Archive | mayo 4, 2016

A XUNTA ADXUDICARÁ UNHA VIVENDA A UN DOS CIDADÁNS DE VIGO EN RISCO DE DESAFIUZAMENTO

  • Nos vindeiros días oficializarase a adxudicación do inmoble de Salvaterra de Miño, que hoxe foi visitado polo afectado
  • A Administración autonómica concedeu o Bono de Alugueiro Social ás familias viguesas en risco de quedar sen fogar e puxo á súa disposición os inmobles desocupados na contorna da cidade

Vigo, 5 de maio de 2016.- A Xunta de Galicia adxudicará unha vivenda a un dos cidadás de Vigo en risco de desafiuzamento. Trátase dunha das persoas que o pasado luns iniciaron unha folga de fame ante o Concello.

Desde que tivo coñecemento da situación destas familias, a Xunta ven traballando para ofrecerlles unha solución. Así foilles concedido o Bono de Alugueiro Social e se lles ofreceron as vivendas baleiras que a Xunta posúe na contorna.

A Administración autonómica non posúe xa inmobles desocupados na cidade de Vigo, xa que nos últimos meses foron destinados a atender as necesidades urxentes de vivenda.

Hoxe mesmo, o persoal do servizo provincial de vivenda en Pontevedra ensinoulle a este afectado unha vivenda propiedade da Administración autonómica no Concello de Salvaterra de Miño. O afectado considerou este inmoble está adaptado as súas necesidades, polo que lle será adxudicada oficialmente nos próximos días. Así mesmo, o Executivo autonómico seguirá traballando para intentar realoxar a esta persoa nunha vivenda da cidade de Vigo.

 

 

Correlingua 2016 Vigo

A 16ª edición do Correlingua vai ter lugar en Vigo o vindeiro día 6 de maio

Baixo o lema: “ O Galego está en nós ”, doce carreiras pola lingua percorrerán 12 localidades galegas entre o 2 e o 16 de maio.

A edición 2016 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña xunto coa Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, entre outros, comezou o luns 2 de maio en Pontevedra e rematará en Ponteareas o 16 de maio.

 

O Correlingua, percorrerá doce localidades galegas entre o 2 e o 16 de maio, baixo o lema:   “O galego está en nós.

 

O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto, de banda deseñada, de video, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.

 

A marcha, que terá lugar en Vigo, o día 6 de maio, sairá da Praza do Concello ás once da mañá para rematar no Parque de Castrelos nunha festa final en que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará o grupo gañador do Cantalingua:ZENZAR. Para @s máis pequen@s desde as once da mañá actuará, no propio parque, o MAGO MARCO. Nesta edición participan en torno a 25 centros educativos (de educación infantil, primaria e secundaria) con aproximadamente 2000 alumn@s e 150 profesores.

 

Como todos os anos contaremos, para conducir o acto da festa final, con persoas de relevo na cultura galega e que, no seu día a día, defenden a nosa lingua, como é o caso de Talía Teatro, compañía teatral que leva máis de vinte anos difundindo a cultura galega por todo o país

 

Dará a saída á marcha na praza do Rei, ás 10:50, o alcalde de Vigo ABEL CABALLERO

A XUNTA ASESORARÁ AOS CONCELLOS SOBRE AS SÚAS COMPETENCIAS EN RELACIÓN Á ACTUALIZACIÓN CATASTRAL DAS CONSTRUCIÓNS RURAIS

A Administración do Estado está a realizar esta actualización ao abeiro do procedemento de regularización do Catastro

  • A normativa estatal establece que as construcións rústicas vencelladas a explotación agrarias, gandeiras ou forestais deixan de ter valor catastral cero
  • Con este asesoramento, os concellos terán máis información para exercer as súas competencias tributarias
  • A Xunta tamén informará aos concellos sobre o propio procedemento de regularización catastral, que incorpora ao Catastro os bens inmobles con construción e as alteracións das súas características
  • O obxectivo da Xunta é que os veciños poidan valorar e comprender este procedemento, e no seu caso efectuar as alegacións que precisen
  • Facenda subscribirá un convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias para fixar un sistema de colaboración entre ambas institucións.

Festa dos Cachos no Porriño o vindeiro domingo día 8

Presentacion Festa dos CachosO concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, o tenente de alcalde, Manuel Carrera, os representantes da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, o presidente da Asociación de Hostaleiros, José Manuel Fernández, entre outros integrantes de colectivos da vila, presentaron este mércores a ‘Festa dos Cachos’, que se celebra este domingo, día 8, no barrio do Cristo dos Cachos.

Marcelino Coto salientou a importancia que ten para o Porriño a recuperación desta tradición, que se perdera na década dos 80 do século pasado, e a laboura “altruista, constante e desinteresada” dos organizadores da mesma, “apoiados polo Concello que, un ano máis, suma o seu apoio para o seu mantemento”.

Coto amosouse convencido que a festa atraerá non so aos veciños do Porriño, senon a visitantes chegados de toda a provincia e, ademáis, quixo poñer en valor a aportación da Asociación local de Hostaleiros que axudaron a darlle máis pulo a esta iniciativa.

A festa dará comezo o domingo ao mediodía coa lectura de pregón, a cargo de Rebeca Leboso, que estivo presente na rolda de prensa de presentación da mesma e que dixo sentirse “moi orgullosa, coma porriñesa” de ser a pregoeira desta festa que amosa unha das tradicións centenarias da vila. Á lectura do pregón seguirá animación na rúa, sesión vermú, hinchabeis colocados polo Concello e, por suposto, a degustación dos cachos.

A historia dos cachos, como indicaron os participantes, “ven de lonxe”, dos tempos da resistencia das porriñesas e porriñeses contra a invasión napoleónica. Daquela no barrio, para honrar ao Cristo dos Aflixidos, instaurouse unha festa e, aos motivos relixosos, sumáronse outras actividades, entre elas  a gastronómica, cos centolos, os famosos ‘cachos’ coma protagonistas.

O presidente dos hostaleiros sinalou que os «cachos» se servirán a un prezo de 6 euros na carpa da festa, e de 7 euros nos seis restaurantes participantes na mesma: Val da Louriña, Maracaibo, Cólleo con pinzas, O Carreteiro, La de Chato e Manolo.

ELECTROSPLASH PRESENTA SU TERCERA TANDA DE CONFIRMACIONES Y MÁS SORPRESAS

  • Radio Slave y Meneo, entre los últimos confirmados
  • Salen los abonos SUPER SPLASHERunnamed
  • Más sorpresas, Más allá de la Música…

A escasos 70 días para el comienzo de una nueva edición de Electrosplash, el festival mediterráneo, celebrado en la playa de Fora-Forat, en la localidad de Vinaròs en Castellón, añade a su cartel artístico seis incorporaciones para los gustos más exigentes y variopintos…

Y es que han dado el sí quiero final, sumándose a artistas de la talla de Âme, Boris Carloff, Dorian, Fort Romeau o Fred P., DAVID KANO, ELESBAAN, IVAN SERRA B2B DUBPAPER, KEVIN YOST, MENEO & RADIOSLAVE.

DAVI KANO, compositor, DJ, productor… Es una de las personalidades más activas de la música madrileña. Kano imprime una personalidad característica a todo lo que pasa por sus manos. ¡Bienvenido a Eletrosplash, David!

ELESBAAN, nacido en 1975, es uno de los iconos locales de mayor repercusión en toda España. Siendo invitado de excepción en los eventos de mayor relevancia. ¡En Electrosplash 2016 simplemente no queríamos perdernos a Elesbaan!

IVAN SERRA y DUBPAPER presentarán en Electrosplash un set b2b muy especial. A Dubpaper le diferencia su apuesta valiente por un selecto sonido underground. Iván Serra, ferviente defensor de la cultura de club, es el mítico residente en el no menos legendario Metro Dance Club. Así son Dubpaper e Iván Serra. ¡Así lo viviréis en Electrosplash!

KEVIN YOST, dedicado en sus primeros años a la percusión y la batería, pronto empezó a escuchar jazz, influido por gente como Chuck Mangione. Kevin se ha establecido como uno de los remixers más respetados de EEUU, trabajando en temas de los japoneses Kodo Drummers, Josh Wink, Everything But The Girl y Eric Clapton. ¡No os lo podéis perder! ¡Sólo en Electrosplash!

MENEO es Rigo Pex, más conocido como MENEO, es un musicólogo, performer y presentador guatemalteco, parte de los primeros productores en mezclar sonidos electrónicos con latinos. Residente en España desde 2006, ha pasado por festivales de la talla de Primavera Sound, Electric Picninc o Mysteryland. ¡No dejará a nadie indiferente! ¡A ver qué nos trae a Electrosplash!

RADIO SLAVE, es Matt Edwards, adicto al vinilo que adora el house musculoso más alocado y el funk fracturado con el que se ha hecho un nombre en las free parties de Gales o Brighton. También posee otros alias, como Matthew E, Quiet Village (a medias con su compañero Joel Martin) y Sea Devils, y publicaciones en  Skint, Classic o Whatever We Want. ¡Un gran artista para un gran festival: Electrosplash!

Además de las nuevas incorporaciones de artistas, desde Electrosplash seguimos trabajando en el desarrollo de contenidos Más Allá de la Música. En este sentido volveremos a contar con actividades deportivas playeras, que irán desde el beach volley al paddle surf, sacando partido a la maravillosa Costa del Azahar y su Mar Mediterráneo, fiel guardián de los mejores sonidos festivaleros.

Muchas sorpresas que siguen dando sentido a nuestro leitmotiv, Beyond Music, haciendo de nuestro festival una experiencia inolvidable y compartida entre todos los Splashers. Es por esta razón que tenemos una sorpresa muy especial preparada para todos, en forma deconcurso de talentos, del cual iremos revelando detalles y bases durante las siguientes semanas.

Y no nos olvidamos de que este año contaremos con los abonos SUPER SPLASH, una tipología de abonos para nuestros Splashers más exigentes: Entradas dirigidas a los asistentes que buscan una experiencia aún más completa sumada a una serie de servicios exclusivos.

Entre las ventajas de esta categoría podremos contar, además de con los habituales servicios Premium en cocktelería, combinados y marcas, con atención personalizada en mesa,seguridad privada con control de acceso, aseos Premium con acabados de madera e incluso una pool zone privada para “refreshcarte” entre baile y baile, siempre bajo el compromiso 0 colas. Además, las zonas exclusivas para los abonos SUPER SPLASH tendrán su propiosoundsystem con formato de fiestas temáticas, incluyendo artistas y celebrities invitadosademás de tener su propio parking privado, permitiendo la entrada y salida sin restricción. ¡Así que estad atentos!

3 días de música, de risas, de sol, de playa, de abrazos, de reencuentros… 3 días para la historia, nuestra historia, vuestra historia… ¡Electrosplash, Más allá de la Música!

CARTEL ELECTROSPLASH 2016 (1er+2do+3er AVANCE)

ÂME/ BEAROID/ BENEDIKT FREY/ BLD/ BORIS CARLOFF/ DANIEL KYO/ DAVID KANO/ DJ COCO/ DORIAN/ EDUARDO DE LA CALLE/ EDWARD/ ELESBAAN/ ERNIE/ FORT ROMEAU/ FRED P/ GATO/ HELENA HAUFF/ HUNEE/ IVÁN SERRA B2B DUBPAPER/ KARATE DANCER/ KEVIN YOST/ KRESY/ MENEO/ PLAYLESS/ POLOCK/ RADIO SLAVE/ SKYGAZE/ SUTJA GUTIÉRREZ/ TAMA SUMO/ THE SUICIDE OF WESTERN CULTURE/ TORNADO WALLACE/ WAS/ XDB/

Consulta la sección de artistas en nuestra web
Hazte con tu abono de 3 días a un precio de 39 €

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA A ORDE DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES PRIVADAS INSCRITAS NO REXISTRO DE ACCIÓN VOLUNTARIA DE GALICIA

  • Estas axudas teñen un orzamento conxunto de 145.245 euros e permitirán subvencionar programas e actuacións nas áreas de sensibilización, que inclúe xornadas, campañas e estudos, formación e coordinación para fomentar o traballo en rede das entidades
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, lembrou esta información durante a visita que realizou hoxe ás dúas voluntarias procedentes de Bélxica e Romanía que participan nun proxecto de nove meses de duración do Servizo Voluntario Europeo na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)

 

Santiago, 4 de maio de 2016.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova orde de subvencións dirixidas a entidades privadas inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia para o fomento e realización de actividades de voluntariado durante 2016. Estas axudas, que se outorgarán en réxime de concorrencia competitiva, teñen un orzamento conxunto de 145.245 euros e permitirán subvencionar programas e actuacións nas áreas de sensibilización, que inclúe xornadas, campañas e estudos, formación e coordinación para fomentar o traballo en rede das entidades.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, lembrou hoxe esta información durante a súa visita ás dúas voluntarias procedentes de Bélxica e Romanía que participan nun proxecto de nove meses de duración do Servizo Voluntario Europeo na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) en Santiago. No acto, Cecilia Vázquez destacou que esta nova orde, xunto coa do Servizo de Voluntariado Xuvenil, supoñen un investimento de máis de 500.000 euros no soporte das actividades das entidades de acción voluntaria, un 5% máis que en 2016.

 

Os conceptos subvencionables dos proxectos de voluntariado que se acollan a esta orde, serán os gastos correntes das actividades dos proxectos, a contratación de persoal técnico, a adquisición de material funxible, os servizo de comunicacións e os seguros de responsabilidade civil e de accidentes das persoas voluntarias.

 

A contía máxima de axuda por proxecto será de 4.000 euros e non poderán exceder do 75% do orzamento total. Co fin de que a falta de financiamento non sexa impedimento para levar a cabo os proxectos, a orde tamén contempla a posibilidade de realizar pagamentos anticipados de ata o 80% da axuda. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes e os criterios de valoración serán a coherencia xeral do proxecto, a súa viabilidade e sustentabilidade, a innovación e o emprego da lingua galega.

Noticias Mayo | Malandrómeda, Follakzoid, TriCiclo [10], BMAT, Festas da Ascensión, Matapadre, .

VIII Festa Malandrómica en Santiago de Compostela
 
El 14 de mayo tendrá lugar en Santiago de Compostela la VIII Festa Malandrómica. Después de dejar a todo el mundo con ganas de más tras su ruta por 14 bares el pasado mes de febrero en ‘De chea con Malandrómeda’, un evento que buscaba la calidez entre artista y público, los compostelanos buscan ahora la calidad de un concierto en sala para presentar ante su gente, sus dos nuevos discos ‘Cada can que lamba o seu carallo’ e ‘Os corenta e oito nomes do inimigo’. En un concierto en el que estarán acompañados por la improvisación multi-instrumental de Urro.
14.05 | 21:00h | Sala Malatesta | Santiago de Compostela
Entradas: 7€/10€ | El Muelle, A Reixa y www.workonsunday.es
Puedes consultar aquí el evento de Facebook.
 unnamed (2)

 

 TriCiclo [10]: Follakzoid, Bala y Jay – diseña Hugo G. Santeiro
En Junio vuelve nuestro TriCiclo de conciertos, el evento que aúna tres propuestas musicales con tres gráficas continúa apostando por programar en Galicia algunos artistas y estilos difíciles de ver. La cita es esta vez en la Fundación SGAE de Santiago de Compostela, el 16 de junio, y las tres bandas que participarán en esta décima edición son los chilenos Föllakzoid (Sacred Bones), Bala (Matapadre) y Jay (Seara/Discos Humeantes). Los posters, tres en total que iremos desvelando próxmamente, son obra de Hugo G. Santeiro.
 unnamed (1)
16.06 | 21:00h | Fundación Sgae | Santiago de Compostela
Entradas: 12€/15€ |  A Reixa y www.workonsunday.es
Puedes consultar aquí el evento de Facebook.
Programa de bandas locales por las fiestas de la Ascensión
Esta semana estaremos trabajando en las fiestas de la Ascensión de Santiago de Compostela, donde colaboramos con la producción y programación de un escenario orientado a artistas locales en la Praza do Toural. La primera cita es hoy miércoles con Chicharrón, que presentarán su recientemente editado segundo trabajo ‘Postal’ (Prenom, 2016). El jueves 5, Labregos do Tempo dos Sputniks llenarán la plaza de hip hop, rock, punk y música de raíz. El viernes los protagonistasserán Mad Martin Trío y su primer LP ‘Time to go mad'(Vintjärn Records). Cierran esta semana de conciertos Os Novos, el veterano trío compostelano de punk rock del sello independiente Lixo Urbano.
04.05 | 23:30h | Chicharrón | Praza do Toural
05.05 | 23:30h | Labregos do Tempo dos Sputniks
06.05 | 23:30h | Mad Martin Trío | Praza do Toural
07.05 | 23:30h | Os Novos | Praza do Toural
 unnamed (3)
Pesentamos Vericast en colaboración con BMAT
 
Desde comienzos de este año, estamos colaborando con la empresa catalana BMAT para la implantación, en los bares musicales, pubs y discotecas de Galicia que lo deseen, de un dispositivo de monitorización con el que se busca obtener datos reales de cara al posterior reparto de derechos generados en dichos establecimientos. Se trata de recoger la señal de lo que suena en cada local y enviarlo a un ordenador central que lo identifica automáticamente a través de una huella digital, facilitando de este modo una distribución de royalties eficiente y trasnparente. Los locales que deseen recibir más información pueden contactarnos en bmat@workonsunday.es.
Se acercan los festivales de verano, es hora de hacer planes y organizarse para no perderse nada. Pronto habrá más novedades, pero por el momento esta es la agenda de las bandas de Matapadre para los próximos meses:
07.05 Malandrómeda Carballo Interplay Carballo
14.05 Malandrómeda Sala Malatesta Santiago de Compostela
28.05 Bala Pub Indie Ferrol
16.06 Bala TriCiclo [10] Santiago de Compostela
17.06 Bala Playa Club A Coruña
24.06 Guerrera La Choza Fest Gran Canaria
13.08 Bala Sonic Blast Moledo, Portugal
19.08 Malandrómeda Osa do Mar Burela
20.08 Guerrera Osa do Mar Burela
03.09 Bala Arteficial Ribadavia
03.09 Guerrera Arteficial Ribadavia
Conciertos en nuestro sello Matapadre
 

Rumon Gamba dirixirá mañá en Vigo a Orquesta Sinfónica de Galicia

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá xoves 5 de maio en Vigo, un novo concerto enmarcado dentro da tempada de música clásica, nesta ocasión coa Orquesta Sinfónica de Galicia dirixida por Rumon Gamba e con Häkan Hardenberger como trompetista solista. O recital, composto por obras de Brett Dean e William Walton terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

Afundación celebra en Vigo o seu programa interxeracional «Fálame da emigración»

DSC_0117A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) celebrou hoxe no colexio Los Sauces de Vigo, un encontro interxeracional entre maiores e estudantes do instituto integrado no seu programa «Fálame da emigración», no que 65 voluntarios e alumnas e alumnos de centros escolares de toda Galicia dialogan sobre vivencias na emigración. A iniciativa enmárcase na liña estratéxica «O valor da experiencia», da área de Envellecemento Activo de Afundación, pola que a entidade quere poñer en valor a traxectoria vital e profesional dos maiores a través de programas interxeracionais e de voluntariado, que beneficien outros grupos da sociedade.  O colexio los Saucesparticipou nesta sesión, a segunda programada con este centro, na que se involucraron estudantes de segundo de eso e 7 voluntarios e voluntarias Ángeles Ayán Burillo, Aníbal Pérez Gómez, Antonio Villar González, Berta Lamas Ares, Blanca Muiña Piñeira, Juan Ferreiro Pérez e Virgilio Peláez Martínez, quen compartiron cos mozos as súas respectivas experiencias en India, Mozambique, Namibia, Sudáfrica, Andorra, Alemania, Venezuela e Guinea Ecuatorial.

A porcentaxe de desempregados/as que perciben algunha prestación cae até o 46,9%, a máis baixa dende que se rexistran datos

O paro redúcese en Galiza no mes de abril menos que no conxunto do Estado e acada as 228.153 persoas
A porcentaxe de persoas sen emprego que perciben algunha prestación segue a caer, até o punto de que no mes de abril tan só o 46,9% dos parados/as galegos/as ingresaron algún tipo de axuda. Trátase da taxa máis baixa dende que se rexistran datos do paro. Precisamente, as cifras do paro rexistrado feitas públicas hoxe amosan que en Galiza baixa o paro menos que no conxunto do Estado, situándose nun total de 228.153 persoas.
RecursoOficinaEmprego

Tal e como certificou a EPA do primeiro trimestre do ano, os datos de paro rexistrado publicados hoxe amosan que o comportamento do mercado de traballo galego segue a ser peor que o do conxunto do Estado. O mes de abril rematou no noso país con 228.153 parados/as rexistrados no SEPE, o que supón unha baixada do 1,57% con respecto a marzo (3644 desempregados/as menos).

É un descenso menor que na media do Estado, onde as persoas sen emprego descenderon un 2,04%. Tamén é máis baixo que o descenso experimentado o ano anterior, no que o desemprego se reducira case o dobre, un 2,93%.

Trátase dunha baixada previsíbel, tendo en conta que no mes de abril sempre se reduce o desemprego polo forte carácter estacional que ten o a evolución do paro no noso país; o que non é previsíbel é a taxa de variación, e neste caso é preocupante, xa que se atenuou o descenso con respecto ao ano anterior, cando, ademais, o PIB medra a unha taxa maior.

A nivel sectorial, a tendencia é semellante: redúcese en todos os sectores (en todos eles menos que na media estatal). Tamén todos baixa menos que no mesmo mes do ano anterior, o que amosa unha ralentización xeneralizada do descenso.

A afiliación á Seguridade Social experimentou un incremento do 0,2% en abril, equivalente a 2808 afiliados máis. Novamente nos atopamos cun importante desfase entre a baixada do paro e medre da afiliación, o que nos indica que non todo o descenso de paro implica incremento da afiliación, algo que se explica pola forte emigración que padece o noso país.

Ao mesmo tempo, a elevada rotación dos poucos empregos que se crearon e a escasa duración dos contratos son outros dos sinais de identidade do mercado de traballo galego neste mes; os datos amosan que para tan só 3644 desempregados/as menos rexistráronse 67.941 contratos, o 91,3% deles de carácter temporal.

Precísanse políticas distintas

Diante deste panorama, dende a CIG reiteran que as sucesivas reformas laborais aplicadas polo Partido Popular e polo PSOE non serviron para mellorar a grave problemática laboral existente no noso país e reclaman a aplicación dunhas políticas distintas. Neste senso, lembran que a central recolleu unha serie delas na ILP polo emprego que promoveu no Parlamento galego e que foi tumabada polo PP. “Somos unha realidade distinta e precisamos políticas diferentes”, indica o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido.

Malvido sostén que estas reformas serviron unicamente para modificar as relacións laborais no sentido de consolidar a perda de dereitos laborais e de empeorar as condicións de traballo. “Pretenden instalar unhas relacións laborais nefastas que vaian máis alá do período de crise”, denuncia. Polo tanto, incidiu na necesidade de que as reformas sexan anuladas, tal e como reclamou a CIG na súa campaña do Primeiro de Maio.

Finalmente, amosou a súa preocupación polo feito de que os ingresos da Seguridade Social sexan inferiores ao incremento da afiliación, algo que é consecuencia da caída de salarios e pensións. “Están conseguindo xeneralizar a figura do traballador/a e do xubilado/a pobre”, rematou.