A XUNTA DE GALICIA REFORZA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN VILAGARCÍA DE AROUSA ATA ACADAR UNHA COBERTURA DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES POR RIBA DO 96% NESTE MUNICIPIO

  • 160509 vilagarcia 02cAmbos mandatarios abordaron a situación do mapa de equipamentos sociais do municipio e comprometéronse a seguir colaborando nas liñas de actuación en materia social encamiñadas a atender ás persoas e familias máis vulnerables e que máis precisan da axuda das administracións públicas.

 

Santiago, 9 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continúa a manter encontros periódicos cos rexedores e rexedoras de Galicia para avanzar, dende o consenso e a colaboración, nas liñas de actuación en materia social encamiñadas a atender ás persoas e familias máis vulnerables e que máis precisan da axuda das administracións públicas. Na xornada de hoxe Rey Varela entrevistouse no seu despacho de San Caetano co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela Paz, con quen abordou asuntos de índole social que afectan a esta localidade pontevedresa, entre outros: a ampliación de beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

 

Neste sentido, o responsable da área social do Goberno galego informou do incremento, este mesmo ano, de 70 horas na prestación de SAF Dependencia para sumar un total de 2.815 e acadar así unha cobertura de atención a persoas con autonomía limitada superior ao 96% neste municipio. “O obxectivo é conseguir todas as melloras posibles na calidade de vida das familias e das persoas dependentes, para o que continuamos a incorporar de maneira progresiva a máis persoas aos diferentes servizos que integran o sistema autonómico de atención”, indicou Rey Varela.

 

Ademais, a Consellería de Política Social colaborará co concello de Vilagarcía de Arousa no seu obxectivo de asumir con fondos locais a construción dunha nova escola infantil. Así mesmo, as dúas administracións tamén traballarán de maneira conxunta na elaboración dun mapa de chabolismo e asentamentos xitanos no municipio.

 

Por outra banda, o conselleiro e o alcalde de Vilagarcía de Arousa repasaron o mapa de equipamentos sociais da Xunta de Galicia que están en servizo nesta localidade. Así, Política Social destina 442.800 euros anuais ao funcionamento da escola infantil que depende do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que conta con seis unidades e oferta 82 prazas. Así mesmo, a administración autonómica reserva nos seus orzamentos outros 221.400 euros para o mantemento do Centro de día para persoas maiores deste concello, con 20 prazas dispoñibles. A Xunta de Galicia tamén achega 72.000 euros anuais á escola infantil municipal e sostén un total de 138 prazas financiadas con fondos públicos a través de concertos con empresas de iniciativa social que traballan na zona, o que supón un investimento superior aos dous millóns de euros. Estes concertos permiten dar unha maior oferta de prazas en residencia de maiores e de menores, en vivendas tuteladas e en Centros de día tanto para persoas con discapacidade como para maiores; así como ter en marcha unha casa de familia.

 

Como nos anteriores encontros que o titular da carteira autonómica de Política Social vén mantendo dende outubro do ano pasado cos alcaldes de Galicia, no que tivo lugar esta tarde o conselleiro e o primeiro edil de Vilagarcía de Arousa abordaron outros temas de índole social. Trátase de ir coordinando unha estratexia social a nivel autonómico e local que supoña unha mellor optimización e dinamización dos recursos dos que dispoñen as administracións coa finalidade de acadar todas as melloras posibles na calidade de vida dos galegos e galegas. Deste xeito, a Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de unir esforzos a prol dunha política social axeitada que se adapte ás necesidades actuais de cada municipio.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: