Poesía Visual alumnos de Primaria e grupos de Conversa en Inglés na Biblioteca Municipal
Dende este luns, día 2 e ata o vindeiro día 6, os colexios públicos do Porriño acollerán o taller de poesía visual “Proxecto Caligrama 2000” enfocado a nenos de Primaria, impulsado pola Concellería de Educación e impartido polo poeta David Fernández Rivera.
A través deste proxecto búscase un cambio de perspectiva no neno para algo tan importante para construír a súa identidade e pensamento como o é a poesía. En opinión de Fernández, desde a poesía visual, o pequeno chega a comprender que a poesía é inabarcable e que pode e debe chegar a espazos tan interesantes como o son o son, o teatro ou a danza.
Doutra banda, os día, 3, 10, 24 e 31 de maio 19:00 a 20:00 horas, na Biblioteca Municipal, iniciase a segunda quenda dos grupos de Conversación en Inglés, para persoas adultas cun nivel medio de inglés falado. Trátase da continuación da actividade iniciada o pasado mes de marzo e que seguirá na terceira quenda, en outubro e a cuarta en novembro.
As persoas interesadas en participar nesta actividade deben realizar a inscrición previa, de xeito presencial, na Biblioteca Municipal . As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño.
A XESTIÓN DO CONCELLEIRO DE VÍAS E OBRAS DIANTE DA XUNTA PERMITE O ADECENTAMENTO DAS ROTONDAS DA CASILLA, NA PARROQUIA DE ATIOS, QUE PRESENTABAN UN ESTADO DE ABANDONO
O concelleiro de Vías e Obras e tenente de alcalde, Manuel Carrera, acadou que os servizos correspondentes da Xunta de Galicia acometerán a semana pasada a limpeza das dúas rotondas da Casilla, na parroquia de Atios que, indicou, presentaban un estado de abandono preocupante.
Carrera fixo unha xestión diante da Administración Autonómica, logo de acreditar que a limpeza desta zona era competencia da mesma e, “en poucas datas, algo que agradezo”, obtivo unha resposta positiva por parte das autoridades da Xunta que, “axiña, cunha axilidade que teño que salientar”, acometeron os traballos.
Os mesmos, indicou o tenente de alcalde, fixeron posible que quedase adecentada esta zona, “unha das principais entradas do Porriño pola que cada día circulan milleiros de vehículos”. Os traballos consistiron no desbroce das devanditas rotondas, a retirada de grava que estaba solta nos cruzamentos de acceso á parroquia, e o emprego de hidrolimpadoras para adecentar as beiras da estrada e previr posibeis accidentes.
A XUNTA DE GALICIA, A OBRA SOCIAL LA CAIXA E O CONCELLO DE VIGO COLABORAN NUN PROXECTO CONXUNTO PARA LOITAR CONTRA A POBREZA INFANTIL NA CIDADE
O conselleiro de Política Social salienta a importancia da colaboración entre administracións para que “as políticas sociais cheguen ás persoas e familias con menos recursos e máis vulnerables”
- Destaca o aumento do 12% nos orzamentos destinados a políticas sociais para este ano 2016, o Plan contra a Desigualdade Económica ou a nova Estratexia Galega para a Infancia e a Adolescencia 2016-2020
- CaixaProinfancia é un programa da Obra Social la Caixa centrado na atención a familias con nenos de entre 0 e 18 años en situación de vulnerabilidade
- A Consellería de Política Social, a Obra Social la Caixa e o Concello de Vigo identificarán e analizarán conxuntamente a distribución territorial das situacións de vulnerabilidade social e de risco de exclusión para definir una proposta de servizos conxunta.
Afundación celebra o seu Mes das Letras con variadas actividades
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) súmase á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao escritor Manuel María, co seu Mes das Letras, co que se ofrecen actividades para escolares e de carácter interxeracional durante todo o mes de maio co obxectivo de achegar a vida e obra de Manuel María a grandes e pequenos. Así, a área educativa da entidade desenvolveu un completo programa para escolares que se compón de dúas actividades principais: «Conta contos: Os coloridos bigotes de Mimí», dirixida a nenos e nenas desde infantil a terceiro de primaria e «Ilustrando poemas a Manuel María», dirixida a escolares desde cuarto de primaria a bacharelato e ciclos formativos con poemas seleccionados pola Fundación Casa Museo Manuel María. Ademais, escolares e maiores tamén participarán en diferentes actividades interxeracionais, entre elas, teatro lido, actuacións do coro ou lectura de poemas, que se desenvolverán en Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense, Ferrol, Vigo e Monforte.
Con motivo del Día de la Madre, el Grupo Poético Brétema, actuó en Gondomar
El Grupo Poético Brétema, actuó el pasado día 30 de abril, en el auditorio Municipal del Concello de Gondomar, Lois Tobío, con motivo de celebrar el Día de la madre.
Fue un recital memorable, ya que el auditorio con 300 butacas estaba completo y gente que siguió el recital de pie. Fue un recital diferente ya que no tan solo se recito poesía, sino que una de las componentes de Brétema, Concha Díaz, erizo el cabello de los presentes con su extraordinaria voz, cantando canciones como negra sombra o Lela.
Se recitaron poemas emocionantes dedicados a las madres, aparte de otros dedicados a otros temas, incluidos los de Mariano Marcos de Abalo que siempre tiene alguno preparado en bis cómica. Igualmente actuó el dúo “No me calientes”, parodiando una micro obra de teatro donde los presentes no dejaron de reír todo el tiempo de su duración.
Los interludios los amenizo el Grupo de Danza de la escuela de Danza de Gondomar Paradela, que precisamente ese día cumplían 25 años de su fundación. Actuaron tres grupos desde las pequeñitas que fueron las delicias del público, un grupo de adolescentes y las propias madres participaron bailando dos piezas de zumba.
Estuvo presente el alcalde del municipio Francisco Ferreira, la concejala de Cultura Nuria Lameiro, el concejal de urbanismo Antonio Arauxo Quintas y el concejal de Seguridad Juan Antonio González.
La concejalía de cultura a la salida le hizo entrega a cada madre de una flor.
Actuaron los siguientes poetas, Teresa Cariño Davila, Alonso Rodríguez Galego, Gelu García Susavila, Elisa Mariñas Robleda, Miguel Correa Nogueira, Candela Fernández Mouriño, Rosa María Romay, Mariano Marcos de Abalo, Montserrat Copa Arias, Amante Romero Álvarez, Isaura Lago Álvarez, Mary Ferreira Álvarez, Anselmo Prada León, Esmeralda Muiños Rodríguez, Lara Fernández y María Luisa López que hizo de conductora del acto.
El grupo Brétema quiere agradecerles desde estas páginas la asistencia de las autoridades, así como la magnífica actuación de las alumnas de la Escuela de Danza Paradela de Gondomar, e igualmente felicitarles por la larga trayectoria que vienen llevando sin decaer.
A XUNTA DE GALICIA, A OBRA SOCIAL LA CAIXA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA COLABORAN NUN PROXECTO CONXUNTO PARA LOITAR CONTRA A POBREZA INFANTIL NA CIDADE
O conselleiro de Política Social salienta a importancia da colaboración entre administracións para que “as políticas sociais cheguen ás persoas e familias con menos recursos e máis vulnerables”
- Destaca o aumento do 12% nos orzamentos destinados a políticas sociais para este ano 2016, o Plan contra a Desigualdade Económica ou a nova Estratexia Galega para a Infancia e a Adolescencia 2016-2020
- CaixaProinfancia é un programa da Obra Social la Caixa centrado na atención a familias con nenos de entre 0 e 18 años en situación de vulnerabilidade
- A Consellería de Política Social, a Obra Social la Caixa e o Concello de Pontevedra identificarán e analizarán conxuntamente a distribución territorial das situacións de vulnerabilidade social e de risco de exclusión para definir una proposta de servizos conxunta.
A XUNTA DE GALICIA REMITE AO CONCELLO DE VIGO O CONVENIO PARA FORMALIZAR A SÚA ADHESIÓN AO TRANSPORTE METROPOLITANO
- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, lembraron esta mañá en rolda de prensa que é o trámite que falta tras aprobar a modificación do texto os 14 concellos
- Os dous representantes da Administración autonómica coincidiron en afirmar que se proceda “canto antes” a súa sinatura
Vigo, 02 de maio de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, ven de remitirlle ao Concello de Vigo o texto do convenio co que formalizar a súa adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano.
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, compareceron esta mañá en rolda de prensa para informar deste asunto e dos trámites que faltan para continuar coa tramitación da modificación da Lei da Área Metropolitana de Vigo.
E coma ben lembraron ambos representantes da Administración autonómica, tras a aprobación da modificación do texto polos 14 concellos –o último foi Salceda de Caselas o pasado venres- despois do acordo pactado na reunión do 22 de febreiro, o segundo requisito rubricado pasaba pola incorporación de Vigo ao Transporte Metropolitano. “É polo que estamos a esperar”, sinalou López-Chaves, matizando que “soamente falta Caballero” para que se poida continuar coa tramitación da Lei. “Que ratifique a súa incorporación”, solicitoulle o delegado da Xunta. Na mesma liña se pronunciou o director xeral de Administración Local, quen lle pediu “celeridade” para que proceda “canto antes” a súa sinatura.
Con todo, Alberto Pazos amosou a súa “satisfacción” porque “por fin” os 14 concellos ratificaron de forma efectiva a modificación do texto tras chegar a un “amplísimo consenso” no encontro do pasado 22 de febreiro. Aínda así, lembrou que “tras cumprir” ese primeiro punto da “folla de ruta” pactada, agora estase “pendente” desa segunda parte que pasa pola incorporación de Vigo ao Transporte Metropolitano.
Deste xeito, e tendo en conta dito compromiso asumido polos 14 alcaldes no relativo á incorporación da cidade olívica ao Transporte, a Dirección Xeral de Mobilidade á vista dos últimos avances producidos na tramitación da Lei, decidiu remitir hoxe mesmo o texto do convenio co Concello de Vigo para proceder a súa aprobación polo órgano municipal correspondente.
Novos obradoiros de cociña para o mes de maio na Sede Afundación de Vigo
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta a súa nova proposta de cursos de cociña para o mes de maio na sede da entidade de Vigo (Policarpo Sanz, 26). «Bocados deliciosos», dirixido a público adulto, terá lugar os xoves 5, 12, 19 e 26 de maio en horario de 20.00 a 22.00 h. Ademais, durante o mesmo mes, tamén se impartirá o curso «Cocina & Family», deseñado para nenas e nenos con idades entre os 7 e os 14 anos, os sábados 7, 14, 21 e 28 de 11.00 a 13.00 h. As inscricións pódense realizar a través de www.ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.
Microconcerto de Los Turbis, mañá ás 13.30 h no Centro Comercial do Campus de Vigo
Vigo, 2 de maio de 2016.- Mañá, 3 de maio, terá lugar o segundo microconcerto doprograma Ensaiamos, Colleita 2016, que, nesta ocasión, correrá a cargo de Los Turbis. O grupo, composto por Antón Seone Botana, Pipo, e Nil Dalmases Belso, Milk, define a súa proposta como rock turbio dos pantanos de Louisiana. A actuación terá lugar ás 13.30 horas no Centro Comercial do Campus de Vigo.
O concerto principal do Festival terá lugar o mércores, 4 de maio, e reunirá no Teatro de Cidade Universitaria a cinco grupos participantes no programa Ensaiamos Colleita 2016. Neste programa, que a UVigo promove desde o 2006, ofrécese a grupos -nos que polo menos haxa un membro da comunidade universitaria para os dúos e dous para as bandas a partir de tres membros – un lugar onde ensaiar e parte do equipo de son necesario para facelo.
A XUNTA DE GALICIA, A OBRA SOCIAL LA CAIXA E O CONCELLO DE VIGO COLABORAN NUN PROXECTO CONXUNTO PARA LOITAR CONTRA A POBREZA INFANTIL NA CIDADE
O conselleiro José Manuel Rey Varela presentou o proxecto xunto ao alcalde de Vigo mais o director corporativo da área Social da Fundación Bancaria la Caixa
- O conselleiro de Política Social salienta a importancia da colaboración entre administracións para que “as políticas sociais cheguen ás persoas e familias con menos recursos e máis vulnerables”
- Destaca o aumento do 12% nos orzamentos destinados a políticas sociais para este ano 2016, o Plan contra a Desigualdade Económica ou a nova Estratexia Galega para a Infancia e a Adolescencia 2016-2020
- CaixaProinfancia é un programa da Obra Social la Caixa centrado na atención a familias con nenos de entre 0 e 18 años en situación de vulnerabilidade
- A Consellería de Política Social, a Obra Social la Caixa e o Concello de Vigo identificarán e analizarán conxuntamente a distribución territorial das situacións de vulnerabilidade social e de risco de exclusión para definir una proposta de servizos conxunta.