A XUNTA ASINARÁ UN CONVENIO COA FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO PARA DISTRIBUÍR 1.000 CORTAVENTOS REFLECTANTES QUE FAGAN AOS DEPORTISTAS MÁIS VISIBLES NAS ESTRADAS

  • A Coruña A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participará nunha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, representantes da Dirección Xeral de Tráfico e da Federación Galega de Ciclistas para coordinar actuacións de protección destes usuarios das estradas. Na Delegación do Goberno 03/05/2016 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    A Coruña
    A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participará nunha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, representantes da Dirección Xeral de Tráfico e da Federación Galega de Ciclistas para coordinar actuacións de protección destes usuarios das estradas. Na Delegación do Goberno
    03/05/2016
    Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    Ethel Vázquez sinala que os ciclistas son un colectivo de especial atención no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 da Xunta de Galicia, no que se recollen actuacións concretas para a súa protección

 

A Coruña, 3 de maio de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que a Xunta asinará proximamente un convenio de colaboración coa Federación Galega de Ciclismo para a distribución de, polo menos, 1.000 cortaventos reflectantes que contribúan á visibilidade destes deportistas nas estradas.

 

A titular de Infraestruturas do Goberno galego, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou hoxe nunha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, membros da Dirección Xeral de Tráfico, da Garda Civil e da Federación Galega de Ciclismo coa fin coordinar medidas de protección para estes usuarios das estradas.

 

Ethel Vázquez destacou que os cortaventos son a prenda máis axeitada para facilitarlles a práctica do deporte e a ela se incorporán toda as medidas que indiquen os técnicos para garantir que os deportistas sexan visibles na estrada.

 

Sinalou que os ciclistas foron un colectivo de especial atención no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 que acaba de aprobar a Xunta de Galicia e nel se recollen actuacións concretas que lles darán máis seguridade.

 

A conselleira avogou pola colaboración para avanzar na protección dos usuarios vulnerables das estradas a través do diálogo e contando cos expertos en seguridade viaria e con representantes dos deportistas, na procura de solucións de consenso que redunden no beneficio de todos.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: