Archivo | abril 19, 2016

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE PON A DISPOSICIÓN DA MOCIDADE MÁIS DE 950 PRAZAS PARA PARTICIPAR EN CAMPOS DE TRABALLO EN GALICIA, NO RESTO DE ESPAÑA E NO ESTRANXEIR

  • Constitúen unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade
  • O prazo de presentación de solicitudes abrirase o venres 22 de abril
  • Os campos enmárcanse na Campaña de Verán da Consellería de Política Social, na que se investirá 2,6 millóns de euros

 

Santiago, 19 de abril de 2016.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, abrirá este venres día 22 o prazo de inscrición nos campos de traballo da Campaña de Verán da Consellería de Política Social. Os mozos e mozas galegos poderán escoller entre participar nos campos de traballo que se organizan en Galicia, ou ben ir aos que se celebran noutras comunidades españolas ou en 31 países de Europa, Asia, África e América.

 

Os campos de traballo constitúen unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade. Son accións voluntarias, que os mozos e mozas realizan de xeito altruísta e solidario, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade. Tamén promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal. Así mesmo, fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos rapaces e rapazas a oportunidade de tomar parte en campos doutras comunidades e países, polo que participar nesta oferta de mobilidade e de intercambio de experiencias, axuda ao desenvolvemento de valores de convivencia, tolerancia ou o traballo en equipo.

 

A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade nos meses de verán, que terán lugar en Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira, Coirós, Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga, Xermade, Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense, A Peroxa, Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.

 

Este ano Galicia conta con 958 prazas para que participen rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos en campos de traballo, das que 370 son de envío a outras comunidades autónomas (120 prazas) e a outros países (250 prazas) e 588 de acollida, nos campos que organiza a nosa comunidade. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo.

 

Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado.

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña.

 

Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos.

 

Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma en http://xuventude.xunta.es.

 

 

 

JOSÉ MANUEL REY VARELA ASINA O CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ PARA FINANCIAR TRES UNIDADES DE APOIO PSICOSOCIAL

  • _A9A6876A Xunta achegará 300.000 euros para o financiamento da actividade das tres unidades o que suporá un incremento do 9% (25.000 euros) con respecto ao pasado exercicio, e do 200% (100.000 euros) con respecto ao ano 2009
  • O conselleiro valorou a importancia da sinatura deste convenio que, grazas a abordaxe temperá das necesidades das persoas con discapacidade, “diminuiranse as situacións futuras de dependencia para acadar unha sociedade máis igualitaria para todos os galegos”
  • Define a Axenda Galega de Atención Temperá 2015-2016 como “a acción coordinada entre os sistemas implicados na atención temperá como o sistema de saúde, de educación e de servizos sociais, para unha abordaxe integral e temperá do desenvolvemento infantil e o apoio ás familias”

 

Ferrol (A Coruña), 19 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou esta mañá o convenio de colaboración coa Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) a través do cal se colaborará no financiamento de tres unidades de apoio psicosocial, dirixidas á atención de nenos e nenas de entre 0 e 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos. Así mesmo, se prestará apoio ás súas familias e ao seu contorno, coa finalidade de facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal destes menores e a súa inclusión social. As tres unidades contan cada unha cun equipo de profesionais especialistas en desenvolvemento infantil e atención temperá. O responsable da área social apuntou que a Xunta achegará 300.000 euros para o financiamento da actividade das tres unidades o que suporá un incremento do 9% (25.000 euros) con respecto ao pasado exercicio, e do 200% (100.000 euros) con respecto ao ano 2009. Do mesmo xeito definiu este convenio como “unha aposta pola atención integral das familias en Galicia, especialmente das familias que teñen nenos ou nenas con algunha dificultade especial e que polo tanto requiren un asesoramento e un traballo con profesionais especiais”.

 

O conselleiro valorou a importancia da sinatura deste convenio que, grazas a abordaxe temperá das necesidades das persoas con discapacidade, “diminuiranse as situacións futuras de dependencia para acadar unha sociedade máis igualitaria para todos os galegos”. O desenvolvemento dos menores, dixo o conselleiro, “é especialmente relevante para que os nosos nenos e nenas acaden unha vida normalizada e coas mellores cotas de autonomía persoal”.

 

O convenio, enmárcase no eixe 2 do Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, na Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020 e na Estratexia de Prevención da Dependencia, horizonte 2020. Así mesmo, é unha das actuacións contempladas na Axenda Galega de Atención Temperá 2015-2016, un documento que como indicou Rey Varela “representa a acción coordinada entre os sistemas implicados na atención temperá como o sistema de saúde, de educación e de servizos sociais, para unha abordaxe integral e temperá do desenvolvemento infantil e o apoio ás familias”.

 

Atención temperá en Galicia 

As dúas primeiras Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar comarcais de Galicia, no Deza e no Salnés, iniciaron a súa actividade no ano 2009, e no 2014 entrou en funcionamento unha nova unidade na comarca de Bergantiños. A través destas tres unidades, un total de 313 familias foron atendidas no ano 2015, e co incremento orzamentario no presente exercicio, búscase aumentar esta cifra e reforzar aquelas prestacións que dentro da carteira de servizos á atención temperá teñan máis demanda.

 

Por outra banda, esa cobertura vaise reforzar mediante unha nova liña de subvencións que a Xunta porá en marcha para o financiamento destes servizos a través das entidades locais, consolidando así a Rede Galega de Atención Temperá e facendo desta un verdadeiro servizo de proximidade para os nenos e nenas e as súas familias. Así, destinarase a dita convocatoria de subvencións 2.252.216 euros. O responsable de Política Social destacou a importante aposta que a Consellería fai coa atención temperá creando 12 novas prazas unidades de atención temperá en Galicia que permitirá que esta rede que existe en menos de 10 comarcas de Galicia poida ampliarse a máis de 20 comarcas de Galicia e ampliar o seu ámbito territorial”.

 

Deste xeito, e de forma directa para este tipo de servizos, supéranse os 2,5 millóns de euros, ademais do orzamento que se destina ás entidades do ámbito da discapacidade, que tamén contemplan este tipo de servizos entre os seus programas e recursos.

 

Primer Imperdibles de 2016: Nada Surf el viernes 29 de abril en el Pazo da Cultura de Pontevedra

unnamedTras grabar 5 álbumes en 10 años, girar con ellos por todo el planeta y en 2012 tomarse un descanso que se nos ha hecho muuuuuy largo… ¡Por fin Nada Surf publican nuevo álbum!

You Know Who You Are se publicó en España el pasado 4 de marzo de la mano de Ernie Records. 10 canciones que capturan todas las facetas de la banda al tiempo que ofrecen elementos que se apartan de lo oído previamente en el catálogo de Nada Surf. Suena así de bien.

El que es su 8º álbum se puede considerar la colección más representativa de las dos décadas de carrera del grupo. Producido por Tom Beaujour en Nuthouse Recording, supone el primero de la banda oficialmente como uncuarteto, con Doug Gillard como segundo guitarra incorporado a la formación básica de Matthew Caws como voz, compositor y guitarra, Daniel Lorca al bajo y Ira Elliot a la batería.

La del Ciclo Imperdibles de Pontevedra será una de las primeras fechas de la gira de presentación del disco. Todo un lujo contar en la ciudad con una de las bandas norteamericanas más genuinamente independientes… y queridas.

“Hay gente que busca sentirse mejor, ánimos para superar sus obstáculos, que busca ayuda para entender la vida (que no es que yo lo haya hecho), hay gente que busca canciones de amor y luego hay otros que solo quieren rock”. Matthew Caws

Viernes 29 de abril
Pazo da Cultura de Pontevedra
Ciclo Imperdibles
20:30 Apertura de puertas
21:00 Nada Surf
Precio: 20€ + gastos en Ataquilla.com

www.nadasurf.com

Teatro de Lorca e cine en version orixinal (The Reader), na programación para mañá da Uvigo

A Miteu ofrece mañá a primeira obra sobre o amor homosexual que escribiu Lorca

 

O ciclo Cine e Lingua proxecta The Reader, película coa que Kate Winslet obtivo o Oscar á mellor actriz foto teatro lugo

Vigo, 19 de abril de 2016.- A XVIII Mostra de Teatro Universitario de Vigo, MITEU, continúa mañá mércores, 20 de abril, cunha proposta innovadora en canto á escenografía, xa que os actores situaranse no medio do auditorio de Cidade Universitaria e o público gozará da función nun graderío disposto ao seu redor. A obra representada será O público. Baixo a area, de Federico García Lorca, a cargo da Aula de teatro da USC-LUGO. Esta obra do autor granadino considérase a primeira en abordar o amor homosexual, segundo o historiador Ian Gibson. O subtitulo Baixo a area fai referencia a un conxunto de obras escritas por Lorca que denominaba “comedias imposibles”. De feito, é no ano 1986, cando o Centro Dramático Nacional estrea El público, por primeira vez, o que supuxo un dos acontecementos teatrais dos anos oitenta.

Ás 20.00 horas, o edificio Cambón (Rúa Oliva, 3. Casco Vello) acolle The Reader (Stephen Daldry, 2008), en versión orixinal. Está protagonizada por Kate Winslet, que foi premiada co Oscar á mellor actriz protagonista. A longametraxe sitúase en Alemaña, tras a II Guerra Mundial (1939-1945). Michael Berg (David Kross), un rapaz de quince anos, perde o coñecemento mentres regresa da escola. Hanna Schmitz (Kate Winslet), unha muller reservada que lle dobra en idade, decide coidalo. Entre os dous xurde un amor interrompido pola misteriosa desaparición de Hanna. Anos máis tarde, Michael atópase con ela de novo pero nunha situación que non desexaría.

Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da Uvigo dirixirá un debate posterior.

 Aula de Teatro USC-Lugo

O público. Baixo a area

Hora:   18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Universidade de Vigo.

 

Ciclo Cine e Lingua: The Reader

 

Hora:   20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:  Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo.  

              

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL CONTINUA COA SÚA ROLDA DE ENCONTROS COS ALCALDES GALEGOS COA FINALIDADE DE XUNTAR ESFORZOS ENTRE ADMINISTRACIÓNS E OPTIMIZAR RECURSOS

  • _A9A6874Jose Manuel Rey Varela reuniuse esta mañá co rexedor de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, co que repasou as actuais vías de colaboración entre as dúas administracións no eido social
  • Tamén departiron sobre o incremento de horas realizado no Servizo de Axuda no Fogar e estudaron a futura posibilidade de construír unha escola infantil na localidade

 

Ferrol (A Coruña), 19 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe na delegación da Xunta de Galicia en Ferrol co alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, no marco da rolda de entrevistas que o titular da carteira autonómica está a realizar cos rexedores galegos. O obxectivo destes encontros é coñecer as necesidades no eido social de cada localidade e así poder optimizar os servizos prestados a través da unión de recursos locais e autonómicos.

 

Así as cousas, o titular de Política Social e o rexedor fixeron un repaso dos principais  programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver no municipio; nomeadamente o incremento de 115 horas no Servizo de Axuda no Fogar, grazas ao cal o total de horas de servizo ascende a 2.068 das que se benefician 36 veciños e veciñas de Pontedeume. Neste eido, conselleiro e alcalde acordaron seguir traballando para suprimir a lista de agarda no Servizo de Axuda no Fogar e acadar o 100% de ratio de atención.

 

Jose Manuel Rey Varela e Bernardo Fernández Piñeiro, tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a futura construción dunha escola infantil, o que suporía unha importante mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste municipio emprazado na comarca do Eume.