Mercedes Queixas Zas presenta en Vigo Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María

Un texto fundamental para coñecer a Manuel María

Mercedes Queixas presenta o vindeiro martes, día 26, ás 20h, na Casa do Libro de Vigo a biografía de Manuel María, poeta chairego imprescindible homenaxeado co Día das Letras este 2016

unnamed

Mercedes Queixas Zas presenta o vindeiro martes, día 26, ás 20h, na Casa do Libro de Vigo Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María , unha achega fundamental para coñecer a vida e a obra do poeta chairego ao que a Real Academia Galega lle adica o próximo 17 de maio o Día das Letras.  Estará acompañada por Carlos Lema e Ramón Nicolás. O libro segue o roteiro vital do poeta, entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires, ata consturír un “testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade” do poeta.

A casa outeirense, a tribo chairega e a nación galega representan a triple razón de vida en que Manuel María afinca o seu universo biográfico e literario. Neste libro, Mercedes Queixas segue -en efencto- o roteiro vital do poeta entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires. Cun relato directo, sintético e ao tempo rigoroso, a autora achéganos ao itinerario vital de Manuel María. Itinerario que, coma un río sempre fértil e vizoso, nace coas raíces na Terra Chá, medra na prolongada formación académica e autodidacta de carácter enciclopédico e multiplica o seu curso nunha escrita extensa e de temática ricaz. O idioma, a fala, o oficio de poeta e a tradición literaria marcan a vida de quen se entregou na defensa da súa xente e da súa cultura. A poesía é o sinal dese compromiso, a biografía é o testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade.

Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é profesora de lingua e literatura galega no ensino secundario. Ademais de breves ensaios de carácter divulgativo, como Os trobadores do Reino de Galiza (1997), escribiu Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002) e Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009). Colaborou na Historia da literatura galega (1996) e é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). En 2011, publicou Vivir, unha aventura irrepetíbel, biografía da poeta María do Carme Kruckenberg.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: