A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL SUMA UN NOVO CONTACTO ÁS SÚAS REUNIÓNS COS ALCALDES GALEGOS PARA DESEÑAR A ESTRATEXIA SOCIAL DE GALICIA DE XEITO COORDINADO

  • Ambos mandatarios destacaron a importancia da escola infantil que conta con 6 unidades e 84 prazas, así como o incremento de horas de atención no Servizo de Axuda no Fogar

 

Santiago, 6 de maio de 2016.- A Consellería de Política Social prosegue a súa rolda de encontros cos rexedores galegos que iniciou no mes de outubro do ano pasado cando o executivo autonómico constituíu a nova carteira social. O obxectivo destas xuntanzas é mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións.

 

A Xunta de Galicia e os concellos adquiren o compromiso de acadar unha política social apropiada que se adapte as necesidades dos habitantes de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio coruñés de Carral, José Luis Fernández Mouriño.

 

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde comentaron algúns dos puntos máis importantes que acadou a colaboración entre estas dúas institucións. Así, destacaron o funcionamento da escola infantil, que conta con 6 unidades e 84 prazas ofertadas. Do mesmo xeito apuntaron cara o incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar, que conta cunhas 724 horas en total. Ante a coordinación de Xunta e Concello desenvolta con éxito nos últimos anos, os dous mandatarios bosquexaron posibles futuras liñas de colaboración, nomeadamente destinadas á mellora das infraestruturas sociais, e así continuar traballando no benestar dos cidadáns da localidade de Carral

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: