Obras para arranxar os danos causados polas choivas de febreiro en Pontellas

Regato MiñoteiraO tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, asistiu este luns, día 18, á colocaciòn dos 5 novos ‘marcos’, da obra que o Concello está realizando no regato Miñoteira, en Pontellas, logo dos asolagamentos do pasado mes de febrero, que afectaron a varias das parroquias do Porriño.

Segundo explicou Manuel Carrera, con esta proxecto, iniciado a semana pasada, “acabarase co risco de inundacións nesta zona” logo de que se ampliase a canle de paso da auga, que estaba nunhas medidas de 1,5 metros por 80 centímetros, na parte que está máis preto da ponte,  a un paso que dispora dunha capacidade de caudal de 2,5 por 2 metros.

Dende agora, engade Carrera, logo da colocación dos marcos, “se pasará á fase de drenaxe lonxitudinal e situación das aletas de dirección da canalización, en pedra, tanto de entrada coma de saída”, o que podería facer que a obra, na súa totalidade, estivese acabada a principios do mes que ven.

O primeiro tenente de alcalde lembra que esta inciativa era unha das que o goberno local presentara á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), como parta das que era necesario acometer de urxencia polos danos ocasionados polas choivas e temporais de hai dous meses e que, no caso do concello do Porriño, a Concellería de Vías e Obras, orzmentou en máis de 160.000 € para arranxar os destrozos causados polos temporais.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: