A XUNTA REALIZA O ACTO DE IZADO DA BANDEIRA DA UE PARA CONMEMORAR O DÍA DE EUROPA

  • No acto participaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompa–ado do conselleiro de Facenda, Valeriano Mart’nez, participar‡ no acto de izado da bandeira da Uni—n Europea con motivo da conmemoraci—n do D’a de Europa.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompa–ado do conselleiro de Facenda, Valeriano Mart’nez, participar‡ no acto de izado da bandeira da Uni—n Europea con motivo da conmemoraci—n do D’a de Europa.

Santiago, 9 de maio de 2016.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, participaron hoxe no izado da bandeira da Unión Europea con motivo da conmemoración do Día de Europa, nun acto que se celebrou diante da fachada principal das instalacións centrais da Xunta de Galicia, en San Caetano.

 

A Comunidade galega, pese ao seu carácter periférico dende o punto de vista xeográfico, tense convertido nas últimas décadas nunha rexión plenamente identificada coa construción europea, cunha relación cada vez máis sólida con Bruxelas tanto política, como económica e socialmente.

 

Eidos como a política pesqueira e agrícola, a cooperación transfronteiriza co norte de Portugal ou a xestión dos fondos estruturais son algúns deses asuntos comunitarios nos que a implicación de Galicia con Europa queda patente día a día.

 

Ademais, a solidariedade comunitaria, como parte esencial da UE dende o seu inicio, ten contribuído de xeito decisivo ao fortalecemento da Comunidade galega dende a súa adhesión.

 

O Día de Europa celébrase xa desde hai máis de dúas décadas, para homenaxear a Jean Monnet e a Robert Schuman, os cales un 9 de maio de 1950 lanzaron a idea de integrar a todas as nacións europeas para poder desterrar para sempre a guerra deste continente, sendo a orixe e semente da creación da actual Unión Europea.

 

O acto realizado hoxe nas instalacións da Administración autonómica está previsto na normativa europea de fondos estruturais da política de cohesión.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: