A ALCALDESA RECOLLE O PREMIO CONCEDIDO AO CONCELLO DO PORRIÑO POLA SÚA LABOURA A PROL DO DEPORTE FEMININO DE GALICIA

concellodoporriñoA alcaldesa, Eva García de la Torre, recollerá este venres, día 22, no concello de Allariz, o premio que a Asociación Deportistas de Galicia (MUDEGA), ven de conceder ao Concello do Porriño.

Mudega recoñece a laboura, feita a prol do deporte feminino de Galicia por xogadoras, adestradoras, xuizas deportivas, clubes e entidades públicas, unha distinción que este ano recaeu no Concello do Porriño por conquerir a visibilidade do deporte practicado polas mulleres e o seu aprecio e coñecemento por toda a sociedade.

A alcaldesa sinalou que “este premio pertence aos centos de deportistas porriñesas que fan que todas as veciñas e veciños nos sintamos orgullosos da súa entrega, os seu esforzó e o resultado do mesmo que fan do deporte do Porriño unha referencia dentro e fora de Galicia”.

Eva García de la Torre lembrou que cinco mulleres dirixen outros tantos clubes locais: Araceli Lorenzo, á fronte do Baloncesto Base; Raquel Acuña, presidenta do Club de Fútbol Pontellas, Eva María Domínguez, do Club de Fútbol San Salvador de Budiño, Aurora Sousa, que rixe o Clube Atletismo Porriño e Mercedes Díaz, presidenta da Club Patín Porriño, “todos eles punteiros nas súas categorías, dende as competicións galegas ata as internacionais e, o que é maís importante, referentes na formación de novas deportistas”.

Froito da laboura dos clubes do Porriño son os éxitos de deportistas como a palista Carla Pérez, a baloncestista Mónica Jorge, medalla de Prata na categoría sub-20 coa Selección Española no Europeo de Baloncesto de 2009; a triatleta Iria Rodríguez, recente medalla de Prata no Campionato de España de Triatlón Escolar; a atleta María Martínez, as promesas do balonmán, Aitana Santomé, e da ximnasia, Mónica Rodríguez, ou unha das máis grandes deportistas porriñesas de todos os tempos, Begoña Fernández, Medalla de Bronce coa Selección Española de Balonmán nos pasados Xogos Olímpicos de Londres 2012.

Grazas á súa entrega e ao seu talento, dentro dunha semana, O Porriño atraeu a mirada de todo o deporte español ao acoller a Fase Final da Copa da Raiña de Balonmán na cal, durante tres días, competiron as mellores equipos de España e moitas das mellores xogadoras europeas, entre elas as porriñesas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: