Archivo | abril 25, 2016

Afundación presenta en Vigo 15 primaveras de Mamá Cabra

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acolle dende mañá, 26 de abril e ata o 9 de maio, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13), con funcións ás 10.00 e ás 12.00 h, a actuación do grupo Mamá Cabra co seu espectáculo 15 primaveras. Máis de oito mil escolares procedentes de centros educativos de Vigo e arredores fixeron a súa reserva para asistir a este evento.

HOXE CLÁSICOS GREGOS FEMININOS MAÑA NA MITEU

Clásicos gregos femininos na Miteu a cargo do Grupo de Teatro da Universidad Pública de Navarra

 _BEE7455

Vigo, 25 de abril de 2016.- A XVIII Mostra de Teatro Universitario de Vigo, MITEU, continúa hoxe luns, 25 de abril, coa primeira das propostas programadas de grupos teatrais de fóra de Galicia. Nesta ocasión será o Grupo de Teatro da Universidad Pública de Navarra que traerá ao escenario do Campus vigués Polifonía onde se afonda nos mitos gregos femininos: Penélope, Helena de Troia, Medea, Clitemnestra, Fedra e Antígona. Todas elas atópanse presas das súas propias realidades nunha especie de limbo onde teñen eu pelexar coas lembranzas dos seus crimes. Xa están xulgadas pola historia pero, son culpables coma nos fixeron crer? É posible atopar algún atenuante nas súas acción? É o papel do home un mero espectador n os seus conflitos? Polifonía constrúe moitas voces pero en realidade so hai unha pero cal?

 

A obra, dirixida por Óscar Orzáiz, conta cun elenco de doce actores

 

Máis información: Ana B. Gómez

 

Grupo de Teatro da Universidad Pública de Navarra

Polifonía

 

Data:    Luns, 25 de abril

Hora:   18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Universidade de Vigo.

               

Binomio