A XUNTA ADXUDICARÁ UNHA VIVENDA A UN DOS CIDADÁNS DE VIGO EN RISCO DE DESAFIUZAMENTO

  • Nos vindeiros días oficializarase a adxudicación do inmoble de Salvaterra de Miño, que hoxe foi visitado polo afectado
  • A Administración autonómica concedeu o Bono de Alugueiro Social ás familias viguesas en risco de quedar sen fogar e puxo á súa disposición os inmobles desocupados na contorna da cidade

Vigo, 5 de maio de 2016.- A Xunta de Galicia adxudicará unha vivenda a un dos cidadás de Vigo en risco de desafiuzamento. Trátase dunha das persoas que o pasado luns iniciaron unha folga de fame ante o Concello.

Desde que tivo coñecemento da situación destas familias, a Xunta ven traballando para ofrecerlles unha solución. Así foilles concedido o Bono de Alugueiro Social e se lles ofreceron as vivendas baleiras que a Xunta posúe na contorna.

A Administración autonómica non posúe xa inmobles desocupados na cidade de Vigo, xa que nos últimos meses foron destinados a atender as necesidades urxentes de vivenda.

Hoxe mesmo, o persoal do servizo provincial de vivenda en Pontevedra ensinoulle a este afectado unha vivenda propiedade da Administración autonómica no Concello de Salvaterra de Miño. O afectado considerou este inmoble está adaptado as súas necesidades, polo que lle será adxudicada oficialmente nos próximos días. Así mesmo, o Executivo autonómico seguirá traballando para intentar realoxar a esta persoa nunha vivenda da cidade de Vigo.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: