REY VARELA DÁ CONTINUIDADE A ROLDA DE ENCONTROS COS ALCALDES GALEGOS PARA COORDINAR A ESTRATEXIA SOCIAL A NIVEL AUTONÓMICO E LOCAL

  • Salienta a importancia do incremento da ratio de atención do Servizo de Axuda no Fogar (92,64%) e da ratio de prazas públicas de escolas infantís (45,45%)

 

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde da Laracha, JosŽ Manuel L—pez Varela.

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde da Laracha, JosŽ Manuel L—pez Varela.

Santiago, 21 de abril de 2016.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, dá continuidade a súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos. Nesta liña, o responsable da área social segue a manter xuntanzas cos alcaldes galegos para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia.

 

A Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio, co obxectivo de impulsar novas vías de colaboración social que melloren os servizos sociais. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do concello coruñés de Laracha, José Manuel López Varela.

 

Na xuntanza, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, ambos mandatarios salientaron a importancia do incremento de 70 horas do Servizo de Axuda no Fogar ata acadar unha ratio de atención do 92,64%. Do mesmo xeito subliñaron a ratio de prazas públicas de escolas infantís que chega xa ao 45,45%, por riba da taxa aconsellada pola Unión Europea, grazas a ampliación da escola infantil realizada en 2014 e que elevou as prazas totais ata as 115. Conselleiro e alcalde salientaron a importancia de establecer novas vías de colaboración para mellorar a calidade de vida dos usuarios do centro de día e do fogar residencial postos en marcha en 2011 e que contan con 40 e 18 prazas respectivamente. Ademais, a reunión serviu para avanzar en temas como a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) ou o Plan Concertado e na mesma, o rexedor coruñés formulou ao conselleiro a posibilidade de colaborar na posta en marcha dun novo centro social.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: