JOSÉ MANUEL REY VARELA VISITA A FUNDACIÓN DE ADULTOS DISCAPACITADOS DE A CORUÑA QUE TRABALLA NA PROMOCIÓN E XESTIÓN DE SERVIZOS DE ASISTENCIA SOCIAL PARA ESTE COLECTIVO

  • A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, realizará unha visita ás instalacións da Fundación ADCOR. Na carreteira de los Fuertes - Monte de San Pedro, 14 09/05/2016 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    A Coruña
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, realizará unha visita ás instalacións da Fundación ADCOR. Na carreteira de los Fuertes – Monte de San Pedro, 14
    09/05/2016
    Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    O conselleiro encomiou o traballo que desenvolven en Galicia entidades Adcor para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias a través da especialización na atención e da procura da integración social, un obxectivo compartido pola Xunta de Galicia

  • A Xunta de Galicia mantén un total de tres concertos de reserva e ocupación de prazas para outras tantas instalacións, e polas que no 2016 achega preto de 315.000 euros

 

A Coruña, 9 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá a residencia da terceira idade e a residencia para persoas con discapacidade da Fundación de Adultos Discapacitados de A Coruña (ADCOR), unha organización que traballa na promoción e xestión de servizos de asistencia social para persoas adultas. Na visita tamén estivo presente a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez.

 

Entre os obxectivos de ADCOR están fomentar a integración social e laboral que facilite a incorporación ao mercado laboral de persoas con discapacidade intelectual; habilitar social e profesionalmente a persoas cuxa discapacidade lles impida incorporarse ao mundo do traballo; ou favorecer o desenvolvemento da autonomía persoas e social, potenciando a autoestima e responsabilidade de cara a acadar un cambio de rol a nivel persoal e social, entre outros. A fundación conta cun centro de día, dous centros ocupacionais, servizo residencial, pisos tutelados e un centro especial de emprego, ademais da sede social e da sede administrativa.

 

O conselleiro encomiou o traballo que desenvolven en Galicia entidades ADCOR para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias a través da especialización na atención e da procura da integración social, un obxectivo compartido pola Xunta de Galicia. Para a consecución do mesmo, a administración autonómica mantén varias liñas de colaboración coa entidade, unha delas o concerto de reserva e ocupación de prazas para o mantemento do Centro de Día, con 16 prazas e para o que a Xunta achega no 2016 un importe de 28.371 euros. Así mesmo mantén outros dous concertos de reserva e ocupación de prazas; un destinado ao Centro Ocupacional, para o mantemento de 62 prazas nas que a Xunta inviste 109.938 euros; e outro para a Residencia de Adultos, na que o orzamento público ascende a 176.256 para o mantemento de 12 prazas no ano 2016.

 

O colectivo de persoas con discapacidade gaña en 2016 en presenza e en recursos económicos na nova carteira autonómica de Política Social. De feito, a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aumentou o seu peso nos Orzamentos da Xunta para a presente anualidade ata chegar aos 281,3 millóns de euros, cantidade que supón practicamente un terzo do global dos presupostos destinados ás políticas sociais.

 

Esta etapa comezada en políticas sociais signifícase por un traballo máis intenso coas entidades en temas como o desenvolvemento do Plan de Acción da Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, aprobada polo Consello da Xunta en novembro do ano pasado. Na actualidade está en proceso o desenvolvemento desta estratexia, que abrangue seis liñas estratéxicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: