O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL SUBLIÑA QUE O PROGRAMA DE ADOPCIÓNS ESPECIAIS GARANTE “A PROTECCIÓN DO MENOR EN SITUACIÓN DE DESAMPARO A TRAVÉS DA INTEGRACIÓN NUNHA FAMILIA”

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentará en rolda de prensa o programa de adopcións especiais que a Xunta de Galicia leva a cabo en colaboración coa Fundación Meniños. Na sala de prensa (3º andar).  foto xoán crespo 03/05/16

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentará en rolda de prensa o programa de adopcións especiais que a Xunta de Galicia leva a cabo en colaboración coa Fundación Meniños. Na sala de prensa (3º andar).
    foto xoán crespo
    03/05/16

    Explica que “o menor posúe o dereito de crecer no seo dunha familia, polo que o noso traballo correspóndese con atopar a familia axeitada que o neno precisa”

  • Identifica tres características fundamentais dos menores do programa de adopcións especiais como son a idade (a partir dos 8 anos); unha enfermidade, discapacidade ou diagnóstico incerto; ou un grupo de irmáns, sobre todo cando se trata de 3 ou máis

 

Santiago, 3 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, presentou esta mañá en rolda de prensa o programa de adopcións especiais que a Xunta de Galicia leva a cabo en colaboración coa Fundación Meniños. Na súa intervención o conselleiro salientou a importancia dun recurso como a adopción, “unha medida de protección do menor en situación de desamparo consistente na súa integración nunha familia”. O responsable da área social identificou aos menores que viven en Galicia como “unha das maiores responsabilidades da Administración Pública, por non dicir a maior”. “Eles son o futuro da nosa sociedade polo que lles dedicamos todo o noso esforzo para que poidan gozar  da mellor calidade de vida posible”, engadiu.

 

Segundo explicou o conselleiro, “o menor posúe o dereito de crecer no seo dunha familia, polo que o noso traballo correspóndese con atopar a familia axeitada que o neno precisa”. Nesta liña advertiu que “non todas as familias están preparadas para adoptar a un neno, sobre todo cando se trata de nenos con algunha circunstancia especial”.

 

Na rolda de prensa que tivo lugar en San Lázaro, o conselleiro falou ao abeiro do programa de adopcións especiais que a Xunta desenvolve con aqueles nenos ou nenas con necesidades especiais que teñen máis dificultades para atopar unha familia de adopción. Deste xeito, Rey Varela identificou tres características fundamentais dos menores do programa de adopcións especiais como son a idade (a partir dos 8 anos as familias móstranse menos dispoñibles para a adopción); unha enfermidade, discapacidade ou diagnóstico incerto (que xeran dúbidas na capacitación dos pais); ou un grupo de irmáns, sobre todo cando se trata de 3 ou máis (aos que sempre se intentará manter unidos no mesmo núcleo familiar).

 

O programa de adopcións especiais, informou o titular de Política Social, consta precisamente de tres obxectivos claros orientados nesta liña: sensibilizar á sociedade acerca deste tipo de adopcións, formar as persoas dispostas a facelo e apoiar a estas familias no seu proceso de integración adoptiva.

 

Cara a fin do seu relatorio, o conselleiro agradeceu o traballo de “tantas e tantas familias que se interesan por aqueles nenos con maiores dificultades, porque eles son os que máis precisan a nosa atención”. Do mesmo xeito animou a outras familias a que adopten e, “se se o poden permitir, a un neno con necesidades especiais”.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: