ImagineIndia International Film Festival Madrid 2016
La 15ª edición de Imagineindia International Film Festival dará el pistoletazo de salida el próximo día 17 de mayo en Madrid. Un avance del festival ha tenido su espacio en la sede de B The Travel Brand Xperience todo el mes de abril y que continuará en mayo y junio.
Un total de 71 filmes en 14 secciones, 7 salas (Filmoteca Española, B The Travel Brand Xperience, Teatro del barrio, Casa Asia, Función Lenguaje, Centro ruso de ciencia y cultura, CC Pilar Miró) durante 16 días darán buena cuenta del panorama del cine independiente.
¡Comedias, thrillers, dramas y mucho más donde el público puede elgir a su gusto!
Destacar los filmes de/sobre el director ruso Igor Savchenko, la actriz india Suchitra Sen y el más destacado director indio preocupado por las desigualdades sociales Shyam Benegal.
Abundar en las secciones que reflejan los esfuerzos de las grandes instituciones de la India como el Instituto Tata (TISS), O Public Broadcasting Service (PSBT) que año tras año aportan al festival sus filmes de investigación sobre las tendencias sociales, derechos de género, situaciones de conflicto, entre otros numerosos temas.
Si en la boca de todos resuena la palabra Bollywood por la inminencia de sus premios en Madrid, Imagineindia lleva 15 años continuados mostrando a los grandes maestros que han dejado huella en el tiempo a través del «otro cine».
Rueda de prensa de presentación del festival :
Día : 11 mayo, miércoles. 12.00 h
Lugar : B The Travel Brand Xperience. Calle Miguel Ángel 33. Madrid
Asistirán : El Gran Wyoming, Sergio Pazos, Yolanda Font (Actriz), David Marqués (director), Alicia Lledó (Kamala Producciones), Sara Casasnovas.
Más info :
A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS SALIENTA QUE A PUBLICACIÓN HOXE NO DOG DO INICIO DA INFORMACIÓN PÚBLICA DO ENLACE DE AREAS RATIFICA A DETERMINACIÓN DA XUNTA DE AVANZAR NA EXECUCIÓN DA VAP DO BAIXO MIÑO
Trátase do paso inicial do trámite expropiatorio e previo á licitación, este mesmo mes, do proxecto construtivo dese treito prioritario
- Neste punto confluen a conexión coa Guarda; a Autovía A-55, que une Vigo con Portugal e dá saída á rede nacional de autovías; a N-551 que leva á ponte internacional; e e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño, ademais de conectar o polígono empresarial
- A conselleira informa que esta obra supera un investimento de 12 millóns de euros e permitirá movementos directos sen necesidade de meter os tráficos no núcleo de Areas.
MARCO: aberta inscrición obradoiro /Paisaxe Cultural Galega. Un (intento de) mapexo
Aberta inscrición
Obradoiro
A paisaxe cultural galega. Un (intento de) mapexo
Conducido por Fran Quiroga
Sábado 14 de maio no salón de actos
[MARCO, programación fin semana DIM Día Internacional do Museo 2016]
Como cada ano, o MARCO prepara unha programación especial para a fin de semana do 14 e 15 de maio, con motivo da celebración do Día Internacional do Museo (18 de maio). O lema proposto polo ICOM para o DIM 2016 é ‘Museos e paisaxes culturais’, que salienta a idea dos museos como centros territoriais de protección activa da paisaxe cultural. http://bit.ly/1VMsqMK
Entre outras actividades previstas para esa fin de semana, e en liña co lema deste ano, o MARCO organiza en colaboración coa USC e o IET un obradoiro/encontro participativo en torno á paisaxe cultural galega, dirixido por Fran Quiroga.
Considerar a paisaxe como proceso dinámico, determinado pola construción cultural, fai preciso ver como os habitantes trazan a integración do humano e o cultural coa natureza, coa terra. Neste obradoiro formúlanse cuestións como: é posible falar dunha paisaxe cultural sen habitantes?; existe unha paisaxe cultural inmutable ou, se é cambiante, como podemos protexer algo mutante?; como se relaciona a memoria coa paisaxe?; como podemos facer que a cidadanía recupere o protagonismo na salvagarda do seu patrimonio paisaxístico?
A través desta actividade procúranse repensar as bases para a salvagarda de paisaxes relevantes pola súa significación cultural, atendendo ás seguintes coordenadas: paisaxes agrícolas, gandeiras e forestais; paisaxes industriais, infraestruturas e actividades comerciais; paisaxes urbanas, históricas e defensivas; paisaxes simbólicas.
Obradoiro
A paisaxe cultural galega. Un (intento de) mapexo
Dirixido por: Fran Quiroga
Investigador independente, coordinador CulturaLab Master Servizos Culturais da USC, e coordinador de Ruraldecolonizado
Colabora: IET Instituto de Estudos do Territorio
MARCO, salón de actos
Sábado 14 de maio
Horario: de 11.00 a 14.30
Gratuíto, previa inscrición.
Prazas limitadas ata completar un aforo máximo de 20 persoas.
Metodoloxía:
A metodoloxía do encontro combina unha primeira parte de análise teórica e debate sobre o concepto de paisaxes culturais e a súa relevancia, seguido do obradoiro en si, no que os participantes, divididos en 4 grupos, van situando en mapas das 4 provincias de Galicia aquelas paisaxes que consideran que destacan polo seu interese cultural, así como os museos que se espallan ao longo da xeografía galega. Transcorrida a sesión de mapexo, o obradoiro finaliza cunha fase de posta en común e conclusións.
Os mapas/conclusións do obradoiro, acompañados dun texto explicativo, quedarán abertos ao público durante a tarde do sábado no propio salón de actos.
Requisitos para participantes:
O obradoiro está destinado ao público en xeral, a todas aquelas persoas interesadas en participar e debater sobre conceptos relacionados coa paisaxe cultural, ou en pensar que espazos e lugares de Galicia destacan pola súa importancia cultural.
Contacto e solicitude de participación:
As persoas interesadas poden solicitar a súa praza a través do email marta.viana@marcovigo.com coa ref. Obradoiro/Paisaxe, facilitando o seu nome + apelidos, teléfono + email de contacto, xunto cunhasliñas de motivación, intereses ou razóns para participar no obradoiro.
En función do número de solicitudes recibidas, enviarase confirmación a cada persoa solicitante.
Prazo límite solicitudes: xoves 12 de maio, ás 14.00
A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas ata completar un aforo máximo de 20 persoas.
Fran Quiroga (Ourense, 1982) é fundador e director da empresa KOLECTIV, Oficina de I+C+I (Premio Emprende Gaias Sixto Seco 2015) e ten acreditada experiencia no campo da creación contemporánea, así como na investigación entre os eixos de participación, arte e comúns. Ten impartido conferencias en centros como MUSAC, Arts Santa Mònica, MediaLab Prado, MARCO, Ministerio de Educación y Cultura, USC, ou University of Pennsilvania, entre outros. Ten impulsado encontros e sesións en universidades e centros de ensino. Cooordina Montenoso, proxecto de creación contemporánea, co que obtiveron a Mención de Honra no Ars Prix Electronica (Austria 2014). Coordina o Programa de Estudos en Mancomún: Ruralidades, Feminismos e Comúns, que ven de obter financiamento pola Fundación Daniel & Nina Carasso. Coordina o CulturaLab do Máster en Servizos Culturais da USC, e está iniciando o proxecto de investigación Ruraldecolonizado, camiñando por pluralismos epistemolóxicos.
Correlingua Vigo
A pesares da insistente choiva que caeu sobre a cidade ao longo da mañá, arredor de 1800 escolares de distintos centros educativos da comarca (e tamén das Neves, Tui e incluso un do Grove) tomaron parte na decimostexta edicióndo Correlingua, a popular carreira polo idioma que nesta ocasión percorrerá unha ducia de localidades do país entre o 2 e o 16 de maio baixo o lema ‘O galego está en nós’.
A marcha partiu do Concello -tras o saúdo do alcalde e da edil de Normalización Lingüística- arredor das once da mañá e rematou no pavillón de deportes municipal das Travesas unha hora despois, onde xa agardaban os alumnos/as dos centros de Infantil para celebrar unha festa final que adoita ter lugar no parque de Castrelos. O acto estivo amenizado polo Mago Marco, Talía Teatro e a banda de rock Zënzar.
Ao remate do acto os centros recibiron varios agasallos da organización por ter participado e tamén se entregaron os premios aos gañadores dos concursos, que nesta ocasión foron o IES Josefa Alonso de Matamá e o IES Canicouva de Castrelos. Tamén se deu lectura ao manifesto desta edición.
A seguinte parada do Correlingua será este luns en Monforte de Lemos.
JOSÉ MANUEL REY VARELA COMPROMÉTESE A INCREMENTAR PRAZAS DE MAIORES EN LUGO PARA DAR RESPOSTA Á DEMANDA EXISTENTE

14,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro cunha representación da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo. No despacho do conselleiro.
foto xoán crespo
06/05/16
Santiago, 6 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse este mediodía con representantes da Federación de Asociacións Veciñais de Lugo, un encontro enmarcado na liña de diálogo do departamento autonómico co tecido social galego. O obxectivo do mesmo é xuntar esforzos e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.
Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, Rey Varela e o presidente da Federación, Jesús Vázquez Varela, abordaron temas de interese para a cidade de Lugo.
Neste sentido, o titular de Política Social comprometeuse a estreitar a colaboración cos representantes dos veciños no eido dos maiores e continuar mellorando a política social na cidade de Lugo.
JOSÉ MANUEL REY VARELA INAUGURA AS XORNADAS GALEGAS “INTERACTUANDO NO TEMPO LIBRE” NO QUE PARTICIPAN 80 PROFESIONAIS DO EIDO
- Este encontro busca dar visibilidade ao traballo que desenvolven, así como ser un espazo de reflexión e debate sobre a importancia da educación non formal
Bergondo (A Coruña), 6 de maio de 2016.- O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, inaugurou esta tarde as Xornadas galegas “Interactuando no tempo libre”, un foro no que participan 80 persoas de distintos perfís relacionados co ámbito do tempo libre como monitores e directores de tempo libre, educadores sociais, técnicos en animación sociocultural ou técnicos de xuventude. O evento desenvolveuse no albergue xuvenil de Gandarío e nel tamén participou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.
O obxectivo desta xornada é dar visibilidade ao traballo que desenvolven os profesionais que traballan no eido do tempo libre en Galicia. Cómpre destacar que un total de 6.915 mozos e mozas conseguiron nos últimos catro anos o título oficial de director ou monitor de actividades de tempo libre homologado pola Xunta de Galicia. Do total de títulos, 6.487 foron de monitor e 428 de director.
Esta titulación oficial é expedida pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, sendo necesaria para exercer como monitor ou director de campamentos, campos de traballo ou actividades realizadas en albergues xuvenís. No total galego, están rexistradas un total de 73 escolas de tempo libre, 42 máis que no hai catro anos. Estas escolas, integradas na Rede de Escolas de Tempo Libre de Galicia, imparten as seguintes modalidades de ensino: cursos de primeiro nivel, cuxa titulación se corresponde coa de monitores ou monitoras de actividades de tempo libre e cursos de segundo nivel, cuxa titulación se corresponde coa de director ou directora de actividades de tempo libre e director ou directora de campos de traballo. Así mesmo, poderán impartir calquera outra formación correspondente ao seu ámbito de actuación no eido da xuventude.
Estes centros están agrupados na Rede de Escolas de Tempo Libre de Galicia e regulamentados pola Lei de Xuventude de Galicia, que as define como centros de formación, perfeccionamento e especialización nas actividades e técnicas orientadas á promoción da axeitada utilización do ocio e do tempo libre. Así mesmo, busca ser un espazo de reflexión e debate acerca da importancia da educación non formal como acción educativa e transformadora no eido do tempo libre. “Debemos achegar recursos para promover o diálogo, o intercambio de experiencias e a actualización de coñecementos entre os profesionais deste sector, para que nós como administración coñezamos as súas demandas, necesidades e retos para poder colaborar nas iniciativas que vaian xurdindo”, afirmou o conselleiro de Política Social.
Solomun + Live vuelve a Destino Pacha Ibiza Resort
30 de junio, 28 de julio, 11 y 25 de agosto son los cuatro jueves elegidos para esta celebración
Basándose en el éxito sin precedentes en los últimos años del famoso conceptoSolomun + Live, idea del capitán del sello discográfico Diynamic que este 2016 cumple sus 10 años de vida, Solomun vuelve a tomar los acantilados de Cap Martinet para tocar en directo, hasta en cuatro ocasiones este verano, junto al live de un invitado muy especial en cada fecha.
Destino Pacha Ibiza Resort, el único y verdadero concepto Resort de la isla blanca, invita una temporada más a Solomun y sus huéspedes a amenizar los jueves 30 de junio, 28 de julio, 11 y 25 de agosto con el fin de igualar, o más bien amplificar, el triunfo de un espectáculo que ha marcado y marcará la vanguardia y el progreso en la Pitiusa Mayor.
Su complejo boutique con un servicio eficiente para clientes VIP, sus barras espectaculares y su extraordinario emplazamiento en la Bahía de Talamanca, junto a un lujoso y confortable decorado alrededor de una majestuosa piscina, hacen de Destino Pacha Ibiza Resort el lugar idóneo, tanto para unas vacaciones soñadas como para el disfrute de todos aquellos amantes de la diversión y la música electrónica.
Siguiendo la dinámica de años anteriores de seleccionar con el más cuidadoso mimo a sus acompañantes para tocar en vivo, este verano veremos a Solomun acompañado de cuadro de las estrellas más destacadas dentro del panorama electrónico actual.
Destino es un lugar donde sus sentidos quedarán imbuidos del estilo de vida de Pacha Ibiza.
Más información y venta de tickets:
http://destinoibiza.com
http://www.facebook.com/destinoibiza
https://twitter.com/destinoibiza
https://soundcloud.com/destinoibiza
A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL SUMA UN NOVO CONTACTO ÁS SÚAS REUNIÓNS COS ALCALDES GALEGOS PARA DESEÑAR A ESTRATEXIA SOCIAL DE GALICIA DE XEITO COORDINADO
- Ambos mandatarios destacaron a importancia da escola infantil que conta con 6 unidades e 84 prazas, así como o incremento de horas de atención no Servizo de Axuda no Fogar
Santiago, 6 de maio de 2016.- A Consellería de Política Social prosegue a súa rolda de encontros cos rexedores galegos que iniciou no mes de outubro do ano pasado cando o executivo autonómico constituíu a nova carteira social. O obxectivo destas xuntanzas é mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións.
A Xunta de Galicia e os concellos adquiren o compromiso de acadar unha política social apropiada que se adapte as necesidades dos habitantes de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio coruñés de Carral, José Luis Fernández Mouriño.
Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde comentaron algúns dos puntos máis importantes que acadou a colaboración entre estas dúas institucións. Así, destacaron o funcionamento da escola infantil, que conta con 6 unidades e 84 prazas ofertadas. Do mesmo xeito apuntaron cara o incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar, que conta cunhas 724 horas en total. Ante a coordinación de Xunta e Concello desenvolta con éxito nos últimos anos, os dous mandatarios bosquexaron posibles futuras liñas de colaboración, nomeadamente destinadas á mellora das infraestruturas sociais, e así continuar traballando no benestar dos cidadáns da localidade de Carral
A Escuela de Negocios de ieside imparte un «Programa especializado en expansión internacional»
A Escuela de Negocios Afundación de ieside presenta un novo programa especializado dirixido a profesionais do sector financeiro e comercial que terá lugar do 13 de maio ao 9 de xullo. O «Programa especializado en expansión internacional» impartirase en horario de 16.30 a 21.45 h os venres, e de 09.00 a 14.15 h os sábados. O curso, dun total de 80 horas, terá lugar no Campus de Vigo. As inscricións poden realizarse enhttp://www.afundacion.edu/formacion/solicitud-admision-business-programs-direccion-general.php .
PACO LEÓN, ENRIQUE URBIZU, RODRIGO CORTÉS O CARLOS VERMUT ENTRE LOS PROFESIONALES QUE FORMARÁN PARTE DE JAMESONNOTODOFILMFEST WEEKEND
JamesonNotodofilmfest organiza del 9 al 12 de junio en Cineteca Madrid un completo programa de actividades para profesionales y amantes del cine
4 días, más de 100 horas de actividades y hasta 50 profesionales de la industria audiovisual
El 9 de junio tendrá lugar la entrega de premios del festival
Los nominados se darán a conocer el lunes 9 de mayo en directo en el programa Cámara Abierta 2.0 de La2 de TVE
Más información www.jamesonnotodofilmfest.com/weekend