Festa dos Cachos no Porriño o vindeiro domingo día 8

Presentacion Festa dos CachosO concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, o tenente de alcalde, Manuel Carrera, os representantes da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, o presidente da Asociación de Hostaleiros, José Manuel Fernández, entre outros integrantes de colectivos da vila, presentaron este mércores a ‘Festa dos Cachos’, que se celebra este domingo, día 8, no barrio do Cristo dos Cachos.

Marcelino Coto salientou a importancia que ten para o Porriño a recuperación desta tradición, que se perdera na década dos 80 do século pasado, e a laboura “altruista, constante e desinteresada” dos organizadores da mesma, “apoiados polo Concello que, un ano máis, suma o seu apoio para o seu mantemento”.

Coto amosouse convencido que a festa atraerá non so aos veciños do Porriño, senon a visitantes chegados de toda a provincia e, ademáis, quixo poñer en valor a aportación da Asociación local de Hostaleiros que axudaron a darlle máis pulo a esta iniciativa.

A festa dará comezo o domingo ao mediodía coa lectura de pregón, a cargo de Rebeca Leboso, que estivo presente na rolda de prensa de presentación da mesma e que dixo sentirse “moi orgullosa, coma porriñesa” de ser a pregoeira desta festa que amosa unha das tradicións centenarias da vila. Á lectura do pregón seguirá animación na rúa, sesión vermú, hinchabeis colocados polo Concello e, por suposto, a degustación dos cachos.

A historia dos cachos, como indicaron os participantes, “ven de lonxe”, dos tempos da resistencia das porriñesas e porriñeses contra a invasión napoleónica. Daquela no barrio, para honrar ao Cristo dos Aflixidos, instaurouse unha festa e, aos motivos relixosos, sumáronse outras actividades, entre elas  a gastronómica, cos centolos, os famosos ‘cachos’ coma protagonistas.

O presidente dos hostaleiros sinalou que os «cachos» se servirán a un prezo de 6 euros na carpa da festa, e de 7 euros nos seis restaurantes participantes na mesma: Val da Louriña, Maracaibo, Cólleo con pinzas, O Carreteiro, La de Chato e Manolo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: