O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL CONTINÚA ORGANIZANDO AS LIÑAS DE ACCIÓN SOCIAL PARA OS VINDEIROS ANOS COS REXEDORES GALEGOS

  • Salienta a situación do municipio ourensán no que atinxe ao Servizo de Axuda no Fogar cunha ratio de atención do 81,69%

 

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Pi–or, JosŽ Luis Gonz‡lez Rodr’guez.

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Pi–or, JosŽ Luis Gonz‡lez Rodr’guez.

Santiago, 19 de abril de 2016.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos. Nesta liña, o responsable da área social segue a manter encontros de traballos periódicos cos alcaldes galegos para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos.

 

Deste xeito, a Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio co obxectivo de impulsar novas vías de colaboración social que melloren os servizos sociais. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do concello ourensán de Piñor, José Luís González Rodríguez.

 

Na xuntanza, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, ambos mandatarios salientaron a situación do municipio ourensán no que atinxe ao Servizo de Axuda no Fogar cunha ratio de atención do 81,69% grazas ao incremento de 70 horas máis neste exercicio. Rey Varela situou a colaboración entre a Xunta e o concello na procura de acadar o 100% da atención deste servizo. Do mesmo xeito, alcalde e rexedor estudaron novas vías de colaboración para a creación dun centro de día ou residencia públicos para atender aos maiores do municipio ourensán

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: