A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE PARTICIPA NA CLAUSURA DA CONFERENCIA DE ABEGONDO DO PROXECTO ON TOUR FOR EUROPE

 A iniciativa enmárcase no programa Europe for Citizens 2014-2020 que pretende fortalecer unha rede de cooperación entre as cidades participantes en temas vinculados á migración, os dereitos humanos e a cidadanía activa
 Cecilia Vázquez lembrou que a Consellería de Política Social mantén aberto os prazos para a participación de mozos e mozas nos programas de mobilidade Galeuropa e Campos de Traballo
 A titular autonómica afirmou que o fomento da mobilidade xuvenil en Europa é un dos eixes preferentes do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016

Abegondo (A Coruña), 29 de abril de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, recordou hoxe que a Consellería de Política Social mantén aberto os prazos para a participación de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos nos programas de mobilidade Galeuropa e Campos de Traballo. Vázquez Suárez fixo este recordatorio durante a súa participación na clausura da Conferencia de Abegondo do proxecto On Tour for Europe. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo Europe for Citizens 2014-2020, que pretende fortalecer unha rede de cooperación entre as cidades participantes en temas vinculados á migración, os dereitos humanos e a cidadanía activa. Nel participan representantes de institucións e de entidades procedentes de Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Lituania, Países Baixos, Reino Unido e España.
A titular autonómica asegurou que o fomento da mobilidade xuvenil en Europa é un dos eixes preferentes do Plan Estratéxico de Xuventude 2014-2016, xa que “as políticas máis modernas de Europa teñen a mobilidade como un dos instrumentos para que os mozos e mozas poidan adquirir novas capacidades e competencias, ampliando deste xeito o currículo a través dunha experiencia internacional”.
O programa Galeuropa enmárcase no Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo e ten por obxecto a concesión de axudas para a realización de prácticas formativas de entre 8 e 16 semanas en entidades ou empresas públicas ou privadas de 31 países europeos. Este programa conta cun orzamento de 2 millóns de euros que permitirá sufragar en torno a 500 mobilidades. O prazo de solicitudes está aberto ata o 9 de maio.
Pola súa banda, os Campos de Traballo para este verán contan con 588 prazas de acollida, nos 24 campos que se organizan en Galicia, e outras 370 de partida. Deste xeito, os mozos e mozas galegos poden participar tanto nos Campos de traballo galegos como nos que teñen lugar noutras comunidades autónomas (para os que se ofrecen 120 prazas), e nos que se celebran en 31 países de todo o mundo (250 prazas).
Os Campos de Traballo constitúen unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade. Son accións voluntarias, que os rapaces e rapazas realizan de forma altruísta e solidaria, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade. Tamén promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade e fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países e viceversa.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: