A XESTIÓN DO CONCELLEIRO DE VÍAS E OBRAS DIANTE DA XUNTA PERMITE O ADECENTAMENTO DAS ROTONDAS DA CASILLA, NA PARROQUIA DE ATIOS, QUE PRESENTABAN UN ESTADO DE ABANDONO

Carrera rotonda Atios (1)O concelleiro de Vías e Obras e tenente de alcalde, Manuel Carrera, acadou que os servizos correspondentes da Xunta de Galicia acometerán a semana pasada a limpeza das dúas rotondas da Casilla, na parroquia de Atios que, indicou, presentaban un estado de abandono preocupante.

Carrera fixo unha xestión diante da Administración Autonómica, logo de acreditar que a limpeza desta zona era competencia da mesma e, “en poucas datas, algo que agradezo”, obtivo unha resposta positiva por parte das autoridades da Xunta que, “axiña, cunha axilidade que teño que salientar”, acometeron os traballos.

Os mesmos, indicou o tenente de alcalde, fixeron posible que quedase adecentada esta zona, “unha das principais entradas do Porriño pola que cada día circulan milleiros de vehículos”. Os traballos consistiron no desbroce das devanditas rotondas, a retirada de grava que estaba solta nos cruzamentos de acceso á parroquia, e o emprego de hidrolimpadoras para adecentar as beiras da estrada e previr posibeis accidentes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: