Afundación celebra o seu Mes das Letras con variadas actividades

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) súmase á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao escritor Manuel María, co seu Mes das Letras, co que se ofrecen actividades para escolares e de carácter interxeracional durante todo o mes de maio co obxectivo de achegar a vida e obra de Manuel María a grandes e pequenos. Así, a área educativa da entidade desenvolveu un completo programa para escolares que se compón de dúas actividades principais: «Conta contos: Os coloridos bigotes de Mimí», dirixida a nenos e nenas desde infantil a terceiro de primaria e «Ilustrando poemas a Manuel María», dirixida a escolares desde cuarto de primaria a bacharelato e ciclos formativos con poemas seleccionados pola Fundación Casa Museo Manuel María. Ademais, escolares e maiores tamén participarán en diferentes actividades interxeracionais, entre elas, teatro lido, actuacións do coro ou lectura de poemas, que se desenvolverán en Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense, Ferrol, Vigo e Monforte.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: