Archivo | abril 26, 2016

A ALCALDESA PROPÓN UNHA POSIBLE SOLUCIÓN PARA QUE O CONCELLO, “DENTRO DA ESTRICTA LEGALIDADE E SEN COMPROMETER O PATRIMONIO DE TODOS OS VECIÑOS” POIDA ACUDIR EN AXUDA DO PORRIÑO INDUSTRIAL

A alcaldesa do Porriño, como xa adiantara nas diferentes ocasións nas que mantivo contactos coa representantes do Clube Porriño Industrial, volveu a amosar a súa “total disposición”, tanto a manter unha xuntanza coa directiva do mesmo como a atopar unha solución, “dentro da legalidade”, que permita que o Concello poida axudar ao clube a solucionar a situación pola que atravesa.

Como xa comentara aos membros da directiva, traballadores e deportistas do Porriño Industrial o pasado mes de marzo nunha reunión conxunta na que, no Salón de Plenos, respostou a todas as súas preguntas e comentarios, Eva García de la Torre, reiterou que os documentos entregados polo clube ao Concello no son válidos para xustificar a totalidade das cantidades solicitadas, polo cal cre que unha alternativa pode ser que que a xunta directiva faga unha operación de creto pola cantidade non xustificable. Elo, indicou a rexedora, permitiría tramitar a subvención municipal polo resto do montante, tendo garantías e retendo as cantidades que non foron xustificadas polo clube.

García de la Torre lembrou que a anterior xunta directiva do clube presentou no Concello 31.000 € en facturas falsas para xustificar os gastos da tempada anterior, tal e como confirmaron os servizos municipais. A alcaldesa sinalou que maila a elo, como se comprometerá públicamente na xuntanza de marzo pasado, atopou unha fórmula que permite seguir adiante “dentro da legalidade” e que o Concello poida acudir en auxilio do Porriño Industrial.

Eva García de la Torre subliñou que o Goberno local “fixo o seu traballo” e que agora tócale á xunta directiva do clube facer o mesmo.

 

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL ACODE Á INAUGURACIÓN DO CENTRO DE RECURSOS PARA PERSOAS CON GRAN DISCAPACIDADE FÍSICA- FINGOI DE COGAMI

_TEJ5177EQAs instalacións ofrecen un servizo integral de apoios a través dun centro de día, aulas de educación de adultos e programas de formación cara o emprego

  • A Xunta de Galicia mantén con este centro un concerto de 25 prazas para as que a administración autonómica aporta un orzamento de máis de 230.000 euros
  • José Manuel Rey Varela encomiou o traballo que desenvolven en Galicia este tipo de entidades para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias a través da procura da integración social
  • O titular autonómico lembrou que vén de ser aprobado un convenio de colaboración con COGAMI polo que esta entidade recibirá unha axuda de máis de 940.000 euros

 

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL ACODE Á INAUGURACIÓN DO CENTRO DE RECURSOS PARA PERSOAS CON GRAN DISCAPACIDADE FÍSICA- FINGOI DE COGAMI

  • As instalacións ofrecen un servizo integral de apoios a través dun centro de día, aulas de educación de adultos e programas de formación cara o emprego
  • A Xunta de Galicia mantén con este centro un concerto de 25 prazas para as que a administración autonómica aporta un orzamento de máis de 230.000 euros
  • José Manuel Rey Varela encomiou o traballo que desenvolven en Galicia este tipo de entidades para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias a través da procura da integración social
  • O titular autonómico lembrou que vén de ser aprobado un convenio de colaboración con COGAMI polo que esta entidade recibirá unha axuda de máis de 940.000 euros

 

Lugo, 26 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, asistiron ao acto de inauguración do Centro de Recursos para Persoas con Gran Discapacidade Física de Fingoi, no concello de Lugo. Trátase dun recurso que nace da necesidade de ofrecer ás persoas con gran discapacidade física desta zona lucense, un servizo integral de apoios que se desenvolve no marco dun centro de día, aulas de educación de adultos e que se complementa con programas de formación cara o emprego e coas oficinas do servizo de intermediación laboral para a provincia de Lugo.

 

O concepto deste centro, pertencente á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), ten as súas orixes no desenvolvemento da iniciativa europea Horizon, un referente no desenvolvemento de proxectos vinculados ás TICs e modelo de centro para persoas con gran discapacidade física no eido urbano.

 

Durante o acto inaugural, o conselleiro e a directora xeral recorreron a instalación que comprende unha aula de novas tecnoloxías; unha área de formación; obradoiro prelaboral e servizo de intermediación laboral; salas de atención individualizada de logopedia e traballo social; unha sala polivalente; unha sala de rehabilitación e outra multiusos. Rey Varela quixo felicitar á entidade polo traballo que desenvolve en prol dos discapacitados e das súas familias, así como pola posta en marcha deste novo centro que “estou seguro de que será testemuña da mellora da calidade de vida dos usuarios”.

 

A Xunta de Galicia mantén na actualidade un contrato con este centro para a prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con discapacidade física severa. Deste xeito, establécese un concerto de 25 prazas, das que 15 son a media estadía e 10 a xornada completa. En virtude deste contrato, a administración autonómica aporta un orzamento de 233.466 euros. “Coordinarse e traballar conxuntamente é o bo camiño para poder avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade”, afirmou Rey Varela.

 

COGAMI, entidade sen ánimo de lucro propietaria deste centro, traballa en favor das persoas con discapacidade física e a súa finalidade é a integración social deste colectivo. O seu ámbito de actuación abrangue toda a comunidade autónoma e no ano 2016 a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, achega á Confederación máis de 3,9 millóns de euros; un orzamento que se reparte entre o propio convenio de colaboración da administración autonómica coa entidade, o concerto de 390 prazas e servizos xerais e de atención diúrna. “A obriga de calquera goberno responsable é ser sensible coas necesidades que presentan os colectivos que máis precisan da nosa axuda”, explicou o conselleiro de Política Social.

 

Rey Varela lembrou que o Consello da Xunta de Galicia, aprobou hai pouco máis dunha semana once convenios de colaboración con entidades de atención á discapacidade, dos que se beneficiarán 75.000 persoas. A contía total destes convenios ascenden a 3,6 millóns de euros –un 20% máis con respecto ao ano anterior- e COGAMI, unha das entidades beneficiarias, recibirá a suma de 946.012 euros.

 

Así, o colectivo de persoas con discapacidade gaña en 2016 en presenza e en recursos económicos na carteira autonómica de Política Social. De feito, a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aumentou o seu peso nos Orzamentos da Xunta para a presente anualidade ata chegar aos 281,3 millóns de euros, cantidade que supón practicamente un terzo do global dos presupostos destinados ás políticas sociais.

 

Esta etapa comezada en políticas sociais signifícase por un traballo máis intenso coas entidades en temas como o desenvolvemento do Plan de Acción da Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, aprobada polo Consello da Xunta en novembro do ano pasado. Na actualidade está en proceso o desenvolvemento desta estratexia, que abrangue seis liñas estratéxicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais.

 

Play-Doc bate récords de asistencia‏

IMG_0685Una vez finalizada esta XXII edición, el festival continúa de gira con el ciclo de Charles Burnett por A Coruña, Santiago de Compostela, Donostia, Madrid, Valencia, Ourense, Vigo y Bélgica. – La edición ha estado marcada por la enorme afluencia de público, importantes colaboraciones, numerosos estrenos nacionales y obras inéditas, el cine gallego y la presentación del primer libro publicado por el festival. Tui, 26 de abril de 2016. Play-Doc Festival Internacional de Documentales cerró el telón el pasado 17 de abril con la mejor cifra de público de su historia. Un total de 8.232 espectadores se acercaron a las salas del Teatro Municipal de Tui para disfrutar durante cinco días de las últimas tendencias del cine de no ficción a nivel internacional, y descubrir todos los ciclos paralelos y conciertos que este año se organizaban. Esta duodécima edición ve aumentar en algo más de 700 personas los datos registrados en 2015, y se erige en la edición de más público, en una dinámica ya ascendente en pasados años. Además, a este público hay que sumar todos los espectadores que están descubriendo Play-Doc en el resto de la geografía española a través de la gira del ciclo de Charles Burnett, uno de los principales homenajeados, a quien se le ha dedicado la primera publicación que sale del festival. El programa (total o parcialmente) y la presentación del libro han recorrido ya NUMAX (Santiago de Compostela), el CGAI (A Coruña), Tabakalera (Donostia), la Universidad de Lovaina en Bélgica; y hoy mismo estará presente en Cineteca (Madrid) y Gante (Bélxica), a través de la colaboración alcanzada con la organización del festival de Courtisane. En fechas posteriores irá a las extensiones de la filmoteca gallega en Ourense y Vigo, a través de los cineclubs Padre Feijoo y Lumière; y estará también presente en el IVAC de Valencia. Esta gira proporciona a Play-Doc más visibilidad y una cobertura mediática como nunca antes había experimentado el certamen. Las colaboraciones con otras instituciones en otros ámbitos del festival también profundizan en esta línea de mayor visibilidad. La organización de una versión reducida del seminario internacional Doc’s Kingdom fue un éxito en el festival, agotando todas las plazas que se ofertaban. La directora del certamen de Sarajevo Pravo Ljudski, Kumjana Novakova, programó una sesión sobre cine experimental yugoslavo en la que se vendieron todas las entradas de la sala; y los conciertos de DaChick y Youthless, organizados junto al festival Sinsal, estuvieron abarrotados. Tres éxitos en estas colaboraciones, que refuerzan el alcance exterior de Play-Doc, y que facilitarán la visibilización del festival a través de su participación en estos eventos. Otro aspecto a destacar es la numerosa cantidad de estrenos españoles y descubrimientos de obras inéditas que ofreció el festival, entre los que sobresale el de A Poem is a Naked Person, de Les Blank, al que acudieron más de 500 espectadores. El ciclo que Play-Doc le ha dedicado a Les Blank sigue accesible al público a través de la plataforma de V.O.D. Play-Doc TV, en R Televisión.

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo pone en marcha la campaña “Súbete a la nube”‏

  • Su objetivo es que las pymes conozcan las ventajas del cloud y cómo pueden solicitar una ayuda de hasta 15.000 euros.
  • Las soluciones de computación en la nube suponen ahorros del 40% de los costes informáticos de pymes y autónomos. El 15% de las empresas españolas compraron algún servicio cloud en 2015.
  • Las ayudas podrán solicitarse del 18 de mayo al 8 de junio y la información está disponible en subetealanube.gob.es
  • Los beneficiarios podrán elegir entre más de 300 productos de más 100 proveedores homologados.

26.04.16. El Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través de Red.es, ha presentado hoy en la Secretaria de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información la campaña “Súbete a la nube”, asociada al Programa de fomento de la demanda de soluciones de computación en la nube para pequeñas y medianas empresas.

El secretario de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información, Víctor Calvo-Sotelo; el director general de Red.es, Daniel Noguera; y el director de economía digital de Red.es, Jorge Pérez, se han reunido con representantes del sector y de las diferentes comunidades autónomas para explicarles, de primera mano, todos los detalles de la convocatoria de ayudas y los instrumentos de difusión que el Ministerio pone a su alcance para informar a su potenciales beneficiarios.

El eje central sobre el que gira la campaña es el portal www.subetealanube.gob.es que, además de reunir toda la información referida al programa de ayudas, también explica de una forma dinámica las ventajas del cloud a través de 10 soluciones que son susceptibles de implementarse en cualquier negocio. Estas soluciones, además, son transversales a toda actividad económica: puesto de usuario, gestión económica, gestión de negocio, relación con clientes, gestión del punto de venta, comercio electrónico, infraestructura como servicio, plataforma de desarrollo como servicio y centralita virtual.

Hasta un 40% de ahorro en costes informáticos

Durante la reunión, Víctor Calvo-Sotelo ha señalado que “el lanzamiento de estas ayudas supone un paso más en el impulso de la digitalización de nuestras empresas y nuestra economía”. “Queremos reforzar nuestro compromiso con las pequeñas y medianas empresas a la vez que apostamos por un sector con gran potencial de futuro, las soluciones cloud”.

 

Según el `Informe 2015Cloud Computing´ del Observatorio Nacional de Tecnologías y Sociedad de la Información (ONTSI), las soluciones de computación en la nube suponen un ahorro del 40% de los costes informáticos para una pyme.

 

El 15% de las empresas españolas compraron algún servicio cloud en 2015, según  la encuesta de `Uso TIC y comercio electrónico en empresas´ del INE. De estas, el 71% adquirieron servicios de correo electrónico y el 64% de almacenamiento de ficheros. Le siguen en importancia las empresas que consumieron servicios de servidor de bases de datos (57%), software office (29%), aplicaciones de software para tratar información sobre clientes (27%) y de software financiero o contable (23%).

 

Programa de ayudas: más de 300 productos y 100 proveedores

 

Más de tres millones de pequeñas y medianas empresas podrán elegir, al solicitar su ayuda de hasta 15.000 euros, entre más de 300 productos de 100 proveedores homologados diferentes.

 

Este programa del Ministerio de Industria, Energía y Turismo, gestionado por Red.es, está dotado con un presupuesto total de 40 millones de euros y financiado a través del Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

 

Las solicitudes se podrán presentar a partir del 18 de mayo y hasta el 8 de junio. Se tendrán que tramitar a través de la sede electrónica de Red.es y será necesario el certificado electrónico del representante legal de la empresa solicitante.

 

 

Proceso de solicitud y resolución convocatoria

901.900.333

convocatorias@red.es

 

Funcionamiento y requisitos sede electrónica

901.904.060

soporte@sede.red.gob.es

A CIG-Vigo convoca unha concentración contra a precariedade laboral no hospital Álvaro Cunqueiro

A central denuncia a escaseza de persoal no centro e demanda o rescate da sanidade pública
A CIG de Vigo convoca unha concentración na entrada das consultas externas do hospital Álvaro Cunqueiro este mércores ás 10.00 horas para denunciar a precariedade laboral no centro médico e a escaseza de traballadores/as en todas as súas áreas. Con esta mobilización a central quere reclamar tamén o rescate da sanidade pública e reivindicar un servizo gratuíto e de calidade.
2016 04 26 CartazProtestaPrecariedadeLaboralCunqueiroVigo

Dende a Unión Comarcal da CIG-Vigo denuncian que a Xunta logrou finalmente que o novo centro médico da cidade estea privatizado e se atope en mans dunha concesionaria que é a que manda e ordena, “e que se lucrará durante 20 anos a costa da nosa saúde”.

Sosteñen que aparcadoiro privado está a deixar o maior beneficio económico para a empresa,” pero logo escatiman en contratar máis traballadores/as na area sanitaria e nas contratas de limpeza, cociña e mantemento”. Critican que co incremento de pacientes o Sergas dobrase as habitacións que son individuais, “facendo imposible que co mesmo persoal se poida atender como corresponde aos doentes”.

Ademais, inciden en que a comida que se serve é rexeitada polos enfermos/as, porque a pesar de que os empregados/as de cociña a elaboran coa maior calidade “o sistema de refrixeración que esixen o Sergas e a concesionaria fai que non estea en condicións para poder comela”. E censuran que a escaseza de persoal tamén estea a provocar que non se limpen as zonas máis importantes coa calidade axeitada, “o que significa que se poden xerar bacterias que afectan a nosa saúde”.

Finalmente, chaman a participar tanto na manifestación convocada pola central este 1º de Maio como na promovida pola Xunta de Persoal do Chuvi e pola plataforma SOS Sanidade Pública en defensa da sanidade para o vindeiro 12 de maio.

Nuestras mujeres con Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano chega a Vigo e Pontevedra

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa tempada de teatro en Vigo e Pontevedra coa obra Nuestras mujeres de Eric Assous. A representación, dirixida por Gabriel Olivares e protagonizada por Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano, entre outros, terá lugar mañá e ao día seguinte ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo e o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, respectivamente. Esta obra insírese na Tempada de abonos de teatro 2015-2016, que ofrece un 20 % de desconto no prezo das entradas e un 10 % para persoas desempregadas, xubiladas e mozas. As entradas están á venda en www.ataquilla.com.

Shophie Scholl, en versión orixinal, no Ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo

Vigo, 26 de abril de 2016.-A longametraxe Sophie Scholl: Die Letzen Tage (Marc Rothermund, 2005), poderá gozarse mañá, en versión orixinal, na terceira edición do Ciclo Cine e Lingua, organizado pola Universidade de Vigo. A película, baseada en feitos reais, sitúase no Munich de 1943. Mentres Hitler devasta Europa enteira, un grupo de mozos poñen en marcha La Rosa Blanca, un movemento de resistencia co obxectivo de facer caer ao Tercer Reich. Sophie Scholl (interpretado por Julia Jentsch) é a única muller do grupo. Un día, cando está a repartir panfletos na Universidade co seu irmá Hans, é arrestada. A partir dese intre, comezará o seu inferno.

sophie

A cinta recibiu dous Osos de Plata (mellor director e actriz protagonista) no Festival de Berlín, e foi candidata aos Oscar na categoría de película de fala non inglesa.

 

Este ciclo proxéctase no Auditorio do Edificio Cambón (Casco Vello) a partir das 20.00 horas. Nesta ocasión, ao remate da proxección, haberá un coloquio moderado pola profesora Marta Villamarín.

 

 

 

 

CICLO CINE E LINGUA: MULTILINGÜE

                                     Sophie Scholl: Die Letzen Tage

 

Data:    Mércores, 27 de abril

Hora:   20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:   Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo.

 

 

A Aula de Teatro de Vigo pecha a Miteu con A casa de Bernarda Alba

 

SONY DSC

SONY DSC

Vigo, 26 de abril de 2016.- A XVIII Mostra de Teatro Universitario de Vigo, MITEU, pecha mañá, 27 de abril, co traballo da Aula de Teatro do Campus de Vigo que representarán A casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca. Dirixida por Pepa Barreiro, a obra fálanos do loito abafante e rigoroso que lle impón Bernarda ás súas cinco fillas tras a morte do seu segundo marido. Angustias, a primoxénita, vai casar con Pepe o Romano xa que é a única que conta cunha dote. O dramático final chega cando Adela, a máis nova, faise amante de Pepe e Bernarda coñece esta relación.

 

A obra foi escrita en 1936 pero non se publicou nin se estreou ata 1945. Non ten personaxes masculinos e todos os nomes empregados de muller na obra son simbólicos (Angustias, Magdalena, Amelia, Martirio, Adela, Poncia).

 

Apariencias, odio e envexa son algúns dos temas que trata esta obra na que tamén se aprecia a simboloxía do autor granadino, caracterísitica da Xeracion do 27.

 

 

 

Aula de Teatro do Campus de Vigo

A casa de Bernarda Alba

 

Data:    Mércores, 27 de abril

Hora:   18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Univeridade de Vigo.

               

 

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE ABRE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE INTERCAMBIO COA PREFECTURA DE WAKAYAMA NO XAPÓN

  • Os destinatarios desta experiencia son mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. O intercambio realizarase entre o 4 e o 11 de xullo de 2016
  • Os participantes terán a oportunidade de coñecer a cultura, costumes e lingua do país nipón, ademais de convivir cunha familia xaponesa de acollida
  • Esta será o duodécimo intercambio xuvenil entre a Xunta de Galicia e a Prefectura de Wakayama dende o ano 2010, dúas rexións irmanadas dende o ano 1988
  • Os intercambios xuvenís permiten aos mozos e mozas participantes desenvolver habilidades, competencias e coñecementos, descubrir novas culturas, tradicións, costumes e estilos de vida, sobre todo a través da aprendizaxe entre iguais

 

Santiago, 26 de abril de 2016.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca, no marco do programa de mobilidade “A Xuventude no mundo”, un intercambio á Prefectura de Wakayama (Xapón) que se desenvolverá entre o 4 e o 11 de xullo de 2016. Durante esa semana, os mozos e mozas galegos coñecerán a cultura e lingua xaponesa, as súas costumes, terán a oportunidade de interactuar coa mocidade xaponesa en distintas actividades e durante os tres últimos días convivirán con familias xaponesas de acollida.

 

O número de prazas convocadas son 15 e os/as destinatarios/as desta iniciativa son os mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio. A inscrición realizarase mediante o envío do formulario electrónico a través do portal www.xuventude.xunta.es e o prazo de inscrición estará aberto ata o 2 de maio.

 

Wakayama e Galicia aprobaron no ano 1988 o seu irmanamento e, dende entón, foron varios os programas realizados conxuntamente, sobre todo centrados no turismo e na cultura. No que respecta á xuventude, en 2009 estableceuse un protocolo de traballo entre as dúas administracións rexionais para favorecer os lazos de unión entre as entidades xuvenís de Wakayama e Galicia. Así, con este grupo de mozos e mozas galegos, esta será a duodécima experiencia de intercambio xuvenil entre a Xunta de Galicia e a Prefectura de Wakayama dende o ano 2010. Ao longo destes anos, esta iniciativa contou cun total de 180 participantes galegos/as e xaponeses/as con culturas moi distintas pero unidos por un gran vínculo como son os itinerarios de peregrinación de cada rexión: o Camiño de Santiago en Galicia e o Camiño Kumano Kodo en Wakayama, ambas rutas recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

 

Os intercambios xuvenís permiten aos mozos e mozas participantes desenvolver habilidades, competencias e coñecementos, descubrir novas culturas, tradicións, costumes e estilos de vida, sobre todo a través da aprendizaxe entre iguais. Así mesmo axudan a consolidar valores como a solidariedade, a democracia e a amizade e facilita a concienciación intercultural e a mellora das competencias lingüísticas. Este amplo proceso de aprendizaxe realízase a través de métodos de educación non formal, deste xeito, os participantes neste intercambio, poderán solicitar o certificado de educación non formal en materia de xuventude ao abeiro da Orde do 26 de febreiro de 2015, publicada recentemente no Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo.

 

A Xunta de Galicia ten como un dos seus eixos prioritarios en canto a políticas de Xuventude, a promoción da mobilidade xuvenil entendida cunha participación activa, xa que os mozos e mozas son acollidos por unha entidade xuvenil do país de referencia e comparten un amplo programa de actividades, o que supón unha implicación activa dos mozos e mozas na vida social, cultural e educativa da rexión á que temporalmente se van desprazar.

 

Ademais, no ano 2014 a administración autonómica puxo en marcha o Plan estratéxico de xuventude de Galicia  2014-2016. Horizonte 2020 no que se recollen as políticas públicas en materia de xuventude desenvolvidas polas diferentes consellerías da Xunta de Galicia. Un documento que ten como un dos seus eixos prioritarios a promoción da mobilidade xuvenil a través de programas como A Xuventude no mundo, Galeuropa ou Erasmus+.