O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL INSISTE NA NECESIDADE DE ACADAR A PLENA INTEGRACIÓN SOCIAL E LABORAL PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

  • IMG_4803Anuncia que o convenio da Xunta de Galicia coa asociación dezá para o concerto de 30 prazas (15 no centro de día e outras 15 no centro ocupacional) medra neste 2016 máis dun 5% ata acadar os 236.672 euros

 

Lalín (Pontevedra), 18 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou na xornada de hoxe a asociación Aspadeza formada por pais de persoas con discapacidade intelectual da comarca dezá. Alí, o responsable da área social do Goberno galego salientou a necesidade de acadar “a plena integración social e laboral para as persoas con discapacidade intelectual co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida”.

 

Tras visitar as instalacións de Aspadeza, o conselleiro reforzou o compromiso da Xunta de Galicia coas persas con discapacidade ao asegurar “traballo sen descanso para facilitar en todo o que sexa posible a vida destas persoas”. Neste sentido, Rey Varela anunciou que o convenio da Xunta de Galicia coa asociación dezá para o concerto de 30 prazas (15 no centro de día e outras 15 no centro ocupacional) medra neste 2016 máis dun 5% ata acadar os 236.672 euros. Ademais o conselleiro apuntou que proximamente anunciaranse as liñas de colaboración para voluntariado e as prazas da campaña de verán.

 

Nas súas verbas, o titular de Política Social gabou o traballo de entidades como Aspadeza que contribúen a facer realidade o obxectivo da Xunta de Galicia de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Así, Rey Varela describiu, en particular, o traballo que realiza Aspadeza como “moi especializado e moi personalizado” e destacou a importancia de que a asociación desenvolva recursos novos como a vivenda tutelada que foi recentemente autorizada. Ao respecto, o conselleiro e os responsables do centro estudaron diferentes vías de colaboración para xestionar este novo centro.

 

Aspadeza é unha entidade sen ánimo de lucro que atende as persoas con discapacidade intelectual dos concellos pontevedreses de Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro e Dozón. Na actualidade está formada por 215 socios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: