A XUNTA E FOMENTO ASINAN O CONVENIO QUE PERMITIRÁ INSTALAR EN VERÁN PANTALLAS NAS ESTACIÓNS DE AUTOBUSES PARA MELLORAR A INFORMACIÓN SOBRE OUTROS MEDIOS DE TRANSPORTES E AVANZAR NA INTERMODALIDADE

  • 160429 EthelVazquez_ministraFomentoVázquez explica que o obxectivo é que na terminal de autobuses se poida ver información en tempo real sobre transportes ao aeroporto e a situación dos voos
  • Precisa que se trata dunha aposta que responde á convicción de que a coordinación dos diferentes medios de transporte é o mellor camiño para que os cidadáns teñan a mellor oferta posible
  • Indica que estas melloras estanse a complementar coa optimización dos servizos de autobuses lanzadeira de conexión das cidades cos aeroportos
  • No caso de Vigo, aínda que a liña é municipal, a Xunta trasladoulle ao alcalde a disposición de colaborar na mellora do servizo e está á espera de que o Concello remita a súa proposta e información necesaria

 

Vigo, 29 de abril de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, asinou hoxe coa ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, o convenio que permitirá activar os recursos para que nas diferentes estacións os usuarios poidan ter información sobre o resto de medios de transporte.

 

Vázquez explicou que o obxectivo deste acordo é que por exemplo, na estación de autobuses poderase ver información en tempo real sobre os transportes ao aeroporto e a situación dos voos. Precisou que estas pantallas informativas, nas estacións de autobuses, comezaranse a instalar neste mesmo verán.

 

A titular de Infraestruturas subliñou que se trata dunha aposta que responde á convicción de que a coordinación dos diferentes medios de transporte é o mellor camiño para que os cidadáns teñan a mellor oferta posible.

 

O convenio asinado hoxe supón un primeiro avance no camiño da promoción da intermodalidade que se firmou en Madrid o pasado mes de setembro, onde se sentaban as bases para promover o transbordo de pasaxeiros entre autobús, avión e ferrocarril. Buscouse mellorar a información aos pasaxeiros e facilitar o funcionamento a través de cuestións como o billete único.

 

Vázquez indicou que estas melloras estanse a complementar coa optimización dos servizos de autobuses lanzadeira de conexión das cidades cos aeroportos.

 

Ethel Vázquez explicou que no caso concreto de Vigo, aínda que se trata dunha liña de competencia municipal, a Xunta xa lle trasladou ao alcalde a disposición a colaborar na súa mellora. O Goberno galego está a espera de que o Concello remita a súa proposta e a información necesaria, pero a conselleira concretou que o seu departamento ten a determinación de implicarse para que esta liña municipal teña a mesma calidade de servizo que as de competencia autonómica.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: