Archive | abril 30, 2016

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo inicia la rehabilitación integral de la fachada del Hostal de San Marcos de León‏

  • Hoy se publica en el Boletín Oficial del Estado la convocatoria para licitar las obras de restauración de la fachada y, el pasado martes, se hizo pública la licitación de la dirección facultativa de la obra.
  • Se trata de una actuación necesaria y prioritaria que se enmarca dentro del fuerte compromiso del Ministerio de Industria, Energía y Turismo con los edificios histórico-artísticos que integran la red de Paradores de Turismo.
  • La restauración comenzará en el segundo semestre de 2016, tendrá un plazo de ejecución de 18 meses desde la formalización del contrato y tiene un presupuesto de 1,7 millones de euros.

 

30.04.16. El Boletín Oficial del Estado (BOE)  publica hoy la convocatoria del Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través de Turespaña, para  la licitación de las obras de restauración de la fachada principal del Hostal de San Marcos, que alberga el Parador de Turismo de León. Esta licitación se suma a la también publicada en el BOE el pasado martes de la dirección facultativa que coordinará las obras durante el período de ejecución de las mismas.

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo considera esta actuación necesaria y prioritaria, en el marco del compromiso que el Instituto de Turismo de España (Turespaña) viene demostrando con los edificios histórico-artísticos que integran la red de  Paradores de Turismo.

Se convoca por tanto, mediante la publicación de hoy, la restauración de la fachada principal del Hostal de San Marcos, por un presupuesto total de la obra de 1.744.240,13 euros.

El proyecto cuenta con ayuda del programa 1,5% Cultural del Ministerio de Fomento, por el que se conceden ayudas para actuaciones de conservación o enriquecimiento del Patrimonio Histórico Español con cargo a los recursos procedentes de las obras públicas financiadas por la Administración General del Estado.

La restauración comenzará en el segundo semestre de 2016 y tendrá un plazo de ejecución de 18 meses, desde la formalización del contrato.

El principal objetivo es frenar el deterioro que afecta a la fachada y evitar la pérdida de relieves escultóricos que presentan un gran valor histórico-artístico.

El  plazo de presentación de las propuestas es de 26 días y se inicia hoy,  fecha de la publicación del anuncio de licitación en el BOE.

Por otra parte, tal y como se publicó el pasado martes, se licita en expediente complementario los servicios de la dirección facultativa de las obras: director de la obra (arquitecto) y director de ejecución (arquitecto técnico o aparejador), por un presupuesto de 130.680 euros.

 

La vigencia de esta licitación se extenderá a todo el plazo previsto para la ejecución de las obras de restauración y el plazo de presentación de propuestas es de 15 días, contados igualmente  a partir de la publicación del anuncio de licitación del contrato en el BOE.

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE PARTICIPA NA CLAUSURA DA CONFERENCIA DE ABEGONDO DO PROXECTO ON TOUR FOR EUROPE

 A iniciativa enmárcase no programa Europe for Citizens 2014-2020 que pretende fortalecer unha rede de cooperación entre as cidades participantes en temas vinculados á migración, os dereitos humanos e a cidadanía activa
 Cecilia Vázquez lembrou que a Consellería de Política Social mantén aberto os prazos para a participación de mozos e mozas nos programas de mobilidade Galeuropa e Campos de Traballo
 A titular autonómica afirmou que o fomento da mobilidade xuvenil en Europa é un dos eixes preferentes do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016

Abegondo (A Coruña), 29 de abril de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, recordou hoxe que a Consellería de Política Social mantén aberto os prazos para a participación de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos nos programas de mobilidade Galeuropa e Campos de Traballo. Vázquez Suárez fixo este recordatorio durante a súa participación na clausura da Conferencia de Abegondo do proxecto On Tour for Europe. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo Europe for Citizens 2014-2020, que pretende fortalecer unha rede de cooperación entre as cidades participantes en temas vinculados á migración, os dereitos humanos e a cidadanía activa. Nel participan representantes de institucións e de entidades procedentes de Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Lituania, Países Baixos, Reino Unido e España.
A titular autonómica asegurou que o fomento da mobilidade xuvenil en Europa é un dos eixes preferentes do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016, xa que “as políticas máis modernas de Europa teñen a mobilidade como un dos instrumentos para que os mozos e mozas poidan adquirir novas capacidades e competencias, ampliando deste xeito o currículo a través dunha experiencia internacional”.
O programa Galeuropa enmárcase no Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo e ten por obxecto a concesión de axudas para a realización de prácticas formativas de entre 8 e 16 semanas en entidades ou empresas públicas ou privadas de 31 países europeos. Este programa conta cun orzamento de 2 millóns de euros que permitirá sufragar en torno a 500 mobilidades. O prazo de solicitudes está aberto ata o 9 de maio.
Pola súa banda, os Campos de Traballo para este verán contan con 588 prazas de acollida, nos 24 campos que se organizan en Galicia, e outras 370 de partida. Deste xeito, os mozos e mozas galegos poden participar tanto nos Campos de traballo galegos como nos que teñen lugar noutras comunidades autónomas (para os que se ofrecen 120 prazas), e nos que se celebran en 31 países de todo o mundo (250 prazas).
Os Campos de Traballo constitúen unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade. Son accións voluntarias, que os rapaces e rapazas realizan de forma altruísta e solidaria, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade. Tamén promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade e fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países e viceversa.

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA CONTINÚA COA SÚA ROLDA DE ENCONTROS COS ALCALDES GALEGOS PARA COORDINAR A ESTRATEXIA SOCIAL A NIVEL AUTONÓMICO E LOCAL

 

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de A Estrada, José Carlos López Campos

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de A Estrada, José Carlos López Campos

    Ambos mandatarios avanzaron na construción da futura escola infantil no concello estradense que contará con 74 prazas e un investimento de 740.000 euros

 

A Estrada (Pontevedra), 29 de abril de 2016.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

 

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou o Concello da Estrada para reunirse co alcalde do municipio pontevedrés, José López Campos.

 

Na xuntanza, ambos mandatarios avanzaron na construción da futura escola infantil no concello estradense que contará con 74 prazas e un investimento superior ao millón de euros que achegarán ambas administracións e virá a incrementar a ratio de prazas públicas en escolas infantís do municipio. Ademais, cómpre destacar que no presente exercicio, o concello recibiu 400 horas máis no que atinxe ao Servizo de Axuda no Fogar ata acadar unha ratio de atención do 71,99%. E, ao fío avanzou un incremento para este ano de 6.000 horas máis co fin de atender a un maior número de usuarios deste servizo.

 

A XUNTA E FOMENTO ASINAN O CONVENIO QUE PERMITIRÁ INSTALAR EN VERÁN PANTALLAS NAS ESTACIÓNS DE AUTOBUSES PARA MELLORAR A INFORMACIÓN SOBRE OUTROS MEDIOS DE TRANSPORTES E AVANZAR NA INTERMODALIDADE

  • 160429 EthelVazquez_ministraFomentoVázquez explica que o obxectivo é que na terminal de autobuses se poida ver información en tempo real sobre transportes ao aeroporto e a situación dos voos
  • Precisa que se trata dunha aposta que responde á convicción de que a coordinación dos diferentes medios de transporte é o mellor camiño para que os cidadáns teñan a mellor oferta posible
  • Indica que estas melloras estanse a complementar coa optimización dos servizos de autobuses lanzadeira de conexión das cidades cos aeroportos
  • No caso de Vigo, aínda que a liña é municipal, a Xunta trasladoulle ao alcalde a disposición de colaborar na mellora do servizo e está á espera de que o Concello remita a súa proposta e información necesaria

 

Vigo, 29 de abril de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, asinou hoxe coa ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, o convenio que permitirá activar os recursos para que nas diferentes estacións os usuarios poidan ter información sobre o resto de medios de transporte.

 

Vázquez explicou que o obxectivo deste acordo é que por exemplo, na estación de autobuses poderase ver información en tempo real sobre os transportes ao aeroporto e a situación dos voos. Precisou que estas pantallas informativas, nas estacións de autobuses, comezaranse a instalar neste mesmo verán.

 

A titular de Infraestruturas subliñou que se trata dunha aposta que responde á convicción de que a coordinación dos diferentes medios de transporte é o mellor camiño para que os cidadáns teñan a mellor oferta posible.

 

O convenio asinado hoxe supón un primeiro avance no camiño da promoción da intermodalidade que se firmou en Madrid o pasado mes de setembro, onde se sentaban as bases para promover o transbordo de pasaxeiros entre autobús, avión e ferrocarril. Buscouse mellorar a información aos pasaxeiros e facilitar o funcionamento a través de cuestións como o billete único.

 

Vázquez indicou que estas melloras estanse a complementar coa optimización dos servizos de autobuses lanzadeira de conexión das cidades cos aeroportos.

 

Ethel Vázquez explicou que no caso concreto de Vigo, aínda que se trata dunha liña de competencia municipal, a Xunta xa lle trasladou ao alcalde a disposición a colaborar na súa mellora. O Goberno galego está a espera de que o Concello remita a súa proposta e a información necesaria, pero a conselleira concretou que o seu departamento ten a determinación de implicarse para que esta liña municipal teña a mesma calidade de servizo que as de competencia autonómica.

 

REY VARELA ESTUDA EN CERDEDO A CONSTRUCIÓN DUN NOVO FOGAR RESIDENCIAL QUE INCREMENTARÍA A ATENCIÓN A MAIORES EN 32 PRAZAS

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita institucional ao Concello de Cerdedo, no transcurso da cal manterá un encontro co seu rexedor, José Balseiros Guinarte

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita institucional ao Concello de Cerdedo, no transcurso da cal manterá un encontro co seu rexedor, José Balseiros Guinarte

    Conselleiro e alcalde repasaron outros temas sociais do concello como o Servizo de Axuda no Fogar cunha ratio de atención do 91,16% e a atención a menores, cunha ratio de prazas públicas de escolas infantís do 136,37%

 

Cerdedo (Pontevedra), 29 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou na mañá o concello de Cerdedo onde se reuniu co alcalde da localidade pontevedresa, José Balseiros Guinarte. Este encontro de traballo insírese na rolda de encontros que o responsable da área social leva a cabo cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

 

Deste xeito, a Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio co obxectivo de impulsar novas vías de colaboración social que melloren os servizos sociais. Neste caso, o conselleiro anunciou a próxima construción dun novo fogar residencial con preto de 50 prazas nunha parcela lindeira á do actual Centro de Día e Fogar Residencial que conta con 30 e 18 prazas respectivamente. Neste sentido, o actual edificio readaptaríase para dar servizo unicamente como Centro de Día, polo que tamén aumentarían as prazas dispoñibles.

 

Conselleiro e alcalde repasaron outros temas sociais do concello de Cerdedo e salientaron a importancia do incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar ata acadar unha ratio de atención do 91,16%. Neste sentido, Rey Varela adquiriu o compromiso de chegar ao 100% da atención e para cumprir este obxectivo anunciou un novo incremento de 70 horas máis grazas a un investimento de 16.000 euros neste exercicio. Do mesmo xeito, ambos mandatarios subliñaron que a ratio de prazas públicas de escolas infantís alcanza xa o 136,37%, moi por riba da ratio aconsellada pola Unión Europea, cun total de 30 prazas.

 

ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA QUE A MELLORA DAS PERSPECTIVAS ECONÓMICAS SE TRADUCE NUN INCREMENTO DA LICITACIÓN E DA EXECUCIÓN DE OBRA PÚBLICA

  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel V‡zquez, acompa–ada do director xeral de Enerx’a e Minas, çngel Bernardo Tahoces; e a directora do Instituto de Estudos Territorio, InŽs SantŽ, clausurar‡ a xornada da Asociaci—n Galega de çridos.

    A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel V‡zquez, acompa–ada do director xeral de Enerx’a e Minas, çngel Bernardo Tahoces; e a directora do Instituto de Estudos Territorio, InŽs SantŽ, clausurar‡ a xornada da Asociaci—n Galega de çridos.

    Subliña que 2015 “supuxo un punto de inflexión” nos sectores produtivos relacionados coa edificación, a rehabilitación e a construción de infraestruturas, que viron como, logo de varios anos de contracción a consecuencia da crise económica sufrida, comezaban a experimentar un lixeiro repunte

  • Ethel Vázquez destacou que a construción e a continuidade das infraestruturas supón un beneficio na calidade de vida dos veciños
  • Vázquez Mourelle explica o Plan de Sendas de Galicia suporá un investimento de 26,3 M € e, ademais, este ano o Goberno galego realizará un esforzo investidor na execución de novas infraestruturas viarias que incidirán na seguridade e contribuirán a mellorar a calidade de vida dos cidadáns
  • Remarca o traballo en marcha para contar a finais de ano cos proxectos construtivos de actuacións como a conexión da A-52 co polígono de San Cibrao das Viñas ou o treito III da Autovía do Morrazo
  • Ethel Vázquez concreta que a mellora da situación económica que se está a percibir permite que a Xunta conte cun orzamento expansivo, por primeira vez nos últimos anos, porque as contas medran en 2016 un 4,3% a nivel xeral e, no caso da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, case o dobre que a media, unha suba que é maior se observamos os investimentos reais, que soben máis dun 11%

 

Santiago, 29 de abril de 2016.- A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, clausurou hoxe a asemblea xeral da Asociación Galega de Áridos (AGA), onde subliñou que este ano, grazas aos repuntes económicos en distintos sectores, o seu departamento poderá continuar coa mellora das infraestruturas xa existentes e, sobre todo, “permítenos avanzar na planificación de novas actuacións, co fin de acadar a vertebración do territorio, o que se traducirá nun incremento de licitación e execución de obra pública”. Nesta reunión participaron o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces; e a directora do Instituto da Paisaxe, Inés Santé, ademais do presidente da Asociación Galega de Áridos (AGA), José Lista; e o da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Dieter Moure.

 

Ethel Vázquez indicou que o pasado ano “supuxo un punto de inflexión para este sector e para outros relacionados directamente coa edificación rehabilitación ou construción de infraestruturas, que viron como, logo de varios anos de contracción a consecuencia da crise económica sufrida, comezaban a experimentar un lixeiro avance”.

 

“Proba disto”, explicou a responsable de Infraestruturas do Executivo autonómico, “son os datos publicados pola patronal que agrupa ás grandes construtoras, SEOPAN, que  sitúa Galicia como a comunidade autónoma que concentrou o maior importe de licitación de obra pública no primeiro trimestre do ano, con 363 M €” e tamén a Federación Galega da Construción, no seu último informe correspondente ao mes de abril, recollía unha forte subida na licitación por parte da Axencia Galega de Infraestruturas(AXI).

 

A Conselleira de Infraestruturas remarcou que no primeiro trimestre de 2016 a AXI incrementou a licitación de obra pública nun 302%, en relación ao mesmo período do pasado exercicio e na Xunta realiza unha forte aposta por garantir a calidade das infraestruturas viarias xa construídas para mellorar a seguridade viaria dos usuarios: a través dun Plan de Reforzo de Firmes que prevé, neste ano, un investimento de 23,5 M € para o arranxo de 570 quilómetros de estradas, dos cales xa foron licitados a día de hoxe máis de 16,5 M€, o 71%.

 

Así mesmo, Ethel Vázquez destacou que a construción e a continuidade das infraestruturas supón un beneficio na calidade de vida dos veciños.

 

Nas súas palabras, Ethel Vázquez explicou o Plan de Sendas de Galicia que, nunha primeira fase, permitirá actuar en 7 comarcas galegas, construíndo 55 novas sendas e un total de 75 KM que suporán un investimento de 26,3 M € e, ademais, este ano no Goberno galego realizará un esforzo investidor na execución de novas infraestruturas viarias que incidirán na seguridade e contribuirán a mellorar a calidade de vida dos cidadáns, porque entrarán en servizo novas vías como a Autovía da Costa da Morte; o acceso ao Porto de Burela; a vía de altas prestacións Costa Norte, no seu treito Celeiro-San Cibrao; e a nova ponte sobre o río Miño, nos Peares.

 

Novas actuacións

Ademais resaltou o avance das obras do primeiro treito da Autovía do Morrazo e indicou que nos vindeiros días se adxudicarán as obras do segundo treito, entre Domaio e Meira, o que vai permitir comezar as obras neste verán. Vázquez remarcou que ademais destas infraestruturas xa en marcha se traballa para contar a finais deste ano cos proxectos construtivos doutras actuacións destacables, como a conexión da A-52, a autovía das Rías Baixas, co polígono de San Cibrao das Viñas; ou o treito III da Autovía do Morrazo.

 

Tamén se avanzará noutros equipamentos sanitarios que serán executados pola AXI como as obras da primeira fase de ampliación e mellora do Hospital da Costa, en Burela; ou o centro de saúde de Ares, que se prevén licitar este mesmo ano.

 

A conselleira subliñou que “na Xunta estamos a dar un impulso á rehabilitación de vivendas e edificios e á renovación urbana, tanto en núcleos rurais, como en conxuntos históricos ou no ámbito dos Camiños de Santiago: coa posta en marcha diversos programas de axudas ou acometendo actuacións directas financiadas con fondos propios ou estatais, onde os case 40 M € das convocatorias de axudas á rehabilitación que fixemos no 2015, as que xa habilitamos ou temos previstas para 2016 e as licitacións de obras directas por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo, son unha cifra suficientemente ilustrativa da nosa aposta pola rehabilitación e a construción edificatoria”.

 

Ethel Vázquez concretou que a mellora da situación económica que se está a percibir nos últimos tempos ten permitido que o Goberno galego conte neste exercicio cun orzamento expansivo, por primeira vez nos últimos anos, porque as contas da Xunta medran en 2016 un 4,3% a nivel xeral e, no caso da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, case o dobre que a media da Xunta: preto dun 8%, chegando aos 370,4 M €. Unha suba que é maior aínda se nos cinguimos aos investimentos reais, que soben máis dun 11%.