Teatro experimental na Miteu a cargo do grupo arxentino El Rayo Misterioso

Vigo, 25 de abril de 2016.- A XVIII Mostra de Teatro Universitario de Vigo, MITEU, continúa mañá martes, 26 de abril, coa posta en escena de El Rayo Misterioso, compañía que desde a súa fundación, no ano 1994 en Rosario (Arxentina), aposta polas novas formas de expresión teatral.

El Fabuloso Mundo de  La Tía Betty-5

A obra coa que participa na MITEU, El fabuloso mundo de la Tía Betty, repite os esquemas habituais desta compañía e non deixará ao público indiferente. A obra leva á escena o inconsciente colectivo dunha sociedade sustentada na mentira, a crueldade e a morte. A posta en escena, de gran impacto visual, afonda na loucura a través dunha pantasma que nos fai ver que todo o que facemos queda impreso e rexistrado e tende a ser repetido nun mecanismo social de autodestrución.

Grupo de laboratorio de teatro El Rayo Misterioso

(Arxentina)

El fabuloso mundo de la tía Betty

 

Data:    Martes, 26 de abril

Hora:   18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Universidade de Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: