Correlingua Vigo

A festa final tivo que ser trasladada ao pavillón das Travesas a causa do mal tempo
Arredor de 1800 alumnos/as dun total de 21 centros educativos da comarca de Vigo desafiaron hoxe a choiva e percorreron as rúas da cidade nunha nova etapa do Correlingua 2016, cuxa festa final tivo que celebrarsea cuberto no pavillón das Travesas en lugar de no parque de Castrelos como é habitual. O Mago Marco, Talía Teatro e Zënzar foron os encargados de pechar a carreira reivindicativa da lingua galega que o luns pasará por Monforte de Lemos.
2016 05 06 Correlingua2016Vigo01

(Galería de imaxes)

A pesares da insistente choiva que caeu sobre a cidade ao longo da mañá, arredor de 1800 escolares de distintos centros educativos da comarca (e tamén das Neves, Tui e incluso un do Grove) tomaron parte na decimostexta edicióndo Correlingua, a popular carreira polo idioma que nesta ocasión percorrerá unha ducia de localidades do país entre o 2 e o 16 de maio baixo o lema ‘O galego está en nós’.

A marcha partiu do Concello -tras o saúdo do alcalde e da edil de Normalización Lingüística- arredor das once da mañá e rematou no pavillón de deportes municipal das Travesas unha hora despois, onde xa agardaban os alumnos/as dos centros de Infantil para celebrar unha festa final que adoita ter lugar no parque de Castrelos. O acto estivo amenizado polo Mago Marco, Talía Teatro e a banda de rock Zënzar.

Ao remate do acto os centros recibiron varios agasallos da organización por ter participado e tamén se entregaron os premios aos gañadores dos concursos, que nesta ocasión foron o IES Josefa Alonso de Matamá e o IES Canicouva de Castrelos. Tamén se deu lectura ao manifesto desta edición.

A seguinte parada do Correlingua será este luns en Monforte de Lemos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: