As asociacións veciñais de Baixo Miño e Louriña perden 180.000 euros de investimentos coa eliminación do PAC

Q55A0891Os deputados do PP reúnense en Mos cos colectivos afectados pola supresión destas axudas provinciais

Para Nidia Arévalo é unha noticia moi mala para os colectivos, e entende que este novo goberno provincial dá a espalda á realidade pontevedresa”.

·       Di que están enganando aos colectivos, porque no Plan Concellos non hai cabida nin para investimentos nin actividades que non sexan municipais.

 

  • Para Nidia Arévalo é unha noticia moi mala para os colectivos, e entende que este novo goberno provincial dá a espalda á realidade pontevedresa”.
  • Di que están enganando aos colectivos, porque no Plan Concellos non hai cabida nin para investimentos nin actividades que non sexan municipais.

 

Mos, 20 de abril de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular reuniuse esta tarde en Mos con representantes dos colectivos veciñais dos concellos de Porriño, Tui, Mos, Tomiño e Salceda, afectados pola eliminación do Plan de Acción Comunitaria (PAC) que ata este ano concedeu a Deputación de Pontevedra. A voceira dos populares, Nidia Arévalo, explicoulles que o novo goberno bipartito eliminou estas axudas, que supoñía para as comarcas de Louriña e do Baixo Miño investimentos por valor de 180.000 euros e a execución de máis de 50 proxectos en 2015.

 

Para Nidia Arévalo é unha noticia moi mala para os colectivos, e entende que hai unha sensibilidade cero por parte deste novo goberno da Deputación, que dá a espalda á realidade pontevedresa, sobre todo ao rural e ás barriadas urbanas. A voceira amosouse especialmente disgustada, porque coñece ben o traballo e o esforzo que realizan estas asociacións veciñais, que no caso de Mos teñen unha presencia e estrutura importantes. Neste sentido, valorou moitos dos proxectos que se fixeron nestas comarcas a través do PAC. Como exemplos, en Tomiño recordou o proxecto para cumprir os criterios sanitarios da auga de consumo humano en Tomiño-Forcadela, ou a mellora da rede de distribución, en Estas, entre outros. No caso de Tui, entre outras actuacións, o ano pasado con estes fondos reformouse a canalización de recollida das augas pluviais do Montiño, pechouse o cemiterio da Guía, e acondicionouse a casa veciñal de Frinxo. En Salceda as asociacións veciñais executaron varios proxectos con cargo a este plan, entre os que incluíron melloras e canalización na traída de augas así como a instalación de sistema de depuración e cercado de manantiais na comunidade de Bouzabedra-Salceda, No Porriño, investiron na instalación de sistema de cloración e contador xeral. E no caso de Mos, o PAC destinouse a equipar e mellorar varios locais veciñais, mellorar a traída de augas, ou a reforma dos depósitos de auga, entre outros.

 

Nidia Arévalo explicou aos asistentes que o grupo provincial defenderá no próximo pleno unha moción para pedir ao bipartito da Deputación de Pontevedra que recupere estas axudas e as xestione de forma directa cos concellos. Nesta liña, dixo que o bipartito está enganando aos colectivos cando os remiten aos concellos, porque estas liñas de subvencións as eliminaron e non están incluídas no Plan Concellos. Insistiu en que neste plan están moi definidas as axudas, e non hai partidas nas que se poidan incluír nin investimentos que non sexan de titularidade municipal, nin actividades que non sexan de iniciativa municipal.

 

Con todos estes datos, a voceira popular aproveitou para poñer en valor o traballo destas asociacións altruístas, que viven das cotas dos seus asociados e que traballan voluntariamente, e entende que estas axudas que recibían da Deputación de Pontevedra supoñían unha importante oportunidade para garantir o seu funcionamento. Recordou, asemade, que co PAC pagábanse os materiais, mentres que a construción corría pola conta das propias asociación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: