ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA QUE A MELLORA DAS PERSPECTIVAS ECONÓMICAS SE TRADUCE NUN INCREMENTO DA LICITACIÓN E DA EXECUCIÓN DE OBRA PÚBLICA

  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel V‡zquez, acompa–ada do director xeral de Enerx’a e Minas, çngel Bernardo Tahoces; e a directora do Instituto de Estudos Territorio, InŽs SantŽ, clausurar‡ a xornada da Asociaci—n Galega de çridos.

    A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel V‡zquez, acompa–ada do director xeral de Enerx’a e Minas, çngel Bernardo Tahoces; e a directora do Instituto de Estudos Territorio, InŽs SantŽ, clausurar‡ a xornada da Asociaci—n Galega de çridos.

    Subliña que 2015 “supuxo un punto de inflexión” nos sectores produtivos relacionados coa edificación, a rehabilitación e a construción de infraestruturas, que viron como, logo de varios anos de contracción a consecuencia da crise económica sufrida, comezaban a experimentar un lixeiro repunte

  • Ethel Vázquez destacou que a construción e a continuidade das infraestruturas supón un beneficio na calidade de vida dos veciños
  • Vázquez Mourelle explica o Plan de Sendas de Galicia suporá un investimento de 26,3 M € e, ademais, este ano o Goberno galego realizará un esforzo investidor na execución de novas infraestruturas viarias que incidirán na seguridade e contribuirán a mellorar a calidade de vida dos cidadáns
  • Remarca o traballo en marcha para contar a finais de ano cos proxectos construtivos de actuacións como a conexión da A-52 co polígono de San Cibrao das Viñas ou o treito III da Autovía do Morrazo
  • Ethel Vázquez concreta que a mellora da situación económica que se está a percibir permite que a Xunta conte cun orzamento expansivo, por primeira vez nos últimos anos, porque as contas medran en 2016 un 4,3% a nivel xeral e, no caso da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, case o dobre que a media, unha suba que é maior se observamos os investimentos reais, que soben máis dun 11%

 

Santiago, 29 de abril de 2016.- A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, clausurou hoxe a asemblea xeral da Asociación Galega de Áridos (AGA), onde subliñou que este ano, grazas aos repuntes económicos en distintos sectores, o seu departamento poderá continuar coa mellora das infraestruturas xa existentes e, sobre todo, “permítenos avanzar na planificación de novas actuacións, co fin de acadar a vertebración do territorio, o que se traducirá nun incremento de licitación e execución de obra pública”. Nesta reunión participaron o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces; e a directora do Instituto da Paisaxe, Inés Santé, ademais do presidente da Asociación Galega de Áridos (AGA), José Lista; e o da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Dieter Moure.

 

Ethel Vázquez indicou que o pasado ano “supuxo un punto de inflexión para este sector e para outros relacionados directamente coa edificación rehabilitación ou construción de infraestruturas, que viron como, logo de varios anos de contracción a consecuencia da crise económica sufrida, comezaban a experimentar un lixeiro avance”.

 

“Proba disto”, explicou a responsable de Infraestruturas do Executivo autonómico, “son os datos publicados pola patronal que agrupa ás grandes construtoras, SEOPAN, que  sitúa Galicia como a comunidade autónoma que concentrou o maior importe de licitación de obra pública no primeiro trimestre do ano, con 363 M €” e tamén a Federación Galega da Construción, no seu último informe correspondente ao mes de abril, recollía unha forte subida na licitación por parte da Axencia Galega de Infraestruturas(AXI).

 

A Conselleira de Infraestruturas remarcou que no primeiro trimestre de 2016 a AXI incrementou a licitación de obra pública nun 302%, en relación ao mesmo período do pasado exercicio e na Xunta realiza unha forte aposta por garantir a calidade das infraestruturas viarias xa construídas para mellorar a seguridade viaria dos usuarios: a través dun Plan de Reforzo de Firmes que prevé, neste ano, un investimento de 23,5 M € para o arranxo de 570 quilómetros de estradas, dos cales xa foron licitados a día de hoxe máis de 16,5 M€, o 71%.

 

Así mesmo, Ethel Vázquez destacou que a construción e a continuidade das infraestruturas supón un beneficio na calidade de vida dos veciños.

 

Nas súas palabras, Ethel Vázquez explicou o Plan de Sendas de Galicia que, nunha primeira fase, permitirá actuar en 7 comarcas galegas, construíndo 55 novas sendas e un total de 75 KM que suporán un investimento de 26,3 M € e, ademais, este ano no Goberno galego realizará un esforzo investidor na execución de novas infraestruturas viarias que incidirán na seguridade e contribuirán a mellorar a calidade de vida dos cidadáns, porque entrarán en servizo novas vías como a Autovía da Costa da Morte; o acceso ao Porto de Burela; a vía de altas prestacións Costa Norte, no seu treito Celeiro-San Cibrao; e a nova ponte sobre o río Miño, nos Peares.

 

Novas actuacións

Ademais resaltou o avance das obras do primeiro treito da Autovía do Morrazo e indicou que nos vindeiros días se adxudicarán as obras do segundo treito, entre Domaio e Meira, o que vai permitir comezar as obras neste verán. Vázquez remarcou que ademais destas infraestruturas xa en marcha se traballa para contar a finais deste ano cos proxectos construtivos doutras actuacións destacables, como a conexión da A-52, a autovía das Rías Baixas, co polígono de San Cibrao das Viñas; ou o treito III da Autovía do Morrazo.

 

Tamén se avanzará noutros equipamentos sanitarios que serán executados pola AXI como as obras da primeira fase de ampliación e mellora do Hospital da Costa, en Burela; ou o centro de saúde de Ares, que se prevén licitar este mesmo ano.

 

A conselleira subliñou que “na Xunta estamos a dar un impulso á rehabilitación de vivendas e edificios e á renovación urbana, tanto en núcleos rurais, como en conxuntos históricos ou no ámbito dos Camiños de Santiago: coa posta en marcha diversos programas de axudas ou acometendo actuacións directas financiadas con fondos propios ou estatais, onde os case 40 M € das convocatorias de axudas á rehabilitación que fixemos no 2015, as que xa habilitamos ou temos previstas para 2016 e as licitacións de obras directas por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo, son unha cifra suficientemente ilustrativa da nosa aposta pola rehabilitación e a construción edificatoria”.

 

Ethel Vázquez concretou que a mellora da situación económica que se está a percibir nos últimos tempos ten permitido que o Goberno galego conte neste exercicio cun orzamento expansivo, por primeira vez nos últimos anos, porque as contas da Xunta medran en 2016 un 4,3% a nivel xeral e, no caso da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, case o dobre que a media da Xunta: preto dun 8%, chegando aos 370,4 M €. Unha suba que é maior aínda se nos cinguimos aos investimentos reais, que soben máis dun 11%.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: