Correlingua 2016 Vigo

A 16ª edición do Correlingua vai ter lugar en Vigo o vindeiro día 6 de maio

Baixo o lema: “ O Galego está en nós ”, doce carreiras pola lingua percorrerán 12 localidades galegas entre o 2 e o 16 de maio.

A edición 2016 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña xunto coa Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, entre outros, comezou o luns 2 de maio en Pontevedra e rematará en Ponteareas o 16 de maio.

 

O Correlingua, percorrerá doce localidades galegas entre o 2 e o 16 de maio, baixo o lema:   “O galego está en nós.

 

O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto, de banda deseñada, de video, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.

 

A marcha, que terá lugar en Vigo, o día 6 de maio, sairá da Praza do Concello ás once da mañá para rematar no Parque de Castrelos nunha festa final en que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará o grupo gañador do Cantalingua:ZENZAR. Para @s máis pequen@s desde as once da mañá actuará, no propio parque, o MAGO MARCO. Nesta edición participan en torno a 25 centros educativos (de educación infantil, primaria e secundaria) con aproximadamente 2000 alumn@s e 150 profesores.

 

Como todos os anos contaremos, para conducir o acto da festa final, con persoas de relevo na cultura galega e que, no seu día a día, defenden a nosa lingua, como é o caso de Talía Teatro, compañía teatral que leva máis de vinte anos difundindo a cultura galega por todo o país

 

Dará a saída á marcha na praza do Rei, ás 10:50, o alcalde de Vigo ABEL CABALLERO

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: