A XUNTA DE GALICIA, A OBRA SOCIAL LA CAIXA E O CONCELLO DE VIGO COLABORAN NUN PROXECTO CONXUNTO PARA LOITAR CONTRA A POBREZA INFANTIL NA CIDADE
O conselleiro de Política Social salienta a importancia da colaboración entre administracións para que “as políticas sociais cheguen ás persoas e familias con menos recursos e máis vulnerables”
- Destaca o aumento do 12% nos orzamentos destinados a políticas sociais para este ano 2016, o Plan contra a Desigualdade Económica ou a nova Estratexia Galega para a Infancia e a Adolescencia 2016-2020
- CaixaProinfancia é un programa da Obra Social la Caixa centrado na atención a familias con nenos de entre 0 e 18 años en situación de vulnerabilidade
- A Consellería de Política Social, a Obra Social la Caixa e o Concello de Vigo identificarán e analizarán conxuntamente a distribución territorial das situacións de vulnerabilidade social e de risco de exclusión para definir una proposta de servizos conxunta.