JOSÉ MANUEL REY VARELA ASINA O CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ PARA FINANCIAR TRES UNIDADES DE APOIO PSICOSOCIAL

  • _A9A6876A Xunta achegará 300.000 euros para o financiamento da actividade das tres unidades o que suporá un incremento do 9% (25.000 euros) con respecto ao pasado exercicio, e do 200% (100.000 euros) con respecto ao ano 2009
  • O conselleiro valorou a importancia da sinatura deste convenio que, grazas a abordaxe temperá das necesidades das persoas con discapacidade, “diminuiranse as situacións futuras de dependencia para acadar unha sociedade máis igualitaria para todos os galegos”
  • Define a Axenda Galega de Atención Temperá 2015-2016 como “a acción coordinada entre os sistemas implicados na atención temperá como o sistema de saúde, de educación e de servizos sociais, para unha abordaxe integral e temperá do desenvolvemento infantil e o apoio ás familias”

 

Ferrol (A Coruña), 19 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou esta mañá o convenio de colaboración coa Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) a través do cal se colaborará no financiamento de tres unidades de apoio psicosocial, dirixidas á atención de nenos e nenas de entre 0 e 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos. Así mesmo, se prestará apoio ás súas familias e ao seu contorno, coa finalidade de facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal destes menores e a súa inclusión social. As tres unidades contan cada unha cun equipo de profesionais especialistas en desenvolvemento infantil e atención temperá. O responsable da área social apuntou que a Xunta achegará 300.000 euros para o financiamento da actividade das tres unidades o que suporá un incremento do 9% (25.000 euros) con respecto ao pasado exercicio, e do 200% (100.000 euros) con respecto ao ano 2009. Do mesmo xeito definiu este convenio como “unha aposta pola atención integral das familias en Galicia, especialmente das familias que teñen nenos ou nenas con algunha dificultade especial e que polo tanto requiren un asesoramento e un traballo con profesionais especiais”.

 

O conselleiro valorou a importancia da sinatura deste convenio que, grazas a abordaxe temperá das necesidades das persoas con discapacidade, “diminuiranse as situacións futuras de dependencia para acadar unha sociedade máis igualitaria para todos os galegos”. O desenvolvemento dos menores, dixo o conselleiro, “é especialmente relevante para que os nosos nenos e nenas acaden unha vida normalizada e coas mellores cotas de autonomía persoal”.

 

O convenio, enmárcase no eixe 2 do Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, na Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020 e na Estratexia de Prevención da Dependencia, horizonte 2020. Así mesmo, é unha das actuacións contempladas na Axenda Galega de Atención Temperá 2015-2016, un documento que como indicou Rey Varela “representa a acción coordinada entre os sistemas implicados na atención temperá como o sistema de saúde, de educación e de servizos sociais, para unha abordaxe integral e temperá do desenvolvemento infantil e o apoio ás familias”.

 

Atención temperá en Galicia 

As dúas primeiras Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar comarcais de Galicia, no Deza e no Salnés, iniciaron a súa actividade no ano 2009, e no 2014 entrou en funcionamento unha nova unidade na comarca de Bergantiños. A través destas tres unidades, un total de 313 familias foron atendidas no ano 2015, e co incremento orzamentario no presente exercicio, búscase aumentar esta cifra e reforzar aquelas prestacións que dentro da carteira de servizos á atención temperá teñan máis demanda.

 

Por outra banda, esa cobertura vaise reforzar mediante unha nova liña de subvencións que a Xunta porá en marcha para o financiamento destes servizos a través das entidades locais, consolidando así a Rede Galega de Atención Temperá e facendo desta un verdadeiro servizo de proximidade para os nenos e nenas e as súas familias. Así, destinarase a dita convocatoria de subvencións 2.252.216 euros. O responsable de Política Social destacou a importante aposta que a Consellería fai coa atención temperá creando 12 novas prazas unidades de atención temperá en Galicia que permitirá que esta rede que existe en menos de 10 comarcas de Galicia poida ampliarse a máis de 20 comarcas de Galicia e ampliar o seu ámbito territorial”.

 

Deste xeito, e de forma directa para este tipo de servizos, supéranse os 2,5 millóns de euros, ademais do orzamento que se destina ás entidades do ámbito da discapacidade, que tamén contemplan este tipo de servizos entre os seus programas e recursos.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: