos e 24.485 euros para proxectos promovidos por entidades. Está previsto un anticipo do 80% da axuda.

 

A cantidade subvencionable a cada entidade e concello ou agrupación de concellos se calcula a razón de 6 euros por participante e día, que irán destinados a cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou da moza, e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías- visitas.

 

O prazo de presentación de proxectos é dun mes a contar dende o día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

 

No marco deste programa no 2015 se financiaron un total de 17 proxectos presentados por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitaron que un total de 403 rapaces e rapazas realicen estadías- visitas en empresas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: