Archivo | abril 22, 2016

Últimos días para inscribirse en la Pontevedrada 2016

unnamedMás de 800 personas se han inscrito ya en la VI edición de la Pontevedrada, la marcha solidaria nocturna que convoca anualmente la Asociación de Amigos de la Pontevedrada -ASAMPO- con el objetivo de concienciar a la población sobre la importancia de la donación altruista de sangre, órganos y tejidos. Las personas interesadas en participar en la Pontevedrada 2016 pueden registrarse hasta el próximo lunes 25 de abril a las 22 h. enviando un correo electrónico a pontevedrada@gmail.com, aportando nombre y apellidos, DNI, fecha de nacimiento, teléfono, mail, localidad de residencia habitual y, opcionalmente, adjuntando una foto tamaño carnet. Quienes decidan inscribirse en la marcha con posterioridad a esa fecha, podrán finalmente registrarse el mismo día de la Pontevedrada -sábado 30 de abril- en la plaza de la Herrería, entre las 14 y las 18 horas.

REY VARELA DÁ CONTINUIDADE A ROLDA DE ENCONTROS COS ALCALDES GALEGOS PARA COORDINAR A ESTRATEXIA SOCIAL A NIVEL AUTONÓMICO E LOCAL

  • Salienta a importancia do incremento da ratio de atención do Servizo de Axuda no Fogar (92,64%) e da ratio de prazas públicas de escolas infantís (45,45%)

 

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde da Laracha, JosŽ Manuel L—pez Varela.

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde da Laracha, JosŽ Manuel L—pez Varela.

Santiago, 21 de abril de 2016.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, dá continuidade a súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos. Nesta liña, o responsable da área social segue a manter xuntanzas cos alcaldes galegos para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia.

 

A Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio, co obxectivo de impulsar novas vías de colaboración social que melloren os servizos sociais. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do concello coruñés de Laracha, José Manuel López Varela.

 

Na xuntanza, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, ambos mandatarios salientaron a importancia do incremento de 70 horas do Servizo de Axuda no Fogar ata acadar unha ratio de atención do 92,64%. Do mesmo xeito subliñaron a ratio de prazas públicas de escolas infantís que chega xa ao 45,45%, por riba da taxa aconsellada pola Unión Europea, grazas a ampliación da escola infantil realizada en 2014 e que elevou as prazas totais ata as 115. Conselleiro e alcalde salientaron a importancia de establecer novas vías de colaboración para mellorar a calidade de vida dos usuarios do centro de día e do fogar residencial postos en marcha en 2011 e que contan con 40 e 18 prazas respectivamente. Ademais, a reunión serviu para avanzar en temas como a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) ou o Plan Concertado e na mesma, o rexedor coruñés formulou ao conselleiro a posibilidade de colaborar na posta en marcha dun novo centro social.

A DIRECTORA XERAL DE INFANCIA DESTACA A IMPORTANCIA DE GARANTIR OS DEREITOS E INTERESES DOS E DAS MENORES EN ACOLLEMENTO RESIDENCIAL

  • 20160422_amparo_03Amparo González visitou a casa de familia xestionada pola Fundación Aldaba en Vilagarcía de Arousa, que ofrece a nenos e nenas un espazo acolledor de convivencia e que traballa polo benestar destes mentres se resolve a súa situación familiar
  • A Consellería de Política Social mantén un contrato de servizos coa entidade para o mantemento de 8 prazas residenciais e para o que achega preto de 160.000 euros

 

Vilagarcía de Arousa, 22 de abril de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, visitou hoxe a casa de familia Fundación Aldaba en Vilagarcía de Arousa, un recurso que garante o benestar dos e das menores acollidos en todos os ámbitos da súa vida, mentres se resolve a súa situación familiar ou se lles proporciona unha alternativa á mesma.

 

A Fundación Aldaba é unha entidade privada sen ánimo de lucro, que nace en 1999 coa intención de xerar novos servizos que redunden no benestar dos cidadáns máis desprotexidos. No transcurso da visita á casa de familia desta entidade, a directora xeral comprobou de primeira man os recursos e coidados que alí se prestan e destacou que “o máis importante é priorizar o interese e os dereitos dos e das menores acollidos, sobre todo o dereito a vivir nunha familia e nunha contorna acolledora”. Deste xeito, a entidade traballa no retorno familiar, tanto cos menores como coas súas familias, así como en poder ofrecerlles alternativas á reunificación familiar como o acollemento familiar ou a adopción.

 

Na actualidade, a Consellería de Política Social mantén un contrato de servizos coa Fundación Aldaba no que atinxe ao acollemento residencial, con vixencia ata o 31 de maio de 2020 no caso de que se efectúen todas as prórrogas. Este contrato permite o mantemento de oito prazas de acollemento residencial, do que sete son de tipo xeral e unha especial. O departamento autonómico achega un total de 159.960 euros para o mantemento destas prazas, que a día de hoxe están ocupadas na súa totalidade.

 

Os obxectivos da casa de familia pasan por ofrecer aos menores un espazo acolledor que proporcione modelos de referencia, ser un marco de convivencia ordenado que posibilite procesos de ensino- aprendizaxe e axudar a conseguir habilidades sociais e emocionais para afrontar a realidade. Así mesmo, nestas instalacións ofrécese unha acción educativa personalizada, apoio e asesoramento familiar e se traballa na integración social dos menores.

 

O benestar das persoas máis desprotexidas, como o dos menores en situación de risco, é unha prioridade para a Xunta de Galicia. Por elo, en aras de mellorar os servizos prestados pola administración autonómica e que cheguen ao maior número de persoas que máis os precisan, a Consellería de Política Social incrementou este ano nun 40% os recursos económicos dispoñibles para a área de Familia, Infancia e Conciliación, e os sitúa nos 97,2 millóns de euros.

 

FACENDA LAMENTA QUE A CIG PRETENDA POR VÍA XUDICIAL REDUCIR Á METADE A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O PERSOAL LABORAL

  • A Xunta considera insólito que este sindicato intente anular un acordo coas demais organizacións, o que incrementou en 266 as prazas ofertadas este ano
  • Este acordo, subscrito cos sindicatos CC.OO., CSIF e UGT, serviu para facilitar a promoción interna do persoal laboral
  • A proposta da CIG, que ten acudido ao TSXG, tamén penalizaría ás persoas que queren acceder a un posto de traballo na Administración galega
  • O 75% da oferta está centrada nos servizos sociais e no servizo de prevención e extinción de incendios

 

Santiago, 22 de abril de 2016.- A Consellería de Facenda lamenta que o sindicato CIG pretenda paralizar por vía xudicial o acordo subscrito o pasado mes de febreiro entre a Xunta de Galicia e os sindicatos CC.OO., CSIF e UGT, e que permitiu incrementar en 266 o número de prazas da Oferta de Emprego Público (OEP) para este ano 2016.

 

O sindicato CIG interpuxo un conflito colectivo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), no que denuncia o acordo subscrito o pasado 22 de febreiro entre a Consellería de Facenda e tres das catro organizacións sindicais presentes nos órganos de representación. A CIG non subscribiu dito acordo.

 

Este acordo permitiu duplicar as prazas de emprego público para persoal laboral, o que supuxo un importante incremento no número de prazas da Oferta de Emprego Público no eido da Administración Xeral, que pasou de 448 a 714 prazas.

 

A Consellería de Facenda considera “insólito” que o sindicato CIG decida acudir á vía xudicial para denunciar un acordo que favorece aos traballadores da Administración galega e que contou cun amplo respaldo sindical, penalizando aos que preparan oposición para acceder á Administración e aos traballadores públicos que queren progresar na súa carreira profesional.

 

De feito, a intención da CIG é anular este acordo e, en consecuencia, reducir á metade o número de prazas ofertadas para persoal laboral. Isto afectaría ao dereito dos empregados públicos á promoción profesional, o que lles permite ascender a postos de maior categoría e máis acordes aos seus coñecementos, habilidades e preferencias profesionais. Ademais, a anulación deste acordo tamén afectaría ás prazas ofertadas para calquera persoa que quere realizar unha oposición de acceso á Xunta de Galicia.

 

Dobre de prazas

Grazas ao acordo subscrito en febreiro de 2016, a Xunta puido aprobar ese mesmo mes unha Oferta de Emprego Público para 2016 con 714 prazas, máis do dobre que as ofertadas no ano anterior (373). Ademais, nesta oferta de emprego non está incluído o eido do Servizo Galego de Saúde e o de educación, xa que contan con ofertas de emprego propias.

 

A OEP de 2016 está centrada en dous grandes eidos, os servizos sociais e o servizo de prevención e extinción de incendios, que concentran o 75% da oferta deste ano.

 

Así, no eido dos servizos sociais a OEP inclúe 318 prazas, das que 172 son para promoción interna e 146 de acceso libre. A oferta de emprego inclúe oposicións nas categorías de camareiro-limpador, axudante de cociña e auxiliar de enfermaría. A previsión da Xunta é convocar as oposicións antes do verán.

 

Ademais, a Administración galega incluíu na oferta de emprego o servizo de prevención e extinción de incendios, con 218 prazas, das que 124 serán de acceso libre e 94 de promoción interna. Convocaranse prazas nas categorías de condutor de autobomba, vixilante, emisorista, peón e peón condutor, e non esixirán titulación específica, ademais de prazas para persoal funcionario das escalas de Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Enxeñeiros Técnicos Forestais.

 

A previsión é tamén convocar as oposicións antes do verán, e os exames serán en todo caso despois da campaña de verán para non interferir no dispositivo de loita contra os incendios da Xunta.

 

A DIRECTORA XERAL DE MAIORES ASEGURA QUE A ESTRATEXIA GALEGA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DESDE A INNOVACIÓN 2016-2020 SITUARÁ A GALICIA COMO REFERENTE NESTE EIDO

  • Salienta a relevancia de que o proceso de elaboración dunha estratexia tan importante como esta se realice desde a “participación e a escoita de todos os colectivos implicados neste ámbito”

 

Lugo, 22 de abril de 2016.- A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, participou na inauguración do do XXVIII Congreso Internacional da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía. Alí subliñou a importancia da Estratexia galega de envellecemento activo desde a innovación 2016-2020 que “situará a Galicia como Comunidade Autónoma referente en envellecemento activo e saudable”.

 

Ademais, no acto celebrado no salón de actos da Deputación de Lugo, a directora xeral salientou que a devandita estratexia “favorecerá a difusión e comprensión e comprensión integral do envellecemento activo e dos seus beneficios na cidadanía e axentes implicados; impulsará experiencias, con criterios de innovación, terapéuticos e económicos no campo do envellecemento activo que potencien a vida independente das persoas maiores con calidade de vida e no seus propios contornos; e promoverá a participación das persoas maiores en todos os ámbitos da vida reforzando as canles existentes para facelo e suscitando nas persoas o interese por facelo”.

 

Nas súas verbas, Coro Piñeiro salientou a relevancia de que o proceso de elaboración dunha estratexia tan importante como esta de envellecemento activo se realice desde a “participación e a escoita de todos os colectivos implicados neste ámbito”. Así, a directora xeral informou que -tras rematar as fases de recollida de achegas de todas as administracións, colectivos e entidades e de investigación cuantitativa e cualitativa do perfil das persoas maiores de 55 anos en Galicia- este proceso atópase na terceira fase de creación de grupos de traballo d expertos que determinará as actuacións que cómpre realizar no período de referencia da estratexia.

 

A Estratexia galega de envellecemento activo desde a innovación 2016-2020 atópase en liña co Marco Estatal de Actuación para as Persoas Maiores, sendo todas elas medidas para fortalecer o exercicio dos dereitos das persoas maiores elaborado polo Consello Estatal de Persoas Maiores e o IMSERSO.

 

Galicia é pioneira en materia de envellecemento activo. De feito, no ano 2012 aprobou a Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia en Galicia-Horizonte 2020, que ten como obxectivos a concienciación social en relación cos hábitos de vida saudables, o aumento da esperanza de vida libre de dependencia e a mellora da calidade de vida das persoas. Esta estratexia conta cun área de actuación especificamente dirixida a procurar unha actitude positiva ante o envellecemento así como promover os coñecementos e as consideracións necesarias para conseguir o mantemento das capacidades das persoas e retrasar situacións de dependencia.

A XUNTA REITERA A NECESIDADE DE QUE O CONCELLO DE VIGO COLABORE NO APOIO ÁS FAMILIAS EN RISCO DE PERDER A SÚA VIVENDA

§ 21042016_RPIGCVigo O delegado da Xunta en Vigo considera que a concelleira de Benestar Social “pon en evidencia” a Abel Caballero cando recoñece que na cidade hai desafiuzamentos tras negalo o alcalde “de xeito alarmante” nos últimos meses

§  Sinala que “non é certo” que o goberno local non teña competencias en materia de vivenda social e lembra que Caballero “comprometeu a construción de 6.000 vivendas fai seis ou sete anos e non fixo nin unha”

§  A Xunta traballa para dar solucións e sinala que nos últimos anos entregou un total de 450 vivendas de promoción pública na nosa cidade ademais de cualificar coma vivenda protexida un total de 1.263  

§  O Goberno galego reclamou esta semana por segunda vez ao Concello de Vigo  que poña as vivendas baleiras de propiedade municipal á disposición das necesidades urxentes das familias en risco de perder o seu fogar.

Novos obradoiros de cociña para o mes de maio na Sede Afundación de Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta a súa nova proposta de cursos de cociña para o mes de maio na sede da entidade de Vigo (Policarpo Sanz, 26). «Bocados deliciosos» e «Creatividad en la cocina, la intuición en el plato», ambos dirixidos a público adulto, terán lugar os xoves 5, 12, 19 e 26 de maio en horario de 20.00 a 22.00 h, para o primeiro obradoiro, e de 17.00 a 19.00 h, para o segundo. Ademais, durante o mesmo mes, tamén se impartirá o curso «Cocina & Family», deseñado para nenas e nenos con idades entre os 7 e os 14 anos, os sábados 7, 14, 21 e 28 de 11.00 a 13.00 h. As inscricións pódense realizar a través de www.ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

El dinero de Sousa (Pescanova) en el paraiso fiscal de Panamá podría ser de los fondos y subvenciones de la Xunta de Galicia que le regalo el Presidente Gallego Albverto Núñez Feijóo al grupo empresarial.

El dinero de Sousa (Pescanova) en el paraiso fiscal de Panamá podría ser de los fondos y subvenciones de la Xunta de Galicia que le regalo el Presidente Gallego Albverto Núñez Feijóo al grupo empresarial.
Feijóo intervenía directamente en las decisones que pudiesen dañar a su amigo Sousa de Pescanova y por tanto es reo de lla empresa fantasma de los papeles de Panamá denuncia y documenta en exclusiva
Pladesemapesga destapa en excluisiva la extrecha relación de Feijóo, Sousa, Pescanova, Papeles de Panamá y el dinero público de la Xunta de Galicia
Paldesemapesga destapó el caso Pescanova….
Ver o descargar el comunicado-exclusiva completo y documentación acreditativa en

A DIRECTORA XERAL DE PARTICIPACIÓN PECHA A ROLDA DE ENCONTROS COS MOZOS E MOZAS QUE AMPLIARON AS SÚAS EXPERIENCIAS SOCIAIS E LABORAIS A TRAVÉS DE PROGRAMAS DE XUVENTUDE

  • O obxectivo da reunión celebrada hoxe en Ourense, a última das 14 realizadas, é mellorar as actuacións da administración autonómica no eido da mocidade
  • Cecilia Vázquez tamén se entrevistou con concelleiros de xuventude desta provincia para coordinar as políticas entre administracións

 

Ourense, 21 de abril de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe en Ourense unha xuntanza de traballo cos mozos e mozas que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro. O encontro tivo lugar no Espazo Xove da cidade, e nel participaron rapaces e rapazas procedentes de toda a provincia.

 

Esta iniciativa ten como obxectivo recoller as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia. Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que “estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración”.

 

Ademais, Cecilia Vázquez tamén mantivo unha encontro con concelleiros de xuventude da provincia ourensá, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica e de presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

 

Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez mantivo un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia así como con responsables de xuventude dos concellos. As xuntanzas celebráronse en Chantada, Lugo, Noia, Melide, Ferrol, Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Vigo, Carballo, Betanzos e Ourense.