MARCO: aberta inscrición obradoiro /Paisaxe Cultural Galega. Un (intento de) mapexo

Aberta inscrición

Obradoiro

A paisaxe cultural galega. Un (intento de) mapexo

Conducido por Fran Quiroga

Sábado 14 de maio no salón de actos

[MARCO, programación fin semana DIM Día Internacional do Museo 2016]

http://www.marcovigo.com/content/aberta-inscrici-n-obradoiro-paisaxe-cultural-galega-un-intento-de-mapexo-programaci-n-dim-20

Como cada ano, o MARCO prepara unha programación especial para a fin de semana do 14 e 15 de maio, con motivo da celebración do Día Internacional do Museo (18 de maio). O lema proposto polo ICOM para o DIM 2016 é ‘Museos e paisaxes culturais’, que salienta a idea dos museos como centros territoriais de protección activa da paisaxe cultural. http://bit.ly/1VMsqMK

Entre outras actividades previstas para esa fin de semana, e en liña co lema deste ano, o MARCO organiza en colaboración coa USC e o IET un obradoiro/encontro participativo en torno á paisaxe cultural galega, dirixido por Fran Quiroga.

Considerar a paisaxe como proceso dinámico, determinado pola construción cultural, fai preciso ver como os habitantes trazan a integración do humano e o cultural coa natureza, coa terra. Neste obradoiro formúlanse cuestións como: é posible falar dunha paisaxe cultural sen habitantes?; existe unha paisaxe cultural inmutable ou, se é cambiante, como podemos protexer algo mutante?; como se relaciona a memoria coa paisaxe?; como podemos facer que a cidadanía recupere o protagonismo na salvagarda do seu patrimonio paisaxístico?

A través desta actividade procúranse repensar as bases para a salvagarda de paisaxes relevantes pola súa significación cultural, atendendo ás seguintes coordenadas: paisaxes agrícolas, gandeiras e forestais; paisaxes industriais, infraestruturas e actividades comerciais; paisaxes urbanas, históricas e defensivas; paisaxes simbólicas.

Obradoiro

A paisaxe cultural galega. Un (intento de) mapexo

Dirixido por: Fran Quiroga

Investigador independente, coordinador CulturaLab Master Servizos Culturais da USC, e coordinador de Ruraldecolonizado

Colabora: IET Instituto de Estudos do Territorio

MARCO, salón de actos

Sábado 14 de maio

Horario: de 11.00 a 14.30

 

Gratuíto, previa inscrición.

Prazas limitadas ata completar un aforo máximo de 20 persoas.

 

Metodoloxía:

A metodoloxía do encontro combina unha primeira parte de análise teórica e debate sobre o concepto de paisaxes culturais e a súa relevancia, seguido do obradoiro en si, no que os participantes, divididos en 4 grupos, van situando en mapas das 4 provincias de Galicia aquelas paisaxes que consideran que destacan polo seu interese cultural, así como os museos que se espallan ao longo da xeografía galega. Transcorrida a sesión de mapexo, o obradoiro finaliza cunha fase de posta en común e conclusións.

Os mapas/conclusións do obradoiro, acompañados dun texto explicativo, quedarán abertos ao público durante a tarde do sábado no propio salón de actos.

Requisitos para participantes:

O obradoiro está destinado ao público en xeral, a todas aquelas persoas interesadas en participar e debater sobre conceptos relacionados coa paisaxe cultural, ou en pensar que espazos e lugares de Galicia destacan pola súa importancia cultural.

Contacto e solicitude de participación:

As persoas interesadas poden solicitar a súa praza a través do email marta.viana@marcovigo.com coa ref. Obradoiro/Paisaxe, facilitando o seu nome + apelidos, teléfono + email de contacto, xunto cunhasliñas de motivación, intereses ou razóns para participar no obradoiro.

En función do número de solicitudes recibidas, enviarase confirmación a cada persoa solicitante.

Prazo límite solicitudes: xoves 12 de maio, ás 14.00

A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas ata completar un aforo máximo de 20 persoas.

 

 

Fran Quiroga (Ourense, 1982) é fundador e director da empresa KOLECTIV, Oficina de I+C+I (Premio Emprende Gaias Sixto Seco 2015) e ten acreditada experiencia no campo da creación contemporánea, así como na investigación entre os eixos de participación, arte e comúns. Ten impartido conferencias en centros como MUSAC, Arts Santa Mònica, MediaLab Prado, MARCO, Ministerio de Educación y Cultura, USC, ou University of Pennsilvania, entre outros. Ten impulsado encontros e sesións en universidades e centros de ensino. Cooordina Montenoso, proxecto de creación contemporánea, co que obtiveron a Mención de Honra no Ars Prix Electronica (Austria 2014). Coordina o Programa de Estudos en Mancomún: Ruralidades, Feminismos e Comúns, que ven de obter financiamento pola Fundación Daniel & Nina Carasso. Coordina o CulturaLab do Máster en Servizos Culturais da USC, e está iniciando o proxecto de investigación Ruraldecolonizado, camiñando por pluralismos epistemolóxicos.

http://franquiroga.gal

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: