Archivo | abril 2016

A DIRECTORA XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA PRESENTA A ORDE QUE REGULA AS AXUDAS DO BONO CONCILIA QUE PRESENTA UN INCREMENTO ORZAMENTARIO DO 105%

  • Afirma que “con este pulo orzamentario acadaremos a eliminación da lista de agarda para a obtención de praza nunha escola infantil de 0 a 3 anos”
  • Informa que a axuda consistirá nunha cantidade mensual que irá desde os 45 euros aos 250 euros, para contribuír ao pago do importe da praza nunha escola infantil non sostida con fondos públicos por un período máximo de 11 meses
  • O prazo para a presentación de solicitudes de axuda é dun mes, comezando o 30 de abril e rematando o 30 de maio
  • O Bono concilia presentado hoxe insírese nunha planificación ampla, o Programa de apoio á natalidade, que abrangue principalmente tres ámbitos: axudas, fomento da conciliación e servizos

 

Santiago, 29 de abril de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, compareceu esta mañá en San Lázaro para dar conta da publicación no Diario Oficial de Galicia da orde que regulará as axudas económicas para a atención da primeira infancia nas escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia, coa finalidade de ampliar a oferta de prazas sostidas con fondos públicos para nenos e nenas menores de tres anos. Alí, a directora xeral salientou a importancia desta medida que “pretende chegar a moitas máis familias xa que este ano conta cun orzamento de preto de 3.500.000 euros, o que representa un incremento de máis do 100% con respecto ao orzamento do ano 2015”. “Con este pulo orzamentario acadaremos a eliminación da lista de agarda para a obtención de praza nunha escola infantil de 0 a 3 anos”, engadiu.

 

Na rolda de prensa, Amparo González informou que a axuda consistirá nunha cantidade mensual para contribuír ao pago do importe da praza nunha escola infantil non sostida con fondos públicos por un período máximo de 11 meses. A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, da xornada e dos servizos que se soliciten. Estas contías oscilarán entre 250 euros  mensuais para a unha praza en réxime  xornada completa con servizo de comedor para as rendas máis baixas, e 45 euros mensuais para as máis altas.

 

Segundo as verbas da directora Xeral, poderán ser beneficiarias das axudas do Bono concilia  as familias, residentes en Galicia, con fillos e fillas de menores de  3 anos a 31 de decembro do presente ano que teñan solicitado praza nunha escola infantil sostida con fondos públicos para o curso 2016/2017 exercendo a opción do Bono concilia e estean nunha das situacións seguintes:  quedar en lista de espera, obter praza pero que o horario demandado non coincida coa apertura da escola infantil, porque ambos proxenitores traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas; obter praza e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida; ou terse beneficiado da axuda do programa Cheque infantil no curso 2015-2016 e solicitar a súa renovación ao abeiro da orde do Bono concilia.

 

O prazo para a presentación de solicitudes de axuda  é dun mes, comezando o 30 de abril e rematando o 30 de maio. Unha vez notificada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias dispoñen dun prazo de quince días naturais para presentar na xefatura territorial da Consellería de Política Social o xustificante de matrícula do centro onde vai acudir a nena ou o neno e a declaración de ter percibido ou non outras axudas para este mesmo fin.

 

Principais novidades

Dentro das principais novidades da convocatoria deste ano destaca a posibilidade de concesión do Bono concilia ás persoas solicitantes que obtiveran unha praza pública e o horario demandado non coincide co de apertura da escola infantil porque ambos proxenitores traballan en quendas de tarde ou en quendas rotativas; a posibilidade de que aquelas familias que residan en concellos onde non existan escolas 0-3 sostidas con fondos públicos poidan presentar solicitudes fóra do prazo establecido nesta orde cando nelas se produza un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade a finalización do dito prazo; así como a promoción do dereito á escolarización de irmáns ou irmás no mesmo centro xa que as familias que teñan un fillo ou filla que renova a axuda e á súa vez obteñan praza pública para un irmán (tendo marcada  a opción do Bono concilia) daráselles directamente a posibilidade de optar ao dito bono para que poidan escolarizar a todos os fillos no mesmo centro.

 

Programa de apoio á natalidade

O Bono concilia presentado hoxe insírese nunha planificación ampla, o Programa de apoio á natalidade, que abrangue principalmente tres ámbitos: axudas, fomento da conciliación e servizos. O PAN recolle medidas inspiradas noutros países da UE (Francia, Noruega, Suecia ou Alemaña) que levaron a cabo con éxito políticas sociais de apoio ás familias.

 

Unha das medidas estrela deste programa é a Tarxeta Benvida, unha tarxeta moedeiro cargada con 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida dos nenos e nenas para que as familias poidan afrontar os gastos básicos dos seus fillos. Esta medida, subliñou a directora xeral, “xa está a ter o seu efecto na sociedade con preto de 4.000 solicitudes e 1.500 concesións”.

 

Cómpre destacar outras medidas de dinamización demográfica como as deducións fiscais por nacemento ou adopción, a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo e sucesivos, o incremento das prazas na rede pública de escolas infantís, a posta en marcha das Casas Niño no rural aprobada polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión deste xoves, o bono coidado, ou a incorporación da flexibilidade do horario laboral e o teletraballo na función pública galega.

REY VARELA ESTUDA EN CERDEDO A CONSTRUCIÓN DUN NOVO FOGAR RESIDENCIAL QUE INCREMENTARÍA A ATENCIÓN A MAIORES EN 32 PRAZAS

  • Conselleiro e alcalde repasaron outros temas sociais do concello como o Servizo de Axuda no Fogar cunha ratio de atención do 91,16% e a atención a menores, cunha ratio de prazas públicas de escolas infantís do 136,37%

 

Cerdedo (Pontevedra), 29 de abril de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou na mañá o concello de Cerdedo onde se reuniu co alcalde da localidade pontevedresa, José Balseiros Guinarte. Este encontro de traballo insírese na rolda de encontros que o responsable da área social leva a cabo cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

 

Deste xeito, a Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio co obxectivo de impulsar novas vías de colaboración social que melloren os servizos sociais. Neste caso, o conselleiro anunciou a próxima construción dun novo fogar residencial con preto de 50 prazas nunha parcela lindeira á do actual Centro de Día e Fogar Residencial que conta con 30 e 18 prazas respectivamente. Neste sentido, o actual edificio readaptaríase para dar servizo unicamente como Centro de Día, polo que tamén aumentarían as prazas dispoñibles.

 

Conselleiro e alcalde repasaron outros temas sociais do concello de Cerdedo e salientaron a importancia do incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar ata acadar unha ratio de atención do 91,16%. Neste sentido, Rey Varela adquiriu o compromiso de chegar ao 100% da atención e para cumprir este obxectivo anunciou un novo incremento de 70 horas máis grazas a un investimento de 16.000 euros neste exercicio. Do mesmo xeito, ambos mandatarios subliñaron que a ratio de prazas públicas de escolas infantís alcanza xa o 136,37%, moi por riba da ratio aconsellada pola Unión Europea, cun total de 30 prazas.

COMUNICADO LEI PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA do Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía, Letras e en Ciencias de Galicia (CDLG

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016.- Ante a noticia da aprobación definitiva da nova Lei de Patrimonio Cultural de Galicia na sesión parlamentaria do 26 de abril de 2016 o Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia (CDLG) quere comunicar a súa desconformidade coa forma na que esta normativa tan importante para a conservación e salvagarda do patrimonio cultural de Galicia foi tramitada, sen que tivera lugar consenso parlamentario nin cidadá e sobre os graves erros de fondo e de contido que nesta Lei se recollen. Sobre o proceso levado a cabo, o CDLG desexa manifestar publicamente o seu malestar pola ausencia de vontade de diálogo cos profesionais implicados na salvagarda patrimonial. Dende o inicio da tramitación da normativa o CDLG púxose en contacto coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a fin de concertar unha cita para intercambiar impresións sobre os contidos da futura Lei co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, dado que este colexio abrangue ó maior número de profesionais dedicados á conservación do patrimonio de distintas disciplinas (historiadores da arte, arqueólogos, profesionais das ciencias relacionadas coa conservación do patrimonio…), sendo de especial relevancia a súa Sección de Historia da Arte (SEHAG). A Xunta de Galicia non fixo partícipe ao CDLG na súa rolda de contactos. Posteriormente, no prazo de alegacións previsto, o CDLG presentou alegacións a 11 dos seus artigos e algunhas de carácter xeral, sendo unha parte das 484 alegacións emitidas por 60 entidades diversas que non foron tidas en conta ao igual que as máis de 600 emendas propostas polos distintos partidos da oposición, das cales só se aceptaron 66. Estes datos poñen de manifesto que esta Lei foi aprobada sen consenso político nin social. O colectivo dos historiadores da arte son os profesionais capacitados para levar a cabo as tarefas de documentación do patrimonio cultural, entre outras funcións relacionadas directamente coa salvagarda, difusión e posta en valor do patrimonio cultural. Sen embargo este tipo de especialistas capacitados -ao carecer dun corpo específico de persoal funcionario nas administracións competentes onde outros profesionais coma os arquitectos ou os arqueólogos si contan coa súa categoría específica- están a ser constantemente excluídos dunhas reflexións que atanguen á súa actividade profesional. O CDLG lamenta que coa tramitación desta Lei a Xunta deixa pasar novamente a oportunidade de ofrecer unha mellor regulación destas actividades profesionais, sen garantir a asistencia e desenvolvemento do seu traballo. Non só a Administración non adquire o compromiso de regular as actividades dos profesionais do patrimonio no referente á documentación, protección, conservación, rehabilitación, divulgación e posta en valor do patrimonio cultural senón que, de xeito preocupante, traslada competencias nestas materias aos concellos sen especificar de xeito concreto os requisitos e os medios técnicos que serán necesarios para o correcto desenvolvemento das súas novas funcións.  A valoración do patrimonio en función de datacións específicas e feitas, ademais, sen ningún tipo de reflexión previa ao respecto, supón un claro retroceso na evolución da normativa patrimonial que ata agora incidía nos valores culturais e sociais intrínsecos aos bens culturais en si mesmos. Así mesmo, consideramos que a definición de patrimonio artístico que propón a Lei responde a unha visión tremendamente reducionista para un concepto tan amplo. Aínda que a súa definición é motivo de constante debate, a arte é xeralmente e internacionalmente entendida coma calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética e/ou comunicativa, mediante a cal a humanidade expresa ideas e emocións a través de diversos recursos e que permanece no tempo coma testemuña dunha cultura. Reducir o concepto de arte unicamente ao que entendemos coma artes plásticas ou artes decorativas ou entender a arte como mero ornamento supón a consideración de que todo o que non se cinga a este tipo de obxectos non ten vontade artística e iso é un gravísimo erro nunha normativa coma esta.

La Pontevedrada 2016 arranca mañana con más de mil personas inscritas

unnamed La sexta marcha solidaria nocturna saldrá a las 20h. de la Plaza de la Herrería pontevedresa hasta la Plaza del Obradoiro compostelana
 ASAMPO promueve la iniciativa con el objetivo de concienciar a la población de la importancia que tiene la donación altruista de sangre, órganos y tejidos

Pontevedra, 29 de abril de 2016. Más de 1000 personas se han inscrito para participar mañana en la VI edición de la Pontevedrada, la marcha solidaria nocturna que convoca anualmente ASAMPO, con el objetivo de concienciar a la población sobre la importancia de la donación altruista de sangre, órganos y tejidos. Como en ocasiones anteriores, los participantes recorrerán de forma ininterrumpida 63 km del Camino de Santiago desde Pontevedra hasta Compostela. Previamente a la salida, a las 19.30 h, Ángela Lemiña Dacosta, una joven de 33 años que logró sobrevivir a una grave enfermedad respiratoria gracias a un doble trasplante de pulmón, se dirigirá a todos los presentes para contar su historia y mostrar públicamente su agradecimiento a quienes, con su generosidad, le salvaron la vida.

En esta VI edición, la Pontevedrada arrancará desde la plaza de la Herrería mañana sábado 30 de abril a las 20 horas, con la participación de cientos de «marchosos» solidarios procedentes de Galicia, Cantabria, Castilla-León, Castilla-La Mancha, Cataluña, Madrid, Andalucía, La Rioja, Aragón y de Portugal, Italia, Bélgica y Francia. Quienes participan en la Pontevedrada son donantes y no donantes de diversas edades. «No es obligatorio completar todo el recorrido, cada persona tiene su ritmo y todo el que viene lo hace con la ilusión de formar parte de este proyecto que busca que cada vez más personas se sumen al maravilloso movimiento solidario de la donación, un acto altruista que puede salvar muchas vidas», subrayan desde la organización.

ÚLTIMAS INSCRIPCIONES Y RECOGIDA DE DORSALES

Dado el crecimiento gradual de participantes, ASAMPO sigue optando por que cada inscripción sea voluntaria económicamente para dar viabilidad organizativa a la Pontevedrada y también colaborar con esta asociación sin ánimo de lucro, que fomenta la donación durante el resto del año, con mesas informativas y otros eventos. La aportación voluntaria se podrá hacer efectiva mañana al retirar la documentación y el dorsal, entre las 14 y las 18 horas. Así mismo, todas aquellas personas que no se registraron en el período de inscripción previa, tienen aún la oportunidad de participar registrándose en la propia plaza de la Herrería, también en horario de 14 a 18h.

Con el objetivo de facilitar la marcha a los participantes -sea cual sea su condición física- el recorrido contempla breves paradas de descanso y refrigerio nocturno en Barro, Caldas de Reis, Valga y Padrón, hasta su llegada a la plaza del Obradoiro, donde posteriormente en el Hostal de los Reyes Católicos se realizará un sorteo de obsequios donados solidariamente por diversas empresas, entidades y particulares. Así mismo, la Pontevedrada cuenta con el apoyo logístico de vehículos particulares y profesionales de asistencia en ruta, y con cobertura complementaria de grandes vehículos, fletados solidariamente por el Concello de Pontevedra y la Deputación Provincial de Pontevedra. «Desde la Asociación de Amigos de la Pontevedrada -ASAMPO- agradecemos profundamente a todas las personas que se han inscrito su participación en esta marcha así como todas las adhesiones y colaboraciones altruistas, aportadas por instituciones, empresas y particulares para dar continuidad a esta iniciativa solidaria que, regalando vida, repercute en beneficio de toda la sociedad», añaden.

Conclusións IV Encontro Feministas Autónomas “Contra as Violências Machistas, Iniciativas Feministas”

unnamed (1) unnamedNo pasado 20 de Febreiro de 2016 tiveron lugar os IV Encontro de Feministas Autónomas en Vigo co tema “Contra as violências machistas, iniciativas feministas”. Este é o cuarto dunha serie de encontros que se levan a celebrar nos últimos anos e que pretenden ser espazos de coñecemento, reflexión,  construcción de estratexias e alternativas políticas feministas para vivir mellor no día a día tanto no ámbito privado como no público.

Nesta convocatoria realizou-se unha dinámica de participación social chamada “Café Diálogo” no que as 50 persoas, maioritariamente mulleres, que participamos nela concluímos o seguinte:

1)      A maior violencia machista que sofremos na actualidade é a negación sistemática (por parte do Estado, medios de comunicación, movementos sociais e sociedade en xeral) da existencia dunha estrutura patriarcal que asigna roles de xénero imutables e represores da diversidade de identidades sexuais, culturais e políticas que realmente existe na sociedade. Un sistema que culpabiliza, autolimita, e invisibiliza particularmente ás mulleres, impedíndonos mesmo recoñecer e denunciar con claridade que o malestar que sentimos, sea cal for a súa intensidade, é violencia.

2)      A pesar do traballo feito polo feminismo e as mulleres a nivel individual ao longo da historia e en ámbitos diversos (política, cultura, saúde, activismo, etc), non sentimos, neste momento, que teñamos claras aliadas alén de nós propias e o movemento feminista.

3)      Frente a esta situación precisamos:

a.       Visibilizar de xeito transversal as violencias machistas en toda a sua dimensión, sendo nós quen definamos o que é violencia machista.

b.       Auto-organizármonos en grupos de apoio por afinidade, localidade, etc, para traballar do individual ao colectivo na toma de conciencia, educación autoestima, acción política e coidados.

c.       Tecer redes seguras e autónomas para criar estratexias e ferramentas feministas integrais, tanto na economía e praxe como no pensamento.

d.       Asumir os nosos direitos e exercelos aqui e agora a través da acción directa, autodefensa e toma de espazos de poder.

 

Realizouse tamén durante este IV Encontro de Feministas Autónomas a Feira de Proxectos de Vida onde se evidenciou a riqueza, forza e enerxía que temos as mulleres para dinamizarnos a nós mesmas e á sociedade. Houbo proxectos de arte, economía, vivenda, xestión, cultura, alimentación, artesanía, radio, publicacións, sexoloxía, roupa, educación e crianzas, accións e identidade sexual, etc. Foi un primeiro paso cara a visibilización do noso potencial transformador e e materialización de iniciativas que nos sitúen nun novo camiño de construcción de vidas feministas.

A alcaldesa asina a meirande aportación do Concello do Porriño ao Festival de Cans en toda a súa historia

A alcaldesa asinou este xoves o convenio polo cal o Concello do Porriño aporta un total de 18.000 € á organización do Festival de Cans, que tera lugar na parroquia porriñesa dende o vindeiro día 18 ao 21 de maio .alcaldesa2

Esta cantidade supera en 3.000 € a achega que fixo o Concello o pasado 2015 e, como indicou Eva García de la Torre, é a meirande portación municipal na historia das trece edicións da cita co cinema que se fai en Galicia no que Cans, e o Porriño, é xa unha auténtica referencia.

Este ano, engadiu a alcaldesa, a presenza do festival espallarase por todo o Porriño e, á marxe das actividades propias do mesmo, que poden consultarse en www.festivaldecans.com. A Concellería de Cultura,da que a propia alcaldesa é titular, coordinará a organización de distintas actividades que xirarán  arredor de Cans e terán como escenario toda  a vila as datas anteriores ao inicio do festival.

A alcaldesa asiste á sinatura dun convenio entre a Deputación e o Clube Balonmán Porriño

Sinatura DeputaciónA presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, asinou este xoves, na sede do organismo provincial en Pontevedra, un convenio de colaboración co Club Balonmán Porriño por valor de 30.000 € para a “promoción do deporte e cooperación e colaboración no desenvolvemento de proxectos deportivos que incrementen a formación deportiva, cultural e social”, como indicou a alcaldesa.

O convenio que escolares e alumnado das escolas deportivas de balonmán que o soliciten poidan acceder, de xeito gratuíto mediante a expedición das correspondentes invitacións, ós partidos do Club Balonmán Porriño.

Carmela Silva subliñou que “este acordo ven a manifestar o firme compromiso da Deputación polo fomento do deporte, mais cun club como o Balonmán Porriño que aposta pola igualdade entre mulleres e homes e que conta cun equipo, o feminino, que compite na División de Honra, a elite do balonmán español”.

A ASEMBLEA XERAL DO CONSORCIO APROBA OS SEUS ORZAMENTOS PARA O ANO 2016, QUE SE INCREMENTAN EN MÁIS DUN 14% CHEGANDO AOS 67,8 MILLÓNS DE EUROS

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, presidir‡ a Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, presidir‡ a Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

    Na reunión deuse conta do balance do pasado 2015 e os asistentes aprobaron as principais liñas de acción para o 2016

  • O equipo de dirección do ente tamén informou sobre o acordo marco que a Xunta de Galicia asinará coa Federación Galega de Municipios e Provincias co que se revisarán as liquidacións que foron enviadas aos concellos

 

Santiago, 28 de abril de 2016.- A Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar celebrou hoxe a súa asemblea xeral na que se aprobaron por unha ampla maioría os orzamentos para o ano 2016, que aumentan un 14,26% con respecto ao ano anterior, situándose nos 67.811.000 euros. Á reunión, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, acudiu o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, en calidade de presidente do Consorcio.

 

Os asistentes aprobaron as principais liñas de acción para o ano 2016 ás que se destinarán dito orzamento e que engloban diferentes ámbitos de actuación. Asemade, a Asemblea Xeral tamén deu conta do balance do 2015. No eido das persoas maiores, o principal ámbito de actuación do Consorcio segue a ser o crecemento e o mantemento da Rede Pública de Centros de Atención ás Persoas Maiores. Neste sentido, os centros de día do Consorcio veñen definidos como centros xerontolóxicos de alcance social e terapéutico e de apoio ás familias, que prestan atención diúrna ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no entorno habitual. No 2015 se finalizou a obra de construción e equipamento do centro residencial de Foz e se iniciou a obra da Miniresidencia e Centro de Día de Vilardevós. A día de hoxe, o Consorcio xestiona unha rede de centros que comprenden 53 centros de día con capacidade para 2.064 usuarios; 6 fogares residenciais e 1 residencia con capacidade para 170 usuarios; e 6 vivendas comunitarias con capacidade para 96 persoas.

 

Xunto cos centros, o programa de comida a domicilio Xantar na Casa facilita o benestar e a atención social a persoas maiores, dependentes ou en risco de exclusión, facilitando e garantindo unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás súas necesidades.

 

Por outra banda, o Consorcio participa da xestión da Rede Galega de Escolas Infantís, un proxecto educativo de calidade para nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos que ten por obxecto, dende a tolerancia e o respecto, permitir a conciliación da vida laboral e persoas da cidadanía galega. Ao longo do ano 2015 entraron en funcionamento 11 centros, o que se traduciu nun incremento total de 534 novas prazas. Os centros abertos foron os de Boiro- O Saltiño, Porto do Son, Muros, Malpica de Bergantiños, Oroso e Meira, todos eles con 41 prazas. Tamén se puxeron en marcha infraestruturas deste tipo nos concellos de Narón (con 82 prazas) e Salvaterra (61 prazas). Así mesmo, grazas ao convenio de colaboración coa Fundación Amancio Ortega, tamén entraron en funcionamento os centros de Melide, con 61 prazas e Cambre- O Temple, con 82 prazas. En definitiva, o Consorcio pechou o ano 2015 xestionando 7.104 prazas en 132 escolas infantís distribuídas por todo o territorio galego.

Outro dos ámbitos de actuación do Consorcio é a loita contra a pobreza, a exclusión social e calquera forma de discriminación a través da Estratexia de Inclusión Social de Galicia. Nesta actuación traballan 18 equipos nas diferentes oficinas de inclusión repartidas polo territorio e outro equipo máis no Módulo Xove do Centro Penitenciario de Teixeiro, todos eles baixo a coordinación de persoal dos servizos centrais do Consorcio en Santiago. Cómpre destacar que no pasado ano os equipos de inclusión atenderon a un total de 10.230 persoas.

 

A atención á xuventude ten tamén cabida na xestión do Consorcio, a través dos Centros Quérote+, nos que se está a desenvolver o programa de asesoramento e de carácter informativo aos mozos e mozas posto en marcha pola actual Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. No pasado 2015 ofreceron asesoramento a máis de 6.000 usuarios.

 

O Consorcio xestiona tamén o Centro de Emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero na cidade de Vigo que, integrado na Rede Galega de Acollemento dependente da Secretaría Xeral de Igualdade, ofrece acollemento de urxencia e atención psicolóxica, xurídica e social ás mulleres e ás persoas menores ao seu cargo. O pasado ano ingresaron neste centro 59 mulleres e 26 menores.

 

Así mesmo, a Xerencia do ente chegada hai 6 meses, deu conta do diálogo fluído iniciado coa FEGAMP coa intención de buscar un acordo cos concellos que permitirá un modelo no que todos poidan sentirse cómodos e ao mesmo tempo se garanta a prestación dos servizos. É dicir, establecer un novo modelo de cofinaciamento destes centros que permita dar viabilidade económica e garantía de futuro aos servizos que se prestan no ámbito local por parte do Consorcio. Con esta intención xa se negociou o acordo marco que a Xunta de Galicia asinará coa Federación Galega de Municipios e Provincias, o que suporá tamén revisar todas as liquidacións que foron enviadas aos concellos, que quedarán sen efecto, ata que se revisen de acordo cos novos criterios pactados. Tamén supón que xa dende 2016 entre en funcionamento un novo modelo de cofinaciamento claro e equitativo que garanta a viabilidade económica destes servizos tan importantes no ámbito local. A Xunta de Galicia pretende polo tanto, abrir unha nova etapa do Consorcio como instrumento de colaboración entre a administración autonómica e as municipais para a prestación de servizos no ámbito local.

 

 

 

 

 

AIMEN y ACLUNAGA presentan innovadoras soluciones tecnológicas de unión de alta productividad para mejorar la competitividad de los astilleros

 

SONY DSC

SONY DSC

Durante la jornada “Soluciones de soldadura mediante arco eléctrico de alta productividad”, enmarcada dentro de la iniciativa Shipbuilding 4.0, se han dado a conocer sistemas de soldadura de arco eléctrico monitorizados que permiten controlar los procesos de forma online.

  • Las soluciones presentadas consiguen identificar posibles errores antes de la fase de inspección y reducir de forma considerable las tareas de retrabajado.

Pie de foto (de izqda. a dcha.): Daniel Gesto, coordinador de Shipbuilding 4.0 en AIMEN Centro Tecnológico; y Romina Bastón, representante de ACLUNAGA, durante la inauguración de la jornada.

Afundación, galardoada con Premio CONJUPES 2016

A Confederación Nacional de Jubilados y Pensionistas de España (CONJUPES) outorgou o seu premio 2016 a Afundación, en recoñecemento ao traballo que desenvolve esta entidade para poñer en valor o papel das persoas maiores na sociedade, a través da súa área de Envellecemento Activo, unha das súas tres liñas de actuación estratéxicas. O presidente de CONJUPES, Vicente Sanz Fernández, entregou hoxe o galardón a Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, nun acto celebrado en Vigo no que Miguel Ángel Escotet salientou a importancia que ten para Afundación o traballo no ámbito do envellecemento activo. «As persoas de máis idade ofrecen valiosos recursos, a miúdo ignorados, que realizan unha importante contribución á estrutura das nosas sociedades. En Afundación somos conscientes de todo este valioso potencial e para iso traballamos para potenciar a súa participación na sociedade, de acordo cos seus desexos, as súas necesidades e as súas capacidades.»