Archivo | abril 28, 2016

A alcaldesa asina a meirande aportación do Concello do Porriño ao Festival de Cans en toda a súa historia

A alcaldesa asinou este xoves o convenio polo cal o Concello do Porriño aporta un total de 18.000 € á organización do Festival de Cans, que tera lugar na parroquia porriñesa dende o vindeiro día 18 ao 21 de maio .alcaldesa2

Esta cantidade supera en 3.000 € a achega que fixo o Concello o pasado 2015 e, como indicou Eva García de la Torre, é a meirande portación municipal na historia das trece edicións da cita co cinema que se fai en Galicia no que Cans, e o Porriño, é xa unha auténtica referencia.

Este ano, engadiu a alcaldesa, a presenza do festival espallarase por todo o Porriño e, á marxe das actividades propias do mesmo, que poden consultarse en www.festivaldecans.com. A Concellería de Cultura,da que a propia alcaldesa é titular, coordinará a organización de distintas actividades que xirarán  arredor de Cans e terán como escenario toda  a vila as datas anteriores ao inicio do festival.

A alcaldesa asiste á sinatura dun convenio entre a Deputación e o Clube Balonmán Porriño

Sinatura DeputaciónA presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, asinou este xoves, na sede do organismo provincial en Pontevedra, un convenio de colaboración co Club Balonmán Porriño por valor de 30.000 € para a “promoción do deporte e cooperación e colaboración no desenvolvemento de proxectos deportivos que incrementen a formación deportiva, cultural e social”, como indicou a alcaldesa.

O convenio que escolares e alumnado das escolas deportivas de balonmán que o soliciten poidan acceder, de xeito gratuíto mediante a expedición das correspondentes invitacións, ós partidos do Club Balonmán Porriño.

Carmela Silva subliñou que “este acordo ven a manifestar o firme compromiso da Deputación polo fomento do deporte, mais cun club como o Balonmán Porriño que aposta pola igualdade entre mulleres e homes e que conta cun equipo, o feminino, que compite na División de Honra, a elite do balonmán español”.

A ASEMBLEA XERAL DO CONSORCIO APROBA OS SEUS ORZAMENTOS PARA O ANO 2016, QUE SE INCREMENTAN EN MÁIS DUN 14% CHEGANDO AOS 67,8 MILLÓNS DE EUROS

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, presidir‡ a Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, presidir‡ a Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

    Na reunión deuse conta do balance do pasado 2015 e os asistentes aprobaron as principais liñas de acción para o 2016

  • O equipo de dirección do ente tamén informou sobre o acordo marco que a Xunta de Galicia asinará coa Federación Galega de Municipios e Provincias co que se revisarán as liquidacións que foron enviadas aos concellos

 

Santiago, 28 de abril de 2016.- A Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar celebrou hoxe a súa asemblea xeral na que se aprobaron por unha ampla maioría os orzamentos para o ano 2016, que aumentan un 14,26% con respecto ao ano anterior, situándose nos 67.811.000 euros. Á reunión, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, acudiu o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, en calidade de presidente do Consorcio.

 

Os asistentes aprobaron as principais liñas de acción para o ano 2016 ás que se destinarán dito orzamento e que engloban diferentes ámbitos de actuación. Asemade, a Asemblea Xeral tamén deu conta do balance do 2015. No eido das persoas maiores, o principal ámbito de actuación do Consorcio segue a ser o crecemento e o mantemento da Rede Pública de Centros de Atención ás Persoas Maiores. Neste sentido, os centros de día do Consorcio veñen definidos como centros xerontolóxicos de alcance social e terapéutico e de apoio ás familias, que prestan atención diúrna ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no entorno habitual. No 2015 se finalizou a obra de construción e equipamento do centro residencial de Foz e se iniciou a obra da Miniresidencia e Centro de Día de Vilardevós. A día de hoxe, o Consorcio xestiona unha rede de centros que comprenden 53 centros de día con capacidade para 2.064 usuarios; 6 fogares residenciais e 1 residencia con capacidade para 170 usuarios; e 6 vivendas comunitarias con capacidade para 96 persoas.

 

Xunto cos centros, o programa de comida a domicilio Xantar na Casa facilita o benestar e a atención social a persoas maiores, dependentes ou en risco de exclusión, facilitando e garantindo unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás súas necesidades.

 

Por outra banda, o Consorcio participa da xestión da Rede Galega de Escolas Infantís, un proxecto educativo de calidade para nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos que ten por obxecto, dende a tolerancia e o respecto, permitir a conciliación da vida laboral e persoas da cidadanía galega. Ao longo do ano 2015 entraron en funcionamento 11 centros, o que se traduciu nun incremento total de 534 novas prazas. Os centros abertos foron os de Boiro- O Saltiño, Porto do Son, Muros, Malpica de Bergantiños, Oroso e Meira, todos eles con 41 prazas. Tamén se puxeron en marcha infraestruturas deste tipo nos concellos de Narón (con 82 prazas) e Salvaterra (61 prazas). Así mesmo, grazas ao convenio de colaboración coa Fundación Amancio Ortega, tamén entraron en funcionamento os centros de Melide, con 61 prazas e Cambre- O Temple, con 82 prazas. En definitiva, o Consorcio pechou o ano 2015 xestionando 7.104 prazas en 132 escolas infantís distribuídas por todo o territorio galego.

Outro dos ámbitos de actuación do Consorcio é a loita contra a pobreza, a exclusión social e calquera forma de discriminación a través da Estratexia de Inclusión Social de Galicia. Nesta actuación traballan 18 equipos nas diferentes oficinas de inclusión repartidas polo territorio e outro equipo máis no Módulo Xove do Centro Penitenciario de Teixeiro, todos eles baixo a coordinación de persoal dos servizos centrais do Consorcio en Santiago. Cómpre destacar que no pasado ano os equipos de inclusión atenderon a un total de 10.230 persoas.

 

A atención á xuventude ten tamén cabida na xestión do Consorcio, a través dos Centros Quérote+, nos que se está a desenvolver o programa de asesoramento e de carácter informativo aos mozos e mozas posto en marcha pola actual Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. No pasado 2015 ofreceron asesoramento a máis de 6.000 usuarios.

 

O Consorcio xestiona tamén o Centro de Emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero na cidade de Vigo que, integrado na Rede Galega de Acollemento dependente da Secretaría Xeral de Igualdade, ofrece acollemento de urxencia e atención psicolóxica, xurídica e social ás mulleres e ás persoas menores ao seu cargo. O pasado ano ingresaron neste centro 59 mulleres e 26 menores.

 

Así mesmo, a Xerencia do ente chegada hai 6 meses, deu conta do diálogo fluído iniciado coa FEGAMP coa intención de buscar un acordo cos concellos que permitirá un modelo no que todos poidan sentirse cómodos e ao mesmo tempo se garanta a prestación dos servizos. É dicir, establecer un novo modelo de cofinaciamento destes centros que permita dar viabilidade económica e garantía de futuro aos servizos que se prestan no ámbito local por parte do Consorcio. Con esta intención xa se negociou o acordo marco que a Xunta de Galicia asinará coa Federación Galega de Municipios e Provincias, o que suporá tamén revisar todas as liquidacións que foron enviadas aos concellos, que quedarán sen efecto, ata que se revisen de acordo cos novos criterios pactados. Tamén supón que xa dende 2016 entre en funcionamento un novo modelo de cofinaciamento claro e equitativo que garanta a viabilidade económica destes servizos tan importantes no ámbito local. A Xunta de Galicia pretende polo tanto, abrir unha nova etapa do Consorcio como instrumento de colaboración entre a administración autonómica e as municipais para a prestación de servizos no ámbito local.

 

 

 

 

 

AIMEN y ACLUNAGA presentan innovadoras soluciones tecnológicas de unión de alta productividad para mejorar la competitividad de los astilleros

 

SONY DSC

SONY DSC

Durante la jornada “Soluciones de soldadura mediante arco eléctrico de alta productividad”, enmarcada dentro de la iniciativa Shipbuilding 4.0, se han dado a conocer sistemas de soldadura de arco eléctrico monitorizados que permiten controlar los procesos de forma online.

  • Las soluciones presentadas consiguen identificar posibles errores antes de la fase de inspección y reducir de forma considerable las tareas de retrabajado.

Pie de foto (de izqda. a dcha.): Daniel Gesto, coordinador de Shipbuilding 4.0 en AIMEN Centro Tecnológico; y Romina Bastón, representante de ACLUNAGA, durante la inauguración de la jornada.

Afundación, galardoada con Premio CONJUPES 2016

A Confederación Nacional de Jubilados y Pensionistas de España (CONJUPES) outorgou o seu premio 2016 a Afundación, en recoñecemento ao traballo que desenvolve esta entidade para poñer en valor o papel das persoas maiores na sociedade, a través da súa área de Envellecemento Activo, unha das súas tres liñas de actuación estratéxicas. O presidente de CONJUPES, Vicente Sanz Fernández, entregou hoxe o galardón a Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, nun acto celebrado en Vigo no que Miguel Ángel Escotet salientou a importancia que ten para Afundación o traballo no ámbito do envellecemento activo. «As persoas de máis idade ofrecen valiosos recursos, a miúdo ignorados, que realizan unha importante contribución á estrutura das nosas sociedades. En Afundación somos conscientes de todo este valioso potencial e para iso traballamos para potenciar a súa participación na sociedade, de acordo cos seus desexos, as súas necesidades e as súas capacidades.»

A Orquesta Sinfónica de Galicia en Afundación Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta o vindeiro xoves 5 de maio en Vigo, un novo concerto enmarcado dentro da tempada de música clásica, nesta ocasión coa Orquesta Sinfónica de Galicia dirixida por Rumon Gamba e con Häkan Hardenberger como trompetista solista. O recital, composto por obras de Brett Dean e William Walton terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

Música de cámara mañá nos concertos da Anecoica

Vigo, 28 de abril de 2016.- Os Concertos da Anecoica volven mañá á Universidade de Vigo co quinteto Tamadedashi, integrado por alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A música de cámara deste quinteto de vento soará na sala semi-anecoica da E.E. de Telecomunicación do Campus de Vigo, con dous pases (11.00 e 12.00 horas).

O quinteto Tamadedashi está formado por Marta Comesaña (frauta), Alba Fernández (óboe), Juanjo López (clarinete), Manuel Lizul (trompa) e Isis Figueiras (fagot). No concerto de mañá interpretarán obras de diferentes estilos do século XX.

OS CONCERTOS DA ANECOICA

O quinteto Tamadedashi

 Data:     29 de abril

Hora:    11.00 h  // 12.00 h (dous pases)

Lugar:  E.E de Telecomunicación. Universidade de Vigo.

 

 

 

 

 

 

Insane y Nic Fanciulli anuncian una pre-party muy especial para ‘We Are The Night’

En Pacha Ibiza, el próximo sábado 7 de mayo de 2016
unnamed unnamed (1)
Compra tu entrada aquí: http://bit.ly/Insane7thMay

A pocas semanas de arrancar una temporada estival en Ibiza, Nic Fanciulliprotagoniza una de las fechas más interesantes y gratificantes del mes de mayo en Pacha Ibiza. Se trata de la especial pre-party de la próxima residencia de Nic Fanciulli en la isla blanca “We Are The Night”; fiesta perteneciente a la serie de residencias de los versátiles viernes de Insane. 

Siendo ésta absolutamente gratis para residentes ibicencos y celebrándose el próximo sábado 7 de mayo, la primera fecha de “We Are The Night” en Pacha Ibiza tiene la intención de mostrar a pequeña escala un apasionante y nuevo mundo sonoro que abrirá sus puertas el próximo viernes 3 de junio y las cerrará el 7 de octubre.

Con los detalles más exquisitos aún por desvelar, ‘We Are The Night’ marcará el nuevo capítulo en negrita de la relación de Nic con Ibiza, después de dos residencias de gran éxito con ‘La Familia’ en 2014 y 2015.


7 de mayo (pre-party)
3 de junio
22 de julio
26 de agosto
2 de septiembre
7 de octubre

ABANCA impulsa o seu negocio de seguros con novos produtos, estrutura e modelo comercial

  • A entidade agrupa en tres sociedades a súa actividade de seguros tras recuperar a totalidade da cadea de valor
  • ABANCA Vida y Pensiones, compañía con maior taxa de crecemento no primeiro trimestre en España
  • A Tarifa Plana, o produto estrela de ABANCA no mercado asegurador, é recomendada por 9 de cada 10 clientes
20160427-abanca-seguros
Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

28-04-2016

ABANCA vén de relanzar a súa actividade no negocio de seguros e plans a través dun plan de acción que inclúe a creación dunha nova estrutura organizativa, a implantación dun novo modelo comercial e a presentación de novos produtos, como a Tarifa Plana, caracterizados pola súa innovación, sinxeleza e valor para o cliente.

“No actual escenario de tipos e crecente dixitalización, esta liña de negocio ten para ABANCA unha importancia clave, á altura do financiamento a empresas, a actividade dixital, os medios de pago e a vinculación co cliente”, sinalou o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas no acto de presentación que a entidade organizou hoxe en Santiago.

O negocio de seguros constitúe un dos principais instrumentos da política de diversificación de ingresos de ABANCA. O banco facturou en 2015 170 millóns en primas de seguros e xestiona 2.138 millóns en pensións e seguros de aforro. Respecto a 2014, o segmento de vida creceu un 31,5%, o de non vida un 38,6% e a captación neta de plans de pensións un 109%. O número total de clientes situouse en 384.000. No primeiro trimestre de 2016 ABANCA Vida y Pensiones situouse como a compañía de maior crecemento no mercado español, situándose no posto 7 do ranking, cinco lugares máis arriba que en decembro de 2015.

Proceso de reordenación

Nos últimos anos ABANCA desenvolveu un proceso de reordenación societaria a través de compras e fusións que lle permitiu recuperar o 100% do control sobre a cadea de valor do seu negocio de seguros. Este proceso incluíu como principais operacións as compras das participacións do 50% nas sociedades conxuntas que ABANCA mantiña con Aviva e Caser, así como a fusión das corredurías de ABANCA e o Banco Etcheverría. Tras este proceso, ABANCA pasou de operar a través de cinco sociedades a facelo unicamente a través de tres coas que cubre todo o espectro de clientes e produtos.

ABANCA Seguros Vida y Pensiones opera no ramo de vida e pensións, ABANCA Seguros Operador de Bancaseguros en mediación de produtos de comercialización xeralista, e ABANCA Seguros Correduría no segmento de grandes riscos. Esta estrutura, apoiada por 2.500 xestores comerciais na rede de oficinas de ABANCA, conta cun equipo propio de 190 profesionais dotados dun alto grado de especialización nos diferentes segmentos. O segmento de previsión social, especializado en plans de pensións e aforro, dispón de 140 persoas. O segmento de empresas tamén conta con tratamento específico para atender as súas características diferenciais.

O cliente, centro da estratexia de ABANCA

Os seguros e plans de pensións constitúen un segmento de gran impacto económico para o cliente, que ten neles unha ferramenta para protexerse de eventualidades e xerar aforro de cara ao futuro. En 2015 os clientes de ABANCA recibiron 40 millóns de euros en prestacións de seguros e 129 millóns en prestacións de aforro/pensións. As prestacións de fogar, pagos protexidos, vida e autos beneficiaron a 53.409 clientes.

Nos ramos de vida risco e vida aforro ABANCA pon á súa disposición produtos de creación propia adaptados ás necesidades persoais de cada cliente. No ramo de non vida ABANCA selecciona a mellor oferta económica e de coberturas entre un amplo catálogo de compañías provedoras. Posteriormente, unha vez que o produto foi comercializado, ABANCA realiza un proceso de métricas e control de servizo para garantir a satisfacción do cliente.

Tarifa Plana, produto estrela

ABANCA lanzou nos últimos meses numerosos produtos para cubrir diferentes necesidades en diferentes segmentos: Seguro de Vida Muller, Seguro de Vida Maiores de 45 Años, Seguro de Salud Autónomos, etc. Ademais iniciou a comercialización dun novo catálogo de plans de pensións e de rendas vitalicias. Todos eles foron deseñados baixo as mesmas premisas que o banco aplica na creación de todos os seus produtos e servizos financeiros: sinxeleza, innovación e valor para o cliente.

A Tarifa Plana de ABANCA Seguros, un paquete bonificado que permite aos clientes agrupar nun único recibo mensual todos os seus seguros e aforrar ata un 7% do importe total sen intereses nin comisións, é o produto con maior protagonismo entre eles. A enquisa de satisfacción realizada por ABANCA Seguros reflicte que 9 de cada 10 clientes que contrataron o produto recoméndano. O 92% considera que cubre as súas necesidades reais, o 86% sitúao como primeira opción se contratase máis seguros, o 89% destaca que ofrece un beneficio mutuo para o banco e o cliente, o 98% valora moi positivamente o labor dos xestores de ABANCA, e o 70% outórgalle unha nota de 9-10 tras a contratación.

Datos EPA I Trimestre.

Galiza rexistra un novo aumento do paro e unha baixada do número de persoas activas e ocupadas

O noso país contabiliza un total de 227.900 desempregados/as, 5200 máis que no período anterior

No primeiro trimestre de 2016 subiu o paro en Galiza en 5200 persoas, un 2,31% máis con respecto ao período anterior, malia caer a poboación activa e a poboación ocupada. Trátase dun incremento nove veces superior ao rexistrado no conxunto do Estado, onde a subida foi do 0,25%. Para a CIG, estes constatan a gravidade da situación laboral do noso país, evidencian o fracaso das políticas económicas do PP e contrastan coas mensaxes propagandísticas e electoralistas da Xunta e do Goberno español.

 

Os datos da Enquisa de Poboación Activa do Primeiro Trimestre de 2016  constátase un incremento do número de persoas desempregadas, respecto do trimestre anterior, en 5200 (un 2,31% máis), o que sitúa a taxa de paro no 18,2%, cinco décimas máis. Deste xeito, o número total de galegos/as en situación de desemprego acada os 227.900. Isto supón que a taxa de paro medrou no noso país até nove veces máis que no conxunto do Estado, onde a subida foi do 0,25%.

 

Para a CIG é especialmente alarmante que se produza este incremento cando, parello a isto, cae o número de persoas activas en 6.200, situándose a taxa de actividade no 53,1%, e cae tamén o número de persoas ocupadas en 11.400, acadando unha taxa de ocupación do 43,5%.

 

A situación é tanto máis grave se a comparamos co mesmo trimestre do ano 2009, ao comezo da crise. Datos que poñen de relevo o deterioro que sufriu o mercado laboral. A poboación galega de 16 anos ou máis era daquela de 2.387.500 persoas; hoxe é de 2.351.100 persoas (82.100 menos). Había un total de 1.331.100 persoas activas, cando hoxe son 1.249.000, co que se reduciu en exactamente o mesmo número de persoas en idade de traballar (-82.100).

 

Porén, reduciuse en moita maior medida o número de persoas ocupadas, que en 2009 era de 1.168. 500, cando hoxe son 1.021.100, unha caída de nin máis nin menos que 147.400 persoas ocupadas. E o número de persoas desempregadas, que daquela eran de 162.700 é hoxe de 65.200 máis.

A este desolador panorama hai que lle engadir que respecto do último trimestre de 2015, o número de fogares no que todos os seus membros activos están no paro incrementouse en 5.100, situándose nun total de 80.200.

 

Onde máis cae a ocupación é no sector Servizos, en 9.200 persoas; na construción cae en 1.900 e en Industria en 1.400. A taxa de paro xuvenil é do 31,4% (diminúe tanto respecto do último trimestre como do mesmo trimestre do ano anterior); a súa taxa de actividade sobre un 0,4%, situándose no 51,8% e a taxa de ocupación sobe un 0,6% situándose no 35,5%. No primeiro trimestre hai en Galiza 797.600 persoas asalariadas, 14.700 menos que no trimestre anterior.

 

Ademais, o ritmo de crecemento dos contratos temporais foi dúas veces e media superior ao dos contratos indefinidos. Deste xeito, o peso de número de persoas con contrato temporal, respecto do mesmo trimestre do ano pasado, pasou do 23,5% ao 25%. E no caso dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos situouse neste primeiro trimestre no 59,8%.

 

Grandes concellos

 

Poboación de 16 e máis anos dos sete grandes concellos de Galiza por sexo e relación coa actividade económica. Ano 2016/I

 

  Total Activos Poboación ocupada Poboación parada Poboación inactiva
A Coruña 214,6 117,1 98,6 18,5 97,6
Lugo 93,0 59,0 47,8 11,2 34,0
Ourense 94,1 49,8 40,6 9,2 44,2
Pontevedra 71,8 42,9 35,4 7,6 28,9
Santiago de Compostela 86,7 53,5 46,0 7,5 33,2
Vigo 253,2 139,5 111,7 27,8 113,7
Ferrol 57,0 25,7 18,6 7,1 31,2

 

Taxas de actividade, ocupación e paro para a poboación de 16 e máis anos dos sete grandes concellos de Galiza. Ano 2016/I

 

  Taxa actividade Taxa ocupación Taxa paro
A Coruña 54,5 45,9 15,8
Lugo 63,5 51,4 19,0
Ourense 53,0 43,2 18,5
Pontevedra 59,8 49,3 17,6
Santiago de Compostela 61,7 53,1 14,0
Vigo 55,1 44,1 19,9
Ferrol 45,2 32,7 27,6