Archive | mayo 9, 2016

POLÍTICA SOCIAL PROMOVE UN FORO SOBRE AS REALIDADES QUE VIVEN OS MENORES TRANSEXUAIS EN GALICIA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A HOMOFOBIA

  • A través dos Centros Quérote da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Santiago, 9 de maio de 2016.- A Consellería de Política Social, a través dos Centros Quérote da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, organizou na tarde de hoxe na Escola Universitaria de Traballo Social da USC un foro no que se falou das realidades que están a vivir os menores transexuais e as súas familias na comunidade galega. Neste relatorio participaron, ademais, as asociacións de familiares de menores transexuais, Arelas e Sexus.

Esta iniciativa forma parte dunha serie de actuacións que se realizan durante estes días para conmemorar o vindeiro 17 de maio o Día internacional de loita contra a homofobia, a transfobia e a lesbofobia. Os Centros Quérote+ levan a cabo accións ao longo de todo o ano accións concretas neste ámbito para contribuír na visibilización da diversidade sexual promovendo actitudes de respecto social.

As actuacións enmárcanse nas diferentes actuacións que está a desenvolver a Xunta neste eido, administración autonómica que foi a primeira de España en crear unha Lei pola non discriminación contra os membros da comunidade LGBTI, Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

Deste xeito, os técnicos deste departamento veñen de realizar unha enquisa a 500 estudantes de  terceiro da ESO da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se resalta que o 79% deste alumnos non consideran a transexualidade como unha enfermidade e o 81,8% valoran que hai que aceptar que as persoas transexuais se expresen segundo os seus desexos.

Ademais, os Centros Quérote+ asesoran aos mozos e mozas e as súas familias en consultas relativas á identidade sexual, mesmo sobre o propio proceso de transición, conformando un espazo de apoio e orientación nesta materia. Na área de formación, os contidos LGTBI forman parte das intervencións en centros de ensino, así coma no traballo con familias e profesorado, co ánimo de coñecer mellor e comprender a diversidade sexual, contribuíndo a unha vivencia máis positiva da sexualidade.

 

A XUNTA DE GALICIA REFORZA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN VILAGARCÍA DE AROUSA ATA ACADAR UNHA COBERTURA DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES POR RIBA DO 96% NESTE MUNICIPIO

  • 160509 vilagarcia 02cAmbos mandatarios abordaron a situación do mapa de equipamentos sociais do municipio e comprometéronse a seguir colaborando nas liñas de actuación en materia social encamiñadas a atender ás persoas e familias máis vulnerables e que máis precisan da axuda das administracións públicas.

 

Santiago, 9 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continúa a manter encontros periódicos cos rexedores e rexedoras de Galicia para avanzar, dende o consenso e a colaboración, nas liñas de actuación en materia social encamiñadas a atender ás persoas e familias máis vulnerables e que máis precisan da axuda das administracións públicas. Na xornada de hoxe Rey Varela entrevistouse no seu despacho de San Caetano co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela Paz, con quen abordou asuntos de índole social que afectan a esta localidade pontevedresa, entre outros: a ampliación de beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

 

Neste sentido, o responsable da área social do Goberno galego informou do incremento, este mesmo ano, de 70 horas na prestación de SAF Dependencia para sumar un total de 2.815 e acadar así unha cobertura de atención a persoas con autonomía limitada superior ao 96% neste municipio. “O obxectivo é conseguir todas as melloras posibles na calidade de vida das familias e das persoas dependentes, para o que continuamos a incorporar de maneira progresiva a máis persoas aos diferentes servizos que integran o sistema autonómico de atención”, indicou Rey Varela.

 

Ademais, a Consellería de Política Social colaborará co concello de Vilagarcía de Arousa no seu obxectivo de asumir con fondos locais a construción dunha nova escola infantil. Así mesmo, as dúas administracións tamén traballarán de maneira conxunta na elaboración dun mapa de chabolismo e asentamentos xitanos no municipio.

 

Por outra banda, o conselleiro e o alcalde de Vilagarcía de Arousa repasaron o mapa de equipamentos sociais da Xunta de Galicia que están en servizo nesta localidade. Así, Política Social destina 442.800 euros anuais ao funcionamento da escola infantil que depende do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que conta con seis unidades e oferta 82 prazas. Así mesmo, a administración autonómica reserva nos seus orzamentos outros 221.400 euros para o mantemento do Centro de día para persoas maiores deste concello, con 20 prazas dispoñibles. A Xunta de Galicia tamén achega 72.000 euros anuais á escola infantil municipal e sostén un total de 138 prazas financiadas con fondos públicos a través de concertos con empresas de iniciativa social que traballan na zona, o que supón un investimento superior aos dous millóns de euros. Estes concertos permiten dar unha maior oferta de prazas en residencia de maiores e de menores, en vivendas tuteladas e en Centros de día tanto para persoas con discapacidade como para maiores; así como ter en marcha unha casa de familia.

 

Como nos anteriores encontros que o titular da carteira autonómica de Política Social vén mantendo dende outubro do ano pasado cos alcaldes de Galicia, no que tivo lugar esta tarde o conselleiro e o primeiro edil de Vilagarcía de Arousa abordaron outros temas de índole social. Trátase de ir coordinando unha estratexia social a nivel autonómico e local que supoña unha mellor optimización e dinamización dos recursos dos que dispoñen as administracións coa finalidade de acadar todas as melloras posibles na calidade de vida dos galegos e galegas. Deste xeito, a Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de unir esforzos a prol dunha política social axeitada que se adapte ás necesidades actuais de cada municipio.

 

 

José García Costas elegido presidente de la Cámara de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa

Eduardo Barros, Miguel Falcón y José Silveira ocuparán las tres vicepresidencias de la nueva institución cameralPleno 2016

Vigo, 09/05/2016. José García Costas es ya el nuevo presidente de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa, el único ente cameral fusionado desde la entrada en vigor de la nueva Ley 4/2014, de 1 de abril, Básica de las Cámaras Oficiales de Comercio, Industria, Servicios y Navegación. La sesión constitutiva del Pleno de la nueva Cámara estuvo presidida por la Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal, y el secretario más antiguo de las extintas Cámaras fusionadas, Emilio Cores Arenaz. Tras la lectura de la relación de vocales del Pleno, y posterior constitución de la mesa de edad, se procedió a la elección de la Presidencia y los miembros del Comité Ejecutivo. En este sentido, la única candidatura registrada esta misma mañana en la sede de la institución en Vigo, evitó un proceso de votación, por lo que el nuevo órgano de gobierno de la Cámara es el que sigue:

 

  • Presidente: José García Costas
  • Vicepresidente primero: Eduardo Barros Pereira
  • Vicepresidente segundo: Miguel Falcón Noya
  • Vicepresidente tercero: José Silveira Cañizares
  • Tesorero: José Manuel Fernández Alvariño
  • Vocal: Antonio Casal Lago
  • Vocal: Manuel Jesús García Rodríguez
  • Vocal: Ignacio Granado Hernández
  • Vocal: Santiago Novoa García
  • Vocal: María José Táboas Cabral
  • Vocal: Francisco Javier Touza Touza

 

En su discurso posterior, José García Costas, agradeció la confianza depositada en el equipo de gobierno para dirigir esta nueva etapa que empieza ahora. Recordó que, como empresario vinculado a las Cámaras desde 1998, siempre “he creído en la existencia y el trabajo de las Cámaras de Comercio; instituciones a día de hoy más que centenarias pero claves en el desarrollo de la economía de los países”.

 

“Son tiempos para sumar, y no restar; es momento de poner en valor el esfuerzo común y compartido en las organizaciones como la que me honra  presidir desde hoy” dijo García Costas quien apostó por “mirar hacia el futuro con otra perspectiva”. Con la fusión y creación de la nueva Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa, el nuevo Presidente apostó por la “unión empresarial para ser capaces de elevar la voz y exigir decisiones valientes y eficaces a nuestros políticos, y sobre todo en este momento tan convulso que sin duda repercute en nuestras empresas, y por extensión en la economía y el empleo”.

García Costas agradeció “el trabajo de nuestro equipo humano, el que me ha acompañado en mis años como Presidente de la institución viguesa, y el que ahora conforma la nueva Cámara”, y finalizó su intervención el tiempo, las aportaciones y la ayuda “de los miembros que desde 1998 han formado parte del Pleno y del Comité Ejecutivo de esta Cámara”.

 

La Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa, está formada por más de 80.000 empresas de los 55 ayuntamientos que componen su demarcación. El organismo, que tiene su sede principal en Vigo, cuenta con puntos de atención al público en las oficinas de Vilagarcía de Arousa y Pontevedra, así como las antenas camerales de Gondomar y Salvaterra do Miño.

José García Costas

LUGAR Y FECHA DE NACIMIENTO:   Vigo; 4 de Junio de 1944

ESTADO CIVIL: Casado; 5 hijos

TRAYECTORIA EN LA CÁMARA DE COMERCIO:

José García Costas está vinculado directamente con la extinta Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Vigo desde el 10 de junio de 1998, fecha en que fue elegido vocal del Pleno y del Comité Ejecutivo de la institución.

Fue elegido Presidente, por primera vez, el 27 de marzo de 2001 tras la renuncia al cargo de Fernando Conde por motivos de salud. El 5 de junio de 2002, afrontó su primera legislatura completa; y el 26 de junio de 2006 fue reelegido tras una votación, en donde obtuvo 50 votos a favor de los 51 emitidos, con una abstención. El 18 de junio de 2010 este año se convirtió de nuevo en el máximo representante de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vigo hasta el momento del anuncio de la fusión de las tres Cámaras.

Además, José García Costas fue elegido el 14 de julio 2010, presidente del Consello Galego de Cámaras durante el acto de constitución del organismo, cuyo mandato se  extiende actualmente.

Como representante de la extinta Cámara de Comercio de Vigo es:

  • Vicepresidente del Patronato de la Fundación Provigo y su Área
  • Miembro del Patronato de la Fundación Vigo Convention Bureau
  • miembro del Patronato y del Comité Ejecutivo del Instituto Ferial de Vigo (IFEVI)
  • del Pleno y Comité Ejecutivo del Consorcio de la Zona Franca de Vigo
  • del Consejo de Administración de la Autoridad Portuaria de Vigo
  • del Patronato de la Fundación Instituto Cameral para la Creación y el Desarrollo de la Empresa (INCYDE).
  • del Pleno de la Cámara de España, designado por la Xunta de Galicia como representante de las Cámaras gallegas.
  • Miembro de la Comisión de Cámaras de la Cámara de España.

Toma de posesión

Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa

9 de mayo de 2016

Muy buenos días a todos. No tengo palabras para expresar mi gratitud ante la decisión que habéis tomado hace un momento. Asumo la presidencia de esta nueva y renovada Cámara, con la misma ilusión y ganas que el primer día y por supuesto, con el compromiso de no defraudaros.

Llevo vinculado a esta casa desde el 10 de junio de 1998, fecha en que fui elegido vocal del Pleno y del Comité Ejecutivo de la institución. Tres años más tarde, asumí la presidencia de la ya extinta Cámara de Comercio de Vigo tras la renuncia de mi antecesor en el cargo por motivos de salud, y fui reelegido como tal el 5 de junio de 2002, tras la renovación del Pleno.

El 26 de junio de 2006 y 18 de junio de 2010 son las otras dos fechas que están en mi recuerdo, cuando los empresarios que conformaban el Pleno de la Cámara de Comercio de Vigo depositaron su confianza en mí para ser la cabeza visible de esta institución.

Como empresario, siempre he creído en la existencia y el trabajo de las Cámaras de Comercio; instituciones a día de hoy más que centenarias pero claves en el desarrollo de la economía de los países. A lo largo de los años, las Cámaras han demostrado ser absolutamente necesarias para que las empresas tengan el apoyo que precisan con el objetivo de mejorar su funcionamiento y competitividad.

Las Cámaras de Comercio continúan siendo corporaciones de derecho público, colaboradoras de la administración, siguen debiéndose a la defensa de los intereses generales de la industria, el comercio, los servicios y la navegación en su demarcación, y tienen atribuidas tareas específicas en el terreno de la promoción exterior y la formación, entre otros aspectos.

Pero como, sin duda,  todos sabéis ya, desde 2010 y con la supresión del Recurso Cameral Permanente, las Cámaras de Comercio españolas hemos vivido momentos muy complicados que nos han obligado a reinventarnos. A mirar hacia el futuro con otra perspectiva. Y por qué no decirlo, a predicar con el ejemplo tratando de ser más competitivas. Algunas se han quedado por el camino y otras hemos optado por la unidad. Son tiempos para sumar, y no restar; es momento de poner en valor el esfuerzo común y compartido en las organizaciones como la que me honra  presidir desde hoy.

Con la fusión y creación de la nueva Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa, que hoy da lugar a este nuevo Pleno, nos hacemos más fuertes. Necesitamos la unión empresarial para ser capaces de elevar la voz y exigir decisiones valientes y eficaces a nuestros políticos, y sobre todo en este momento tan convulso que sin duda repercute en nuestras empresas, y por extensión en la economía y el empleo.

En el periodo que ahora iniciamos, nuestra (me van a permitir el adjetivo) gran Cámara quiere seguir siendo la voz de las empresas de su amplia demarcación, compuesta por más de 80.000 empresas. Vamos a continuar trabajando para defender sus intereses, apoyar sus iniciativas y prestarles servicios de calidad. A cada uno de los empresarios y emprendedores de nuestra demarcación; a ese pequeño comerciante, al hotelero, a los mecánicos, al que regenta una cafetería, o al emprendedor que hace números para llegar a fin de mes… a todos ellos, quiero decirles que estamos aquí. Que no desesperen dado que su tesón y su dedicación son vitales, y que, nosotros, desde la Cámara de Comercio, trataremos de ayudarles en todo lo que necesiten.

No quisiera terminar mis palabras sin agradecer el trabajo de nuestro equipo humano, el que me ha acompañado en mis años como Presidente de la institución viguesa, y el que ahora conforma la nueva Cámara. Porque gracias a nuestros técnicos podemos ofrecer el mejor de los servicios. Y porque en estos complicados años han sabido estar a la altura de las circunstancias. Y por supuesto, mi reconocimiento a los miembros que desde 1998 han formado parte del Pleno y del Comité Ejecutivo de esta Cámara: gracias por vuestro tiempo, por vuestras aportaciones siempre sabias y por ayudarnos en esta tarea.

Os reitero a todos mi más sincero agradecimiento por la confianza depositada, y os invito a seguir trabajando unidos por el bien de nuestro tejido empresarial.

Muchas gracias

REY VARELA ASINA OS CONVENIOS PARA ORGANIZACIÓN DOS CAMPOS DE TRABALLO 2016 NA PROVINCIA DA CORUÑA COMO “UNHA EXCELENTE FERRAMENTA DE EDUCACIÓN NON FORMAL PARA A MOCIDADE”

  • A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo,presidirá a sinatura dos convenios cos concellos da provincia da Coruña para a organización dos “Campos de Traballo 2016”. Na Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña 09/05/2016 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    A Coruña
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo,presidirá a sinatura dos convenios cos concellos da provincia da Coruña para a organización dos “Campos de Traballo 2016”. Na Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña
    09/05/2016
    Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    Asináronse acordos cos concellos de Betanzos, A Laracha, Rois e Outes

  • Ademais, na provincia da Coruña terán lugar outros Campos de traballo xestionados directamente pola Dirección Xeral en Ponteceso, Boqueixón, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós
  • Di que os campos de traballo “promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias que do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal”
  • Este ano Galicia conta con 958 prazas para que participen rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos en campos de traballo, das que 370 son de envío a outras comunidades autónomas (120 prazas) e a outros países (250 prazas) e 588 de acollida, nos campos que organiza a nosa comunidade
  • Os mozos e mozas galegos poderán escoller entre participar nos campos de traballo que se organizan en Galicia, ou ben ir aos que se celebran noutras comunidades españolas ou en 34 países de Europa, Asia, África e América

 

A Coruña, 9 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Diego Calvo, asinou na mañá de hoxe os convenios que permitirán a organización dos Campos de traballo 2016 na provincia da Coruña aos que definiu como “unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade”. Concretamente, a Delegación Territorial da Xunta na Coruña acolleu a firma dos acordos cos concellos de Betanzos, A Laracha, Rois e Outes. Ademais, na provincia da Coruña terán lugar outros Campos de traballo xestionados directamente pola Dirección Xeral en Ponteceso, Boqueixón, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós. O conselleiro agradeceu a presenza dos alcaldes dos concellos coruñeses que “comparten a preocupación conxunta de ofertar actividades para os mozos de entre 18 e 30 anos o que axuda a dinamizar a vida xuvenil dos concellos galegos”.

 

O responsable de Política Social asegurou no seu relatorio que estes campos de traballo “son accións voluntarias, que os mozos e mozas realizan de xeito altruísta e solidario, poñendo o seu gran de area para mellorar a nosa sociedade”. Rey Varela destacou tamén que os campos “promoven a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias que  do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal”.

 

Con respecto á mobilidade, o conselleiro dixo que era un dos valores fundamentais promovido por estes campos, xa que “ofrecen aos rapaces e rapazas a oportunidade de tomar parte en campos doutras comunidades axudando ao desenvolvemento de valores de convivencia, tolerancia ou o traballo en equipo”.

 

Catro convenios para catro campos de traballo

Os convenios asinados hoxe permitirán levar a cabo os campos de traballo nos concellos coruñeses de de Betanzos, A Laracha, Rois e Outes. Todos estes campos son de carácter internacional, para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos e cada un conta con 20 prazas, salvo o da Laracha que ten 18.

 

En Betanzos levarase a cabo un campo de restauración do 15 ao 26 de xullo. Os voluntarios realizarán unha valoración e diagnose do estado da Fonte das catro estacións dos Xardíns do Pasatempo e redactarán un proxecto de restauración, con limpeza e consolidación preventiva da fonte, limpeza e acondicionamento dos xardíns que a rodean e actividades de difusión e divulgación do proxecto.

 

En Laracha organizarase un campo medioambiental, etnográfico e patrimonial do 1 ao 15 de agosto na conca dos ríos Badroso e Acheiro. Os traballos medioambientais que se van realizar son a limpeza dun roteiro, a mellora e mantemento de paneis de sinalización, a identificación da flora do roteiro e o adecentamento de zonas de lecer. Os traballos etnográficos e patrimoniais serán os de coñecer o funcionamento e as partes dun muíño de río e as costumes e tradicións arredor deste elemento da pre industria.

 

En Rois realizarase un campos arqueolóxico do 1 ao 12 de agosto. O Castro de Socastro atópase na parroquia de San Pedro de Herbogo e está configurado por un recinto principal de planta oval, delimitado por un parapeto de terreo exterior. A intervención arqueolóxica no castro de Socastro consistirá principalmente na  escavación, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico. É a novena edición deste Campo de Traballo.

 

En Outes levarase a cabo o campo medioambiental, etnográfico e patrimonial do17 ao 28 de xullo. Os voluntarios realizarán tarefas de limpeza e acondicionamento exterior da Rota do Añón, acondicionamento dun muíño e visualización da ruta natural mediante o emprego de novas tecnoloxías.

24 campos de traballo, 588 prazas en Galicia

Os mozos e mozas galegos poderán escoller entre participar nos campos de traballo que se organizan en Galicia, ou ben ir aos que se celebran noutras comunidades españolas ou en 34 países de Europa, Asia, África e América.

A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán, que ademais dos concellos coruñeses de Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós, celebraranse nos municipios lucenses de Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga e Xermade, nos concellos ourensáns de Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense e A Peroxa, así como nos municipios da provincia de Pontevedra como as Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.

 

Este ano Galicia conta con 958 prazas para que participen rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos en campos de traballo, das que 370 son de envío a outras comunidades autónomas (120 prazas) e a outros países (250 prazas) e 588 de acollida, nos campos que organiza a nosa comunidade. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. O pasado ano, Galicia organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance remitido polo Injuve ás comunidades autónomas.

 

Os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado.

 

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña.

 

Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos.

 

Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma en http://xuventude.xunta.es.

 

JOSÉ MANUEL REY VARELA VISITA A FUNDACIÓN DE ADULTOS DISCAPACITADOS DE A CORUÑA QUE TRABALLA NA PROMOCIÓN E XESTIÓN DE SERVIZOS DE ASISTENCIA SOCIAL PARA ESTE COLECTIVO

  • A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, realizará unha visita ás instalacións da Fundación ADCOR. Na carreteira de los Fuertes - Monte de San Pedro, 14 09/05/2016 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    A Coruña
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, realizará unha visita ás instalacións da Fundación ADCOR. Na carreteira de los Fuertes – Monte de San Pedro, 14
    09/05/2016
    Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    O conselleiro encomiou o traballo que desenvolven en Galicia entidades Adcor para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias a través da especialización na atención e da procura da integración social, un obxectivo compartido pola Xunta de Galicia

  • A Xunta de Galicia mantén un total de tres concertos de reserva e ocupación de prazas para outras tantas instalacións, e polas que no 2016 achega preto de 315.000 euros

 

A Coruña, 9 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá a residencia da terceira idade e a residencia para persoas con discapacidade da Fundación de Adultos Discapacitados de A Coruña (ADCOR), unha organización que traballa na promoción e xestión de servizos de asistencia social para persoas adultas. Na visita tamén estivo presente a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez.

 

Entre os obxectivos de ADCOR están fomentar a integración social e laboral que facilite a incorporación ao mercado laboral de persoas con discapacidade intelectual; habilitar social e profesionalmente a persoas cuxa discapacidade lles impida incorporarse ao mundo do traballo; ou favorecer o desenvolvemento da autonomía persoas e social, potenciando a autoestima e responsabilidade de cara a acadar un cambio de rol a nivel persoal e social, entre outros. A fundación conta cun centro de día, dous centros ocupacionais, servizo residencial, pisos tutelados e un centro especial de emprego, ademais da sede social e da sede administrativa.

 

O conselleiro encomiou o traballo que desenvolven en Galicia entidades ADCOR para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias a través da especialización na atención e da procura da integración social, un obxectivo compartido pola Xunta de Galicia. Para a consecución do mesmo, a administración autonómica mantén varias liñas de colaboración coa entidade, unha delas o concerto de reserva e ocupación de prazas para o mantemento do Centro de Día, con 16 prazas e para o que a Xunta achega no 2016 un importe de 28.371 euros. Así mesmo mantén outros dous concertos de reserva e ocupación de prazas; un destinado ao Centro Ocupacional, para o mantemento de 62 prazas nas que a Xunta inviste 109.938 euros; e outro para a Residencia de Adultos, na que o orzamento público ascende a 176.256 para o mantemento de 12 prazas no ano 2016.

 

O colectivo de persoas con discapacidade gaña en 2016 en presenza e en recursos económicos na nova carteira autonómica de Política Social. De feito, a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aumentou o seu peso nos Orzamentos da Xunta para a presente anualidade ata chegar aos 281,3 millóns de euros, cantidade que supón practicamente un terzo do global dos presupostos destinados ás políticas sociais.

 

Esta etapa comezada en políticas sociais signifícase por un traballo máis intenso coas entidades en temas como o desenvolvemento do Plan de Acción da Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, aprobada polo Consello da Xunta en novembro do ano pasado. Na actualidade está en proceso o desenvolvemento desta estratexia, que abrangue seis liñas estratéxicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais.

 

 

A XUNTA REALIZA O ACTO DE IZADO DA BANDEIRA DA UE PARA CONMEMORAR O DÍA DE EUROPA

  • No acto participaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompa–ado do conselleiro de Facenda, Valeriano Mart’nez, participar‡ no acto de izado da bandeira da Uni—n Europea con motivo da conmemoraci—n do D’a de Europa.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompa–ado do conselleiro de Facenda, Valeriano Mart’nez, participar‡ no acto de izado da bandeira da Uni—n Europea con motivo da conmemoraci—n do D’a de Europa.

Santiago, 9 de maio de 2016.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, participaron hoxe no izado da bandeira da Unión Europea con motivo da conmemoración do Día de Europa, nun acto que se celebrou diante da fachada principal das instalacións centrais da Xunta de Galicia, en San Caetano.

 

A Comunidade galega, pese ao seu carácter periférico dende o punto de vista xeográfico, tense convertido nas últimas décadas nunha rexión plenamente identificada coa construción europea, cunha relación cada vez máis sólida con Bruxelas tanto política, como económica e socialmente.

 

Eidos como a política pesqueira e agrícola, a cooperación transfronteiriza co norte de Portugal ou a xestión dos fondos estruturais son algúns deses asuntos comunitarios nos que a implicación de Galicia con Europa queda patente día a día.

 

Ademais, a solidariedade comunitaria, como parte esencial da UE dende o seu inicio, ten contribuído de xeito decisivo ao fortalecemento da Comunidade galega dende a súa adhesión.

 

O Día de Europa celébrase xa desde hai máis de dúas décadas, para homenaxear a Jean Monnet e a Robert Schuman, os cales un 9 de maio de 1950 lanzaron a idea de integrar a todas as nacións europeas para poder desterrar para sempre a guerra deste continente, sendo a orixe e semente da creación da actual Unión Europea.

 

O acto realizado hoxe nas instalacións da Administración autonómica está previsto na normativa europea de fondos estruturais da política de cohesión.

El Banco de Alimentos recoge más de 3.000 kilos de comida en la Operación Kilo desarrollada en Moaña y Sanxenxo

Gracias a la solidaridad ciudadana, voluntarios de la ONG

recibieron este fin de semana unos 2.000 kilos de alimentos en Carrefour Market Moaña y otros 1.200 kilos de alimentos en Carrefour Market Sanxenxo

 donación a voluntario Operación Kilo en Moaña

 Desde la Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo se agradece públicamente la generosidad demostrada en ambas localidades y, también, la implicación demostrada por la cadena de hipermercados al permitir esta Operación Kilo

 

Los más de 3.000 kilos de comida no perecedera recibidos ayudarán al Banco de Alimentos a seguir recuperando su stock de alimentos básicos con los que llega a unas 25.000 personas con dificultades en la provincia

 

Vigo, 09/05/16.- La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recogió más de 3.000 kilos de comida no perecedera procedentes de la Operación Kilo simultánea desarrollada este fin de semana en Moaña y Sanxenxo.

 

La cita solidaria en la que participaron unos 60 voluntarios de la ONG durante el viernes y el sábado, 6 y 7, se tradujo en unos 2.000 kilos de alimentos donados en Carrefour Market Moaña y en otros 1.200 kilos de alimentos recibidos en Carrefour Market Sanxenxo.

 

Desde el Banco de Alimentos se agradece públicamente la generosidad demostrada por la ciudadanía en ambas localidades y, también, la implicación de la cadena de hipermercados por permitir la donación de comida básica  como leche, galletas, cacao o aceite, los productos básicos más necesarios.

 

Gracias a estos más de 3.000 kilos de comida recogidos en esta nueva Operación Kilo, la ONG seguirá recuperando su stock de alimentos tanto en la nave de San Pedro de Sárdoma (Vigo) como en el almacén de Faustino Santalices (Pontevedra), con los que llega a unas 25.000 personas con dificultades en la provincia.

La  entidad repartió en 2015 cerca de 1,7 millones de kilos de comida (1.688.000 kilos), lo que representa un 30% más que en 2014, cuando fueron más de 1,3 millones de kilos (1.345.520 kilos) los entregados a los 150 colectivos sociales de la provincia a los que ayuda.