A XUNTA ANALIZA CO SECTOR DE TRANSPORTE INTERURBANO O PROXECTO PARA A NOVA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VIGO

  • _MG_8582Os representantes do Goberno galego reiteran o seu compromiso de financiar integramente a nova terminal
  • Solicítanlle ao Concello de Vigo que cumpra coa súa responsabilidade de dotar de accesos a todo o complexo
  • Destacan que a falta de accesos axeitados impide que actualmente os viaxeiros de ferrocarril poidan acceder ao recinto da estación de tren en bus urbano

 

Vigo, 20 de abril de 2016.- A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes de empresas de transporte interurbano de pasaxeiros para abordar o proxecto para a nova estación de autobuses.

Esta reunión tivo como obxectivo trasladarlle ao sector unha explicación detallada do estado no que se atopa a tramitación do proxecto do complexo que acollerá entre outros servizos a estación intermodal, abordando así cuestións como o deseño ou a necesaria urbanización dos accesos por parte do municipio.

Os representantes do Goberno galego lembraron que a Xunta financiará integramente a nova estación de autobuses, e o Goberno de España costeou a terminal ferroviaria e está a impulsar o centro Vialia, polo que cómpre que o Concello de Vigo facilite os accesos axeitados a todo o complexo.

Helena de Lucas e López Chaves subliñaron que os accesos non só afectan á terminal de autobuses, xa que a falta deles xa impide actualmente que os viaxeiros de ferrocarril poidan acceder ao recinto da estación de tren empregando o autobús urbano. Precisaron que esta situación verase acentuada coa construción da estación de autobuses e o desenvolvemento do Centro Vialia que demanda o Concello.

 

Destacaron que o Concello de Vigo sitou a estación intermodal entre os proxectos prioritarios para a cidade que debían garantirse logo da anulación do Plan Xeral e que foi o propio Goberno autonómico o que puxo sobre a mesa a solución urbanística para facer isto posible. Polo tanto, reclamaron que a Administración local traduza ese interese prioritario na estación en traballo e implicación, no ámbito das súas competencias, para garantir que a cidade teña unha estación intermodal cos accesos precisos.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: