Archive | abril 27, 2016

Esta semana en La Iguana Club…

unnamedFAMILIA CAAMAGNO

PRESENTAN EN DIRECTO “PARA UNHA VEZ QUE SAÍMOS”

SABADO 30 ABRIL, 23:30H
ENTRADA 7€ (Discos Elepé, La Iguana Club)

Familia Caamagnho vienen por primera vez a La Iguana a presentar su nuevo trabajo “Para unha vez que saimos”.

Para unha vez que saímos es la nueva entrega discográfica deFamilia Caamagno, la banda fundada en 2011 por 5 furibundos amantes del pop y el rock’n’roll en Sigüeiro (A Coruña), y que supone su confimación como uno de los conjuntos músico-vocales a tener más presente dentro del cada vez más vibr ante panorama musical gallego. Tras la excelente acogida del predecesor Hai que andar cos tempos! por parte de medios especializados como El Sótano  de Radio 3, que escoge el tema Surfistas Nazis como una de las 100 mejores canciones del año 2014, o como la revista Mondo Sonoro, que selecciona el disco entre los 3 mejores de Galicia de ese mismo período, la Familia Caamagno decide repetir grabación en los estudios Circo Perrotti de Gijón, por donde ya pasaron artistas de reconocimiento internacional como The Cynics o The Fleshtones, y cuenta nuevamente con Jorge Explosión para producir sus temas.

Los seis nuevos número que configuran este mini LP hacen un variado recorrido por los diferentes ritmos musicales que tanto idolatran nuestros protagonistas: desde el rock’n’roll bailongo y acelerado, al que ya nos tienen acostumbrados, de Monstro Subnormal ou Eu Moto Run-Run, p asando por la oscuridad garajera de O Tempo do Lobo, los 60’s más clásicos de Lausanne, y acabando por terrenos menos explorados por los Caamagnos como la lisérgica  Fuga de Cerebros o la power pop Non saio máis.

La veterana disquera Lixo Urbano, que en el 2015 cumplió 20 años de actividad, es la encargada de editar la grabación en formato vinilo y disco compacto, y la Familia Caamagno se encargará de ejecutarlo en directo en sus ya afamados y enérgicos shows, con la sana intención de cumplir uno de sus consabidos objetivos fundacionales: corromper y degenerar a la juventud del siglo XXI a través del baile y la diversión lasciva del rock’n’roll.

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL CONSTRUIRÁ UN CENTRO DE XESTIÓN PÚBLICA PARA ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN OURENSE

  • REUNION POLITICA SOCIAL.

    REUNION POLITICA SOCIAL.

    As novas instalacións estarán situadas na zona de Mariñamansa e ofertarán un total de 48 prazas de centro ocupacional e de día e residenciais

  • O centro contará con máis 15.000 metros cadrados nos que traballarán un mínimo de 37 profesionais entre os que se atoparán un/unha director/a, educadores/as, coidadores/as e camareiros/as limpadores/as
  • O custo estimado para o financiamento da primeira fase ascende a 1,3 millóns de euros e estímase que a redacción e licitación do proxecto estará preparada para finais do ano 2016 ou principios do 2017
  • Esta nova infraestrutura dará cobertura ás necesidades dos discapacitados e discapacitadas maiores de 21 anos da provincia de Ourense e a aqueles que marcharon a outros centros fóra da mesma
  • Rey Varela responde así á petición que este colectivo de pais e nais lle trasladaba o pasado mes de marzo concernente á creación dun centro destas características

 

Santiago, 27 de abril de 2016.- A Consellería de Política Social construirá un novo centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) en Ourense. Así o trasladou o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, ao colectivo de pais e nais de mozos e mozas con discapacidade psíquica e física do Centro de Educación Especial “Miño”, de Velle, no transcurso dun encontro mantido este serán en San Caetano.

 

O centro emprazarase na zona de Mariñamansa e a xestión do mesmo será pública, respondendo así ás peticións do colectivo de pais e nais. Estas novas instalacións contarán cun total de 48 prazas para centro ocupacional e de día e residenciais. Cómpre destacar que neste ano 2016, un total de 5 mozos e mozas deixarán o Centro de Educación Especial “Miño” e ata o ano 2020, o sumatorio de persoas que sairán deste centro é de 14 rapaces e rapazas. Polo tanto, con estas 48 novas prazas, darase cobertura non só ás necesidades dos discapacitados e discapacitadas maiores de 21 anos que saen de Velle, senón tamén a aqueles que están noutros centros da provincia e aos que marcharon a outros centros fóra da mesma.

 

O novo centro terá unha extensión de 15.500 metros cadrados, unha superficie superior á do CAPD de Redondela, con 11.000 metros cadrados, ou á co CAPD de Sarria que conta con 12.600 metros cadrados. En canto a recursos persoais, nas novas instalacións traballarán un mínimo de 37 profesionais entre os que se atoparán un/unha director/a, educadores/as, coidadores/as e camareiros/as limpadores/as.

 

O custo estimado para o financiamento da primeira fase, na que se inclúe o gasto de persoal e o gasto corrente, ascende a 1,3 millóns de euros. Estímase que a redacción e licitación do proxecto estará preparada para finais de 2016 ou principios do 2017.

 

Esta nova infraestrutura será un referente en Ourense e porá á provincia ao nivel das outras tres galegas en canto a recursos como os CAPD.

 

Deste xeito, o conselleiro de Política Social dá resposta á petición que o colectivo de pais e nais do Centro de Educación Especial “Miño” lle trasladou no pasado mes de marzo, concernente á creación dun centro público para maiores de 21 co obxecto de que os seus fillos e fillas teñan a posibilidade de continuar coa súa formación e desenvolvemento persoal.

 

 

 

Pacha & Martin Solveig revelan la primera oleada de artistas residentes para “My House” Ibiza

En Pacha Ibiza todos los miércoles
desde el 25 de mayo al 5 de octubre…
unnamed
Diplo
Mark Ronson
Tchami
The Avener
Blonde
Boys Noize
Shadow Child
Clean Bandit (DJ set)
The Magician
Dillon Francis

…y muchos más aún por confirmar

Compra de entradas aquí: http://bit.ly/PachaMyHouse2016
 

Siguiendo la noticia de que el productor parisino vuelve este verano a la isla blanca; Martin Solveig y Pacha revelan hoy parte de la infinita lista de actuaciones programadas los miércoles en ‘My House’.

Trabajando juntos a lo largo de los últimos años, los co-fundadores residentes de Pacha han alimentado la marca hasta convertirla en lo que es hoy, desarrollando así mismo el enorme éxito de esta gran casa. Este verano 2016, Martin Solveig y Pacha prometen a sus seguidores congregar el mayor reparto de super estrellas en hasta la fecha.

Entre los artistas que acompañarán a lo largo de la temporada estival al creador del hit inglés “Intoxicated” se incluyen los polifacéticos y mundialmente famosos dentro del panorama de música dance, Diplo y Mark Ronson. Junto a ellos, sus colegas franceses Tchami & The Avener, la estrella alemana del techno más punk Boyz Noize y el maestro del underground Shadow Child.

Los sonidos más house del duo inglés Blonde, el tirano de la música electrónicaDillion Francis, el titán belga The Magician y los excéntricos de Clean Bandittambién se encuentran entre los djs y productores que pisarán el famoso club ibicenco entre el 25 de mayo y el 5 de ocubre.

Pero esto no es todo, en las próximas semanas ‘My House’ adelantará un nuevo listado de grandes nombres hasta completar un 2016 que pretende sobrepasar las expectativas y ofrecer uno de los programas más eclécticos hasta la fecha.

ETHEL VÁZQUEZ REITERA A DETERMINACIÓN DA XUNTA DE AVANZAR NA VAP TUI-A GUARDA E DESTACA QUE EN MAIO INICIARASE A CONTRATACIÓN DO PROXECTO DO ENLACE DE AREAS PARA EXECUTAR AS OBRAS O PRÓXIMO ANO

 clip_image002

  • Vázquez subliña que nas vindeiras semanas comezarase o proceso de información pública deste novo tramo para iniciar as expropiacións de terreos afectados
  • Salienta que este novo enlace, cun investimento de arredor de 12 millóns de euros, é estratéxico, xa que neste punto conflúen a futura VAP á Guarda, a A-55, a N-551 que leva á ponte internacional e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño
  • Precisa que ademais o enlace conecta un polígono industrial que xera tráficos pesados e un elevado número de vehículos de particulares que se achegan ás diferentes zonas comerciais
  • Aclara que o Goberno galego xa conta cunha solución consensuada e dialogada entre empresarios e veciños que vai permitir movementos directos sen necesidade de meter os tráficos no núcleo de Areas
  • Lembra que a Xunta xa investiu 60 millóns no treito Goián- A Guarda, achegando dende 2014 uns 10 km de vía de altas prestacións cos que máis de 6.000 coches ven mellorados cada día os tempos de percorrido e a seguridade viaria

 

Pontevedra, 27 de abril de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reiterou hoxe a determinación da Xunta de avanzar na Vía de Altas de Prestacións entre Tui e A Guarda e mostra desa vontade é que o vindeiro mes de maio iniciarase a contratación do proxecto construtivo do novo enlace de Areas, cuxas obras comezarán o próximo ano mediante o investimento de arredor de 12 millóns de euros. Así o manifestou hoxe a conselleira nunha rolda de prensa, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

 

Vázquez adiantou que nas vindeiras semanas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o inicio da contratación do novo tramo para comezar a redacción no verán. Ademais, comezarase o proceso de información pública deste treito para poder iniciar as expropiacións dos terreos afectados. Sinalou que esta información xa foi trasladada aos alcaldes dos Concellos do Baixo Miño, aos que se lle enviou unha misiva para reiterar a determinación do Goberno galego de executar esta infraestrutura e dos pasos previstos para facela realmente viable.

 

A conselleira remarcou que o seu departamento, agora que as previsións económicas e a solvencia da Xunta o permiten, quere seguir avanzando nesta infraestrutura. Neste sentido, na Consellería fíxose unha fonda análise dos treitos pendentes que permitiu chegar á conclusión de  que o primeiro tramo a retomar debe ser o que afecta ao Concello de Tui, concretamente no polígono de Areas. Concretou que neste punto conflúen a futura VAP á Guarda, a Autovía A-55 que une Vigo con Portugal, a N-551 que leva á ponte internacional e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño. Ademais conecta un polígono empresarial que xera tanto tráficos pesados derivados das actividades industriais, como un elevado número de vehículos particulares que se achegan ás diferentes zonas comerciais.

 

Ethel Vázquez salientou que xa se ten acadado unha solución de consenso, dialogada con empresarios e veciños que posibilita movementos directos sen necesidade de meter os tráficos no núcleo de Areas.

 

A responsable de Infraestruturas salientou que exemplo desa vontade do Goberno galego tamén é o investimento realizado de 60 millóns de euros no treito que conecta Goián coa Guarda, a pesar da recesión económica destes últimos ano. Concretou que grazas a ese orzamento, dende o ano 2014 hai 10 quilómetros de vía de altas prestacións cos que máis de 6.000 vehículos cada día ven mellorados os tempos de percorrido e, sobre todo, a súa seguridade viaria.

 

No que se refire aos fondos económicos, a conselleira aclarou que a Xunta levou a cabo unha operación presupostaria destinada exclusivamente a optimizar a execución dos Orzamentos. Trátase de cartos procedentes do Fondo de Compensación Interterritorial que o Goberno central transfire á comunidade para  financiar determinados proxectos e requiren dunha xestión e unha xustificación esixentes e que, polo tanto, deben ser asignados ás actuacións que maiores facilidades teñan para o cumprimento dos seus requisitos. Son cartos que se reciben unha vez que se certifica a obra e os responsables da execución orzamentaria da Xunta constataron que a obra que estaba en condicións de adecuarse a eses requisitos nos prazos necesarios era a do desdobramento do Corredor do Morrazo.

 

A conselleira precisou que de non ter movido eses fondos á autovía do Morrazo, Galicia podería perder eses 3 millóns de euros de fondos estatais que lle corresponden. Non obstante, apuntou que o cambio nos fondos non muda o compromiso co eixe Tui-A Guarda.

 

INAUGURACIÓN NUEVO MERCADO PROGRESO – Vigo

INAUGURACIÓN NUEVO MERCADO PROGRESO

Lugar: Mercado Progreso, calle Progreso 28.

Fecha: Jueves 28 de abril.

Hora: a partir de las10.30 h. llegada de autoridades y medios. A las 11 h. corte de cinta y entrada del público.Inauguración Mercado Progreso_page1_image4

Mañana día jueves 28 de abril a partir de las 11 h. realizamos el acto inaugural del nuevo Mercado Progreso, ubicado en la calle Progreso 28.

 

A partir de las 11 h. se procederá al corte de banda dando así por inaugurado el nuevo Mercado y abriendo las puertas al público.

 

Desde esa hora los comerciantes abrirán sus puestos. Los asistentes disfrutarán de regalos corporativos y deliciosos pinchos para hacer de esta una jornada única.

REY VARELA INSISTE NA PRIORIDADE DA XUNTA “PARA QUE NON HAXA NINGUNHA FAMILIA QUE O DESEXE SEN FILLOS, PERO TAMPOUCO, NINGÚN NENO OU NENA SEN FAMILIA”

  • 11,15 h.-O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentará en rolda de prensa a nova APP do Programa de Acollemento Familiar que a Xunta de Galicia promove en colaboración con Cruz Vermella. Antes da comparecencia, visitará a exposición itinerante sobre o programa.  foto xoán crespo 27/04/16

    11,15 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentará en rolda de prensa a nova APP do Programa de Acollemento Familiar que a Xunta de Galicia promove en colaboración con Cruz Vermella. Antes da comparecencia, visitará a exposición itinerante sobre o programa.
    foto xoán crespo
    27/04/16

    Salienta que “dos case 2.000 menores tutelados ou en garda da Xunta de Galicia, o 61% atópanse en acollemento familiar e dentro deles, o 87% están acollidos en familia extensa, sendo este o recurso máis idóneo porque mantén aos menores no seu entorno socioeducativo e emocional”

  • Destaca os 3,5 millóns de euros destinados ao acollemento para 2016 e o incremento do importe dos convenios con Cruz Vermella (ata os 330.000 euros) e Aldeas Infantís (máis de 150.000 euros)
  • Di que estas dúas accións divulgativas son unha chamada á sociedade para “normalizar e visibilizar o acollemento dos menores que precisan unha familia”, así como unha motivación para que máis familias acollan.

 

Santiago, 27 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou na mañá de hoxe na presentación da exposición itinerante sobre o Programa de Acollemento Familiar que permanecerá temporalmente no Edificio Pirámide de Santiago, así como da aplicación móbil Acolle!, ambas as dúas da autoría de Cruz Vermella. Na súa intervención o responsable da área social do Goberno galego volveu insistir na prioridade da Xunta “para que non haxa ningunha familia sen fillos, pero tampouco, ningún neno ou nena sen familia” e sinalou que hoxe en día o acollemento é “o maior exemplo de amor e de filantropía que podemos atopar na sociedade”.

 

Nesta liña, o conselleiro destacou as importantes medidas que ten desenvolvido a Xunta de Galicia a prol do acollemento e referiuse ao feito de que “dos case 2.000 menores tutelados ou en garda da Xunta de Galicia, o 61% atópanse en acollemento familiar e dentro deles, o 87% están acollidos en familia extensa, sendo este o recurso máis idóneo porque mantén aos menores no seu entorno socioeducativo e emocional”.

 

No que respecta ao pulo orzamentario realizado pola Consellería de Política Social, Rey Varela destacou os 3,5 millóns de euros destinados ao acollemento para 2016 e o incremento do importe dos convenios con Cruz Vermella (ata os 330.000 euros) e Aldeas Infantís (máis de 150.000 euros). No eido administrativo subliñou tamén “a recente Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia na que protexemos e favorecemos a permanencia do neno nunha familia, dando prioridade ao acollemento sobre o internamento residencial”.

 

Exposición e aplicación móbil para acoller

O conselleiro de Política Social referiuse ás dúas accións divulgativas de Cruz Vermella -a exposición itinerante e a aplicación móbil- como unha chamada á sociedade para “normalizar e visibilizar o acollemento dos menores que precisan unha familia”, así como unha motivación para que máis familias acollan.

 

Precisamente, acerca da exposición, dixo que os paneis “cóntannos testemuñas reais de xente que viviu de preto o acollemento” e engadiu que “botando unha ollada aos seus comentarios enténdese que ben paga a pena acoller a quen o precisa, porque as vivencias son fascinantes”.

 

Nas súas verbas o conselleiro lembrou que pode acoller calquera persoa, matrimonio ou parella de feito, con ou sen fillos, e de calquera condición social, ideolóxica ou crenza. Se require vontade de acoller e dispoñer da capacidade necesaria para proporcionarlle aos nenos ou nenas os coidados, a seguridade, a educación e o cariño que precisan mentres se solucionan as circunstancias que lles impiden vivir coa súa familia.

 

¿Que é o acollemento familiar?

É unha medida de protección para darlle un fogar a nenos, nenas ou adolescentes que están baixo a tutela ou garda da Xunta de Galicia porque non poden ser atendidos axeitadamente polas súas familias. Sempre se procura que permanezan coa chamada familia extensa (avós, tíos, etc), pero se non é posible búscase una familia allea que poida atender as súas necesidades.

 

Hai acollementos máis curtos e outros máis longos, pero cumpre ter moi claro que o acollemento é sempre temporal e non rompe os vínculos do neno ou nena coa súa familia de orixe, ao contrario, a familia acolledora debe colaborar para que se manteñan e se fortalezan estas relacións, de cara ao regreso do menor ao seu fogar.

 

O DOG PUBLICA A ORDE POLA QUE SE OFERTAN 220 PRAZAS EN RESIDENCIAS XUVENÍS PARA ESTUDANTES DE ENTRE 16 E 30 ANOS

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou a residencia LUG na capital lucense, que oferta 74 prazas.
  • Ofrécense en réxime de internado, o que inclúe aloxamento e mantenza. Ademais, nas residencias desenvolveranse actividades convivenciais e educativas, a través das que se intenta fomentar os valores sociais, culturais e deportivos dos residentes
  • O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de xullo de 2017. A cota mensual a pagar por cada estudante residente será de 324 euros por mes no caso de cuarto dobre, e de 250 euros por mes no caso de cuarto cuádruplo

 

Lugo, 27 de abril de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, desprazouse hoxe ata Lugo para coñecer as instalacións do Centro residencial xuvenil LUG dependente da Consellería de Política Social, que oferta 74 prazas para o vindeiro curso escolar no marco da Orde do 18 de abril de 2016 que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia.

 

En total, nas tres residencias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ofértanse 220 prazas: 74 no centro residencial xuvenil LUG en Lugo, 55 na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense e 91 na residencia xuvenil Altamar de Vigo.

 

Ás prazas destas residencias xuvenís poden optar mozas e mozos de entre 16 e 30 anos que estean estudando durante o curso académico, mais tamén se reservan un 9% das prazas para traballadores. Como novidade este ano, tamén se reserva outro 9% das prazas para vítimas da violencia de xénero ou para fillos e fillas cuxas proxenitoras a sufrisen.

 

Para os estudantes, os requisitos para optar a unha destas prazas son os de cursar ciclos formativos de grao medio, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior, estudos universitarios ou estudos superiores en ensinanzas artísticas; e que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o solicitante.

 

No caso das prazas reservadas para traballadores, os requisitos específicos son que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante, con contrato cunha duración mínima de 3 meses a contar dende a data en que finalice o prazo de presentación de solicitude. No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da convocatoria.

 

Para a adxudicación de prazos, os baremos xenéricos son a antigüidade na residencia; a renda da unidade familiar; a situación de familia numerosa; a condición de orfandade; discapacidade de calquera membro da unidade familiar; a residencia, segundo sexa dentro ou fóra de Galicia; no caso de mulleres estar en estado de xestación; ter un irmán con praza renovada na residencia; ter a condición de familia monoparental; e a situación laboral de desemprego sen prestación económica dos pais.

 

As 220 prazas ofrécense en réxime de internado, o que inclúe aloxamento e mantenza. Ademais, nas residencias ofrécense unha serie de actividades convivenciais e educativas, a través das que se intenta fomentar os valores sociais, culturais e deportivos dos residentes.

 

O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de xullo de 2017. A cota mensual a pagar por cada estudante residente será de 324 euros por mes no caso de cuarto dobre, e de 250 euros por mes no caso de cuarto cuádruplo.

 

O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Os/as interesados/as poderán atopar toda a información en http://xuventude.xunta.es.

 

FACENDA E CC.OO., UGT E CSIF ACORDAN CONTINUAR A TRAMITACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA NON PREXUDICAR AOS OPOSITORES

O sindicato CIG presentou unha demanda xudicial contra estas tres organizacións e contra a Xunta por un acordo asinado en febreiro

  • O director xeral da Función Pública reuníuse hoxe con representantes dos sindicatos asinantes para analizar as consecuencias desta demanda
  • José María Barreiro advirte de que, de prosperar dita demanda xudicial, quedarán sen cubrir 266 postos de emprego público na Xunta de Galicia
  • O acordo asinado en febreiro entre Facenda e tres dos catro sindicatos permitiu duplicar a oferta de emprego público para o persoal laboral
  • O 75% da oferta está centrada nos servizos sociais e no servizo de prevención e extinción de incendios.

LÓPEZ-CHAVES LEMBRA QUE O CONCELLO DE VIGO DEBE CUMPRIR O SEU COMPROMISO DE INCORPORARSE AO TRANSPORTE PARA CONTINUAR COA MODIFICACIÓN DA LEI DA ÁREA METROPOLITANA Recibidos x

  • O delegado territorial da Xunta explicou esta mañá que este venres Salceda de Caselas será o último dos concellos en aprobar en pleno a modificación do texto
  • Insiste nas vantaxes que suporá para os vigueses e viguesas a incorporación do Concello vigués ao Plan de Transporte Metropolitano

 

Vigo, 27 de abril de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para tratar os avances na tramitación da modificación da Lei da Área Metropolitana de Vigo.

 

Coma informou, este venres día 29, o Concello de Salceda de Caselas será o último dos municipios en aprobar no seu pleno a modificación do texto da lei que os 14 concellos que conforman a Área Metropolitana pactaron o pasado 22 de febreiro. Con este paso, todos os concellos “cumpren o primeiro compromiso asumido”, dixo López-Chaves.

 

Así, lembrou que a partires desa data soamente queda outro requisito para continuar coa tramitación da modificación da Lei para levala despois ao Parlamento: a incorporación de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano. “Soamente quedará un elemento para continuar”, insistiu o delegado, quen considerou ademais que “é necesaria” a “inmediata incorporación” e que xa se podería ter feito dende a firma do acordo o pasado 22 de febreiro. “Unha vez se incorpore se poderá levar ao Parlamento toda vez que pase polo Consello da Xunta”, valorou, sinalando a continuación que dende a Xunta se segue a traballar de xeito paralelo coa petición de informes, coma por exemplo o da Fegamp. “Non estamos a esperar porque queremos avanzar”, valorou. A partires de aí, continuou, “falta un requisito pactado” e soamente “dependerá de Vigo a axilidade na tramitación da Lei”.

 

Por último, especificou as “grandes vantaxes” que terá para os vigueses e viguesas a incorporación de Vigo ao Transporte Metropolitano. “Vai supor non ter que pagar polos transbordos nos movementos que se fagan no transporte público de viaxeiros na área”, dixo. Así, puxo os exemplos do custe dunha viaxe dende Vigo a Baiona ou de Vigo a Aldán nos que o autobús urbano terá un “custe cero” para os vigueses porque será subvencionado pola Xunta de Galicia. no primeiro caso se pasará de pagar 3,16 euros a 1,30 mentres que no segundo, un traxecto de bus-barco-bus ata Aldán que antes custaba 4,86 euros, coa incorporación de Vigo, será de 1,30 euros.

 

Banco de Alimentos de Vigo, Tropa Korriban y Boom! Film & Comic

UN KILO, UNA FOTO

boom

 

El Banco de Alimentos de Vigo, la Tropa Korriban y Boom! Film & Comic proponen una Recogida de Alimentos Solidaria durante la II Edición de Boom!, El Festival de la Cultura Pop

Fecha: 15 de Mayo, 2016

Hora inicio: 10.00 horas.

Lugar: Estación Marítima de Vigo. Muelle de Trasatlánticos, S/N.

El próximo Domingo 15 de Mayo, durante la II Edición de Boom! Film & Comic, ‘El Festival de la Cultura Pop’, el Banco de Alimentos de Vigo, la Tropa Korriban y la organización de Boom! unirán fuerzas para organizar una Recogida de Alimentos Solidaria en un entorno lúdico y de temática Star Wars.

Siendo conscientes de las situaciones y dificultades que atraviesan muchas familias, personas y colectivos en la actualidad, desde la organización de Boom! pensamos que es necesario organizar este tipo de actos durante un evento de ocio.

La colaboración que hemos preparado consistirá en lo siguiente: por cada Kilogramo de alimento que cada persona entregue como donación al Banco de Alimentos de Vigo durante el domingo 15 de Mayo, tercer y último día de Boom! de este 2016, podrá sacarse una fotografía con los miembros de la Tropa Korriban, que estarán presentes en el evento durante toda la mañana y sacarán a relucir sus mejores trajes y caracterizaciones de la mítica saga. De este modo, cualquier visitante del festival o quien quiera aproximarse, podrá tener una foto con sus personajes favoritos a cambio de un kilo de alimento no perecedero.

¿Y quiénes son La Tropa Korriban? La Tropa Korriban, cuyo nombre completo es ‘Tropa Korriban Star Wars Galicia’, es una Asociación sin ánimo de lucro con el único propósito de realizar actos conjuntos de finalidad educativa, lúdica y/o cultural dentro de Galicia, siempre relacionadas con el mundo Star Wars. La Tropa nació después del Desfile organizado por el grupo Imperial Stormtroopers el 21 de Mayo de 2010 en Santiago de Compostela como Conmemoración del 30 Aniversario del estreno de la película Star Wars: Episodio V. El Imperio Contraataca. Actualmente, son un grupo de personas que se caracterizan como personajes de La Saga Star Wars para este tipo de actos.

La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo se fundó en 1994 y, desde entonces, realiza una importante labor como entidad aconfesional, apolítica y sin ánimo de lucro. A través de 150 colectivos sociales de ámbito Provincial a los que ayuda, el Banco de Alimentos llega a unas 25.000 personas con dificultades en la Provincia de Pontevedra. A nivel local, la labor de la Fundación ha sido reconocida con el Premio Vigueses Distinguidos en 2011, máximo reconocimiento en Vigo; a nivel nacional, la Federación Española de Bancos de Alimentos ha sido con el Premio Príncipe Asturias de la Concordia en 2012.

Boom! Film & Comic, El Festival de la Cultura Pop, celebra este año su II Edición, tras la gran asistencia y acogida que tuvo durante la pasada edición de 2015. El lugar elegido este año es la Estación Marítima de Vigo; las fechas, el 13, 14 y 15 de Mayo de 2016. En Boom! 2016 habrá cabida para un mayor número de actividades en las que los visitantes podrán participar, charlas y encuentros con dibujantes y autores relacionados con el mundo del cómic y la ilustración.

La Recogida Solidaria se hará a lo largo de buena parte de la jornada: empezará a las 10.00 h. y terminará a las 17.00 h. El lugar, el entorno de acceso a la Estación Marítima.

Tanto el Banco de Alimentos como La Tropa Korriban y la organización de Boom! Film & Comic esperan que esta iniciativa sea un éxito e invitamos a participar a toda la ciudad en esta recogida.