Archivo | abril 20, 2016

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE RECOLLE AS IDEAS DOS MOZOS E MOZAS PARTICIPANTES NOS PROGRAMAS DE XUVENTUDE EN BETANZOS CO OBXECTIVO DE MELLORAR AS ACTUACIÓNS NO EIDO DA MOCIDADE

  • Cecilia Vázquez tamén se entrevistou con concelleiros de xuventude desta comarca para coordinar as políticas entre administracións

 

Betanzos, 20 de abril de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe en Betanzos unha xuntanza de traballo cos mozos e mozas que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro. O encontro tivo lugar no Espazo Xove da localidade e nel participaron rapaces e rapazas procedentes da comarca de Betanzos.

 

Esta iniciativa ten como obxectivo recoller as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia. Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que “estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”.

 

Ademais, Cecilia Vázquez tamén mantivo unha encontro con concelleiros de xuventude desta comarca, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica, e de presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

 

Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez está a manter un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia así como cos responsables de xuventude dos concellos. As xuntanzas xa se celebraron en Chantada, Lugo, Noia, Melide, Ferrol, A Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Vigo, Carballo e Betanzos. A vindeira e última reunión terá lugar mañá xoves en Ourense.

 

 

 

 

As asociacións veciñais de Baixo Miño e Louriña perden 180.000 euros de investimentos coa eliminación do PAC

Q55A0891Os deputados do PP reúnense en Mos cos colectivos afectados pola supresión destas axudas provinciais

Para Nidia Arévalo é unha noticia moi mala para os colectivos, e entende que este novo goberno provincial dá a espalda á realidade pontevedresa”.

·       Di que están enganando aos colectivos, porque no Plan Concellos non hai cabida nin para investimentos nin actividades que non sexan municipais.

 

  • Para Nidia Arévalo é unha noticia moi mala para os colectivos, e entende que este novo goberno provincial dá a espalda á realidade pontevedresa”.
  • Di que están enganando aos colectivos, porque no Plan Concellos non hai cabida nin para investimentos nin actividades que non sexan municipais.

 

Mos, 20 de abril de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular reuniuse esta tarde en Mos con representantes dos colectivos veciñais dos concellos de Porriño, Tui, Mos, Tomiño e Salceda, afectados pola eliminación do Plan de Acción Comunitaria (PAC) que ata este ano concedeu a Deputación de Pontevedra. A voceira dos populares, Nidia Arévalo, explicoulles que o novo goberno bipartito eliminou estas axudas, que supoñía para as comarcas de Louriña e do Baixo Miño investimentos por valor de 180.000 euros e a execución de máis de 50 proxectos en 2015.

 

Para Nidia Arévalo é unha noticia moi mala para os colectivos, e entende que hai unha sensibilidade cero por parte deste novo goberno da Deputación, que dá a espalda á realidade pontevedresa, sobre todo ao rural e ás barriadas urbanas. A voceira amosouse especialmente disgustada, porque coñece ben o traballo e o esforzo que realizan estas asociacións veciñais, que no caso de Mos teñen unha presencia e estrutura importantes. Neste sentido, valorou moitos dos proxectos que se fixeron nestas comarcas a través do PAC. Como exemplos, en Tomiño recordou o proxecto para cumprir os criterios sanitarios da auga de consumo humano en Tomiño-Forcadela, ou a mellora da rede de distribución, en Estas, entre outros. No caso de Tui, entre outras actuacións, o ano pasado con estes fondos reformouse a canalización de recollida das augas pluviais do Montiño, pechouse o cemiterio da Guía, e acondicionouse a casa veciñal de Frinxo. En Salceda as asociacións veciñais executaron varios proxectos con cargo a este plan, entre os que incluíron melloras e canalización na traída de augas así como a instalación de sistema de depuración e cercado de manantiais na comunidade de Bouzabedra-Salceda, No Porriño, investiron na instalación de sistema de cloración e contador xeral. E no caso de Mos, o PAC destinouse a equipar e mellorar varios locais veciñais, mellorar a traída de augas, ou a reforma dos depósitos de auga, entre outros.

 

Nidia Arévalo explicou aos asistentes que o grupo provincial defenderá no próximo pleno unha moción para pedir ao bipartito da Deputación de Pontevedra que recupere estas axudas e as xestione de forma directa cos concellos. Nesta liña, dixo que o bipartito está enganando aos colectivos cando os remiten aos concellos, porque estas liñas de subvencións as eliminaron e non están incluídas no Plan Concellos. Insistiu en que neste plan están moi definidas as axudas, e non hai partidas nas que se poidan incluír nin investimentos que non sexan de titularidade municipal, nin actividades que non sexan de iniciativa municipal.

 

Con todos estes datos, a voceira popular aproveitou para poñer en valor o traballo destas asociacións altruístas, que viven das cotas dos seus asociados e que traballan voluntariamente, e entende que estas axudas que recibían da Deputación de Pontevedra supoñían unha importante oportunidade para garantir o seu funcionamento. Recordou, asemade, que co PAC pagábanse os materiais, mentres que a construción corría pola conta das propias asociación.

Próximos eventos CUARENTA , Rosalia de Castro, 29 Vigo

Jueves 21 de Abril00  sol_flyer_cuarenta CUARENTA40
Fiesta remember: homenaje a la mítica discoteca. SOL …en esta ocasión nos reencontraremos con su ambiente y disfrutaremos de su música en una noche emocionalmente y contando con la presencia de Richard, Jose de Ananda, Manuel Rodríguez Collazo y su staff
a partir de las 23:30, entrada libre.
—————————————————-
Viernes 22 de Abril
Actuación especial TU CARA ME SUENA: con la interpretación de alguno de los mejores temas de Kylie Minogue y Phil Collins a partir de las 23:30 h en primera planta  –   Entrada libre
Sesión especial LOLO The Sound con los mejores temas más actuales – en primera planta –  a partir de las 23:30 h. Entrada libre
—————————————————-
Sábado 23 de Abril
Sesión especial con los mejores temas de baile del momento de la mano de MICKYDJ VIGO en primera planta –  a partir de las 23:30 h. Entrada libre
Sesión especial LOLO The Sound recordando grandes éxitos de la música de los 90´s Classic House Tracks Visual en planta baja –  a partir de las 23:30 h. Entrada libre
—————————————————–
Domingo 24 de Abril –
Contaremos con la presencia y con la mejor música de LOLO The Sound  & Dj invitado , dentro de la fiesta PURE HOUSE MUSIC: SOUNDAYS 
a partir de las 23:30 h. Entrada libre

A ALCALDESA RECOLLE O PREMIO CONCEDIDO AO CONCELLO DO PORRIÑO POLA SÚA LABOURA A PROL DO DEPORTE FEMININO DE GALICIA

concellodoporriñoA alcaldesa, Eva García de la Torre, recollerá este venres, día 22, no concello de Allariz, o premio que a Asociación Deportistas de Galicia (MUDEGA), ven de conceder ao Concello do Porriño.

Mudega recoñece a laboura, feita a prol do deporte feminino de Galicia por xogadoras, adestradoras, xuizas deportivas, clubes e entidades públicas, unha distinción que este ano recaeu no Concello do Porriño por conquerir a visibilidade do deporte practicado polas mulleres e o seu aprecio e coñecemento por toda a sociedade.

A alcaldesa sinalou que “este premio pertence aos centos de deportistas porriñesas que fan que todas as veciñas e veciños nos sintamos orgullosos da súa entrega, os seu esforzó e o resultado do mesmo que fan do deporte do Porriño unha referencia dentro e fora de Galicia”.

Eva García de la Torre lembrou que cinco mulleres dirixen outros tantos clubes locais: Araceli Lorenzo, á fronte do Baloncesto Base; Raquel Acuña, presidenta do Club de Fútbol Pontellas, Eva María Domínguez, do Club de Fútbol San Salvador de Budiño, Aurora Sousa, que rixe o Clube Atletismo Porriño e Mercedes Díaz, presidenta da Club Patín Porriño, “todos eles punteiros nas súas categorías, dende as competicións galegas ata as internacionais e, o que é maís importante, referentes na formación de novas deportistas”.

Froito da laboura dos clubes do Porriño son os éxitos de deportistas como a palista Carla Pérez, a baloncestista Mónica Jorge, medalla de Prata na categoría sub-20 coa Selección Española no Europeo de Baloncesto de 2009; a triatleta Iria Rodríguez, recente medalla de Prata no Campionato de España de Triatlón Escolar; a atleta María Martínez, as promesas do balonmán, Aitana Santomé, e da ximnasia, Mónica Rodríguez, ou unha das máis grandes deportistas porriñesas de todos os tempos, Begoña Fernández, Medalla de Bronce coa Selección Española de Balonmán nos pasados Xogos Olímpicos de Londres 2012.

Grazas á súa entrega e ao seu talento, dentro dunha semana, O Porriño atraeu a mirada de todo o deporte español ao acoller a Fase Final da Copa da Raiña de Balonmán na cal, durante tres días, competiron as mellores equipos de España e moitas das mellores xogadoras europeas, entre elas as porriñesas.

elrow revoluciona los festivales de música este verano

Estará presente en más de 20 festivales en 10 países distintos.
Marvellous Island, Parklife, Love Box, Mysteryland, Electric Zoo y muchos más!

unnamed
Barcelona, 20 de abril de 2016.- elrow se va de gira este verano trasladando sus espectáculos explosivos de locura, desenfreno y color a los escenarios de más de 20 festivales alrededor del mundo con un line-up formado por una selección exclusiva de grandes artistas de la escena electrónica internacional.

Desde Nueva York a Londres, pasando por París, Ámsterdam y Croacia, la euforia y la diversión de sus shows temáticos, que ya están cosechando éxitos rotundos en un sinfín de clubs internacionales, llevarán la fiesta más loca, desinhibida y colorida a los festivales de música más punteros de más de 10 países.

Electric Zoo inaugurará el primer festival de elrow en Nueva York, al mismo tiempo queMarvellous Island en París. Parklife acogerá el show en Manchester, Love Box en Londres y Mysteryland en Ámsterdam, y estos son solo algunos de los festivales que quedarán bajo el control del excelente equipo de producción de elrow. ¡Nuevos espectáculos se anunciarán muy pronto!

Lista de festivales confirmados (por orden cronológico)
Extrema (Bélgica 14/05/2016)
Marvellous Island (París 14/05/2016)
Parklife (Manchester 11/06/2016)
Hide Out (Croacia 26/06/2016)
Love Box (Londres 15/07/2016)
Aquasella (Asturias 22/07/2016)
Platja Festival (Argeles 29/07/2016)
Les Plages electroniques (Cannes 5/08/2016)
Dreambeach (Villaricos 14/08/2016)
Mysteryland (Ámsterdam 27/08/2016)
Electric Zoo (Nueva York 3/09/2016)

Acerca de elrow
elrow es un nuevo concepto de espectáculo provocador, innovador y transgresor que mezcla la mejor música electrónica del momento con decorados y escenarios imposibles; performances y bailes explosivos, y  personajes estrambóticos y grotescos.

La marca elrow cuenta con más de diez shows temáticos de creación y producción propia como el colorido Bollywood, el desenfadado ‘Singermorning’, la castiza ‘Feria de Abril’, o el exótico ‘Sambódromo do Brasil’. Ya sea en su hogar de nacimiento en Viladecans (Barcelona); en su residencia de verano en Space (Ibiza), o en los festivales o clubs internacionales a los que traslada regularmente sus shows como Londres o Ámsterdam, el objetivo de elrow es hacer feliz al público transportándole a un mundo de diversión, descaro y desinhibición donde él mismo se convierte en el protagonista de la función.

O CONSELLEIRO DE FACENDA PRESENTA Á COMISIÓN EUROPEA O PLAN ESTRATÉXICO DE GALICIA 2015-2020, E RESALTA QUE GALICIA E EUROPA COMPARTEN OBXECTIVOS E PRIORIDADES

 P1160635

  • Valeriano Martínez reuniuse coa directora de Crecemento intelixente e sostible e do Sur de Europa da Comisión Europea, Charlina Vitcheva
  • O conselleiro trasladoulle que o Plan Estratéxico de Galicia vai na mesma liña que a estratexia de futuro xa marcada pola UE e que é plenamente coherente con ela
  • O Plan quere facer de Galicia un territorio con máis oportunidades para traballar e investir, loitar contra a crise demográfica e acadar un crecemento sostible

 

Bruxelas, 20 de abril de 2016.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentou hoxe a representantes da Comisión Europea o Plan Estratéxico de Galicia para o período 2015-2020, e destacou que este plan vai en liña cos obxectivos e prioridades que establece a propia Unión Europea para a segunda parte da década.

 

O titular de Facenda reuníuse este mediodía coa directora de Crecemento intelixente e sostible e do Sur de Europa da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, a quen lle trasladou que Galicia é unha das primeiras Comunidades Autónomas en aprobar un plan estratéxico. Neste sentido, insistiu en que este documento permite planificar e non improvisar, establecendo os eixes prioritarios e as liñas de actuación.

 

Segundo lle explicou á representante do Executivo comunitario, a Xunta de Galicia leva anos traballando nesta planificación o que fixo de Galicia unha comunidade de referencia no control do déficit público e do endebedamento; e que lle permitiu recuperar a senda do crecemento e medrar un 3,2% no ano 2015.

 

Durante o encontro, o conselleiro explicoulle ademais que o Plan Estratéxico de Galicia vai na mesma liña que a Estratexia 20-20 xa marcada pola Unión Europea e que é plenamente coherente con ela, o que permite que Galicia e Europa compartan obxectivos e prioridades de actuación.

 

Obxectivos

Entre os obxectivos ata o 2020 están o de facer de Galicia un territorio con máis oportunidades para traballar e investir; impulsar medidas que permitan fixar máis poboación -sobre todo no eido rural- e loitar contra a crise demográfica; e acadar un crecemento sostible centrado na innovación, a formación e o benestar.

 

Ademais, Valeriano Martínez explicoulle que non se trata dun plan elaborado polo Goberno autonómico, senón que é do conxunto da sociedade civil galega, pactado con ela logo do proceso de participación máis amplo da historia de Galicia, e que xa foi presentado no Parlamento para ser enriquecido coas achegas de todos os grupos parlamentarios.

 

 

 

 

Difusión do plan

Previamente, o conselleiro de Facenda participou en Bruxelas no acto ‘Galicia cara ao 2020’, organizado pola Fundación Galicia Europa. Neste acto, Valeriano Martínez aproveitou tamén para presentar as liñas de actuación do Plan Estratéxico 2015-2020 e o proceso de participación desenvolvido durante o último ano en Galicia.

 

Ademais, o representante do Goberno autonómico mantivo diversos encontros en Bruxelas co vicepresidente do Parlamento Europeo, Ramón Luis Valcárcel, e cunha representación de eurodeputados galegos conformada por Francisco Millán Mon, José Blanco e Lidia Senra, aos que lles trasladou o contido do Plan Estratéxico 2015-2020 e os seus principais obxectivos.

 

Valença Com Boas Contas Municipais

A Câmara de Valença aprovou as contas de 2015, com uma taxa de execução de 85% do orçamento, e pelo sexto ano consecutivo apresenta um resultado liquido positivo que este ano é de 878 mil euros. Valença poupou na gestão corrente e investiu mais em obra.

Em 2015 a Câmara poupou 1 milhão e 700 mil euros, na gestão corrente, valor que ajudou a financiar investimentos como as obras de requalificação viária nas freguesias. Boas contas de que resulta, também, o pagamento a fornecedores no prazo de 67 dias.

O Município tem reforçado a sua capacidade financeira contando com ativos na ordem dos 51 milhões de euros e um passivo de 7,3 milhões (5,3 milhões à banca e 2 milhões a curto prazo). Desde 2009 Valença reduziu a divida em cerca de 5 milhões de euros, permitindo aumentar a capacidade de endividamento, hoje, nos 8,5 milhões quando em 2010 era de praticamente nula.

Uma gestão rigorosa, a todos os níveis, tem permitido alcançar estes resultados, a exemplo da contenção nos recursos humanos, permitindo reduzir o número de funcionários, hoje, 282 quando em em 2009 eram 355.

2015 deixa marcas como a concretização do Centro de Inovação e Logística, as intervenções em equipamentos, o avanço da beneficiação das vias municipais e o lançamento da requalificação da área central da cidade. A concretização do Plano de Urbanização da Área Empresarial veio dar novo impulso ao acolhimento industrial. A ampliação do Parque Eólico proporciona novas fontes de receita para o município e as freguesias. A dinamização da Fortaleza, como um grande foco de atração turística, reafirma-se com 2 milhões de visitantes em 2015. Valença está mais social, com o reforço das medidas de apoio focadas nas famílias e nos mais carenciados.

Uma política e objetivos estratégicos que, em 2016, se orienta no sentido do reforço da competitividade do concelho, envolvendo as forças vivas e uma aposta em investimentos âncora que pretendem potenciar os recursos locais.

Valença, 20 de abril de 2016

A XUNTA ANALIZA CO SECTOR DE TRANSPORTE INTERURBANO O PROXECTO PARA A NOVA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VIGO

  • _MG_8582Os representantes do Goberno galego reiteran o seu compromiso de financiar integramente a nova terminal
  • Solicítanlle ao Concello de Vigo que cumpra coa súa responsabilidade de dotar de accesos a todo o complexo
  • Destacan que a falta de accesos axeitados impide que actualmente os viaxeiros de ferrocarril poidan acceder ao recinto da estación de tren en bus urbano

 

Vigo, 20 de abril de 2016.- A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes de empresas de transporte interurbano de pasaxeiros para abordar o proxecto para a nova estación de autobuses.

Esta reunión tivo como obxectivo trasladarlle ao sector unha explicación detallada do estado no que se atopa a tramitación do proxecto do complexo que acollerá entre outros servizos a estación intermodal, abordando así cuestións como o deseño ou a necesaria urbanización dos accesos por parte do municipio.

Os representantes do Goberno galego lembraron que a Xunta financiará integramente a nova estación de autobuses, e o Goberno de España costeou a terminal ferroviaria e está a impulsar o centro Vialia, polo que cómpre que o Concello de Vigo facilite os accesos axeitados a todo o complexo.

Helena de Lucas e López Chaves subliñaron que os accesos non só afectan á terminal de autobuses, xa que a falta deles xa impide actualmente que os viaxeiros de ferrocarril poidan acceder ao recinto da estación de tren empregando o autobús urbano. Precisaron que esta situación verase acentuada coa construción da estación de autobuses e o desenvolvemento do Centro Vialia que demanda o Concello.

 

Destacaron que o Concello de Vigo sitou a estación intermodal entre os proxectos prioritarios para a cidade que debían garantirse logo da anulación do Plan Xeral e que foi o propio Goberno autonómico o que puxo sobre a mesa a solución urbanística para facer isto posible. Polo tanto, reclamaron que a Administración local traduza ese interese prioritario na estación en traballo e implicación, no ámbito das súas competencias, para garantir que a cidade teña unha estación intermodal cos accesos precisos.

 

 

HOXE COMEZOU A OPERAR O NOVO EQUIPO PSICOSOCIAL DE REFORZO NA SUBDIRECCIÓN DO IMELGA EN VIGO

 

  • Presta o servizo dende hoxe tras aprobalo este mesmo mes o Consello da Xunta
  • Posibilitará a eliminación de retrasos nas citacións, entrevistas e elaboración de informes nos expedientes pendentes de resolver
  • Estes profesionais participan en asuntos relacionados co Dereito de Familia, como  garda e custodia, modificación de medidas, ou de violencia de xénero e doméstica, entre outros.

 

Vigo, 20 de abril de 2016.- Tras considerar o Goberno galego a necesidade de dotar dun equipo psicosocial a maiores á Subdirección do Imelga en Vigo, hoxe mesmo comezou a operar na cidade olívica.

 

Unha vez que o Consello da Xunta autorizou este mesmo mes aprobar a autorización da superación do límite do 30 por cento do concepto 131 recollida no artigo 8.3a) da Lei orzamentos para o ano 2016 para o financiamento da cobertura de prazas por acumulación de tarefas nas subdireccións do Imelga, dende hoxe comeza a prestar servizos este novo equipo psicosocial.

 

E faise posible tras a necesidade suscitada coa recente posta en marcha dun xulgado de reforzo en materia de Familia (o terceiro dos xulgados especializados en Vigo), o que está a xerar máis peticións de informes a estes profesionais. Este equipo de reforzo axilizará tamén a tramitación en materia de violencia de xénero, polo que atinxe aos informes que dependen destes profesionais.

 

Os equipos psicosociais teñen, entre outras funcións, atender as demandas de valoración e elaboración de informes en procedementos altamente sensibles, sendo os asuntos sobre os que se requiren cuestións de gran importancia para a vida cotiá das persoas e que requiren que sexan atendidas nun tempo razoable, precisando dunha metodoloxía específica tanto no ámbito civil como penal, cun manexo de datos de alta sensibilidade.

 

Entre os ditos asuntos atópanse valoracións do ámbito de familia: gardas e custodias, réximes de visitas, modificacións de medidas; e do ámbito penal: violencia de xénero e doméstica, credibilidade do testemuño en abusos sexuais, probas preconstituídas, valoracións de incapacidades e sociofamiliares.

 

 

 

O MINISTERIO DE SANIDADE RECOÑECE O LABOR SOCIAL REALIZADO POLA XUNTA CUN INVESTIMENTO DE 6 M€ PARA PROGRAMAS SOCIAIS E UN INCREMENTO DO 51% NO ORZAMENTO CONSIGNADO AO APOIO FAMILIAR

foto4O orzamento total destinarase á realización dos programas sociais de desenvolvemento de prestacións básicas de servizos sociais ou Plan Concertado (2.276.428,51 euros), ao Plan de desenvolvemento xitano (28.411,72 euros) e ao Apoio a familias e infancia (3.618.817 euros)

§   Rey Varela destacou o orzamento consignado na partida ‘Axudas extraordinarias de inclusión social por pobreza infantil” que acada os 3.618.817 euros, o que supón un incremento do 51% con respecto a 2015

§   Os 3,6 millóns desta partida distribuiranse do seguinte xeito: 2,2 millóns de euros á atención de necesidades básicas das familias con menores a cargo, a través das Axudas de Inclusión Social (AIS), así como tamén axudas para a compra de medicamentos; 740.000 euros para o fomento da conciliación laboral, familiar e social; e outros 660.000 euros para programas dedicados ao apoio das familias