Mobilización persoal Administración xeral do Estado.
a xunta de persoal e o comité de empresa da Administración xeral do Estado en Pontevedra convocan unha mobilización en Vigo este martes 19 de abril para denunciar a política de privatizacións que está a aplicar o Goberno español do PP.
A protesta, que incluirá concentracións e reparto de panfletos informativos, desenvolverase de 9.00 a 14.00 horas. Comezará diante das oficinas do SEPE (rúa López Mora) e a continuación trasladarase á oficina do CAISS (rúa Pintor Laxeiro); despois pasará pola Comisaría de Policía, Dirección Xeral de Tráfico e rematará diante de Facenda, na rúa Lalín.