O DIRECTOR DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO ASEGURA QUE A XUNTA É A ADMINISTRACIÓN COAS MEDIDAS MÁIS AMPLAS E FLEXIBLES PARA LOITAR CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS

  • Explica as doce medidas postas en marcha polo Goberno galego para apoiar ás familias en risco de perder a súa vivenda
  • Salienta o mal uso que se está a facer dos datos estatísticos sobre desafiuzamentos, que non reflicten a realidade do problema

 

Santiago, 21 de abril de 2016.- O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, heriberto García, asegurou hoxe en Comisión parlamentaria que a Xunta de Galicia é a administración que dispón do paquete de medidas máis amplo e flexible para facer fronte aos desafiuzamentos.

 

García Porto indicou que, pola contra, os gobernos municipais formados por grupos políticos que fixeron bandeira electoral da loita contra os desafiuzamentos non executaron ata o momento ningunha medida efectiva para protexer o dereito á vivenda..

 

Tal como explicou o responsable do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Xunta conta cun total de doce medidas implantadas para a loita contra os desafiuzamentos ou para paliar os efectos dos mesmos cando non se poden evitar. “As medidas adoptadas polo Executivo autonómico nesta materia son, sen dubida, as mais amplas e flexibles das aplicadas en calquera outro territorio do Estado” dixo o director.

 

As dúas últimas medidas implantáronse a pasada semana. A primeira o luns 11, coa sinatura dun convenio entre a Xunta e o Consello da Avogacía de Galicia para que as persoas con risco de perder a súa vivenda podan dispoñer de asistencia xurídica gratuíta e podan recibir unha orientación sobre as medidas a adoptar en defensa dos seus intereses, así como para orientalos no acceso aos programas da Xunta de Galicia. Este convenio inclúe, incluso, a posibilidade de acudir a procedementos de mediación ou  arbitraxe para resolver as situacións de dificultade na que se atopa o afectado e permitirá acadar acordos entre arrendadores e arrendatarios sen acudir á vía xudicial.

 

A segunda o xoves, cando o Consello da Xunta aprobou o Programa de Vivendas Baleiras, e que ten por obxectivo  facilitar que os concellos podan dispoñer das vivendas desocupadas existentes no seu termo municipal, para destinalas a alugueiros sociais para persoas en situación de especial vulnerabilidade e de xeito prioritario, para os afectados por un desafiuzamento. Neste programa, a Xunta de Galicia  outorga ás vivendas que se incorporen ao mesmo, unha cobertura de un seguro de impago de renda e de asistencia xurídica, así como un seguro multirisco fogar co obxecto de facilitar a posta a disposición das vivendas polos seus propietarios. Este programa xa foi aprobado pola Fegamp e  poderán adherirse a el, os concellos que o consideren convinte.

 

Estatísticas

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo tamén puxo de manifesto o recurso continuado a datos estatísticos que non reflicten a realizade dos desafiuzamentos e que, a pesar de coñecer esa realidade, o deputado interpelante os empregue unha e outra vez ocultando a realidade.

 

García Porto indicou que o mesmo deputado que facía a pregunta presentou unha proposición non de lei en comisión, aprobada por unanimidade o 3 de decembro de 2015, na que se instaba a Xunta de Galicia a que reiterase ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e ao Consello Xeral do Poder Xudicial a necesidade de contar con estatísticas reais e desagregadas dos desafiuzamentos de vivenda habitual e que en coordinación coa Xunta de Galicia e a Fegamp, estableza os mecanismos que o posibiliten”.

 

Unha vez máis, Heriberto García explicou que as estatísticas que periodicamente publica o Consello Xeral do Poder Xudicial presentan agrupados os datos de desafiuzamentos de vivendas habituais, segundas residencias, vivendas propiedade de promotores ou persoas xurídicas, locais de negocio, prazas de garaxe, solares, fincas rústicas, explotacións agropecuarias, e calquera outro ben inmoble susceptible de ser hipotecado ou alugado, polo que atribuír eses datos exclusivamente á vivendas habituais é faltar á verdade.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: