POLÍTICA SOCIAL PROMOVE UN FORO SOBRE AS REALIDADES QUE VIVEN OS MENORES TRANSEXUAIS EN GALICIA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A HOMOFOBIA

  • A través dos Centros Quérote da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Santiago, 9 de maio de 2016.- A Consellería de Política Social, a través dos Centros Quérote da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, organizou na tarde de hoxe na Escola Universitaria de Traballo Social da USC un foro no que se falou das realidades que están a vivir os menores transexuais e as súas familias na comunidade galega. Neste relatorio participaron, ademais, as asociacións de familiares de menores transexuais, Arelas e Sexus.

Esta iniciativa forma parte dunha serie de actuacións que se realizan durante estes días para conmemorar o vindeiro 17 de maio o Día internacional de loita contra a homofobia, a transfobia e a lesbofobia. Os Centros Quérote+ levan a cabo accións ao longo de todo o ano accións concretas neste ámbito para contribuír na visibilización da diversidade sexual promovendo actitudes de respecto social.

As actuacións enmárcanse nas diferentes actuacións que está a desenvolver a Xunta neste eido, administración autonómica que foi a primeira de España en crear unha Lei pola non discriminación contra os membros da comunidade LGBTI, Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

Deste xeito, os técnicos deste departamento veñen de realizar unha enquisa a 500 estudantes de  terceiro da ESO da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se resalta que o 79% deste alumnos non consideran a transexualidade como unha enfermidade e o 81,8% valoran que hai que aceptar que as persoas transexuais se expresen segundo os seus desexos.

Ademais, os Centros Quérote+ asesoran aos mozos e mozas e as súas familias en consultas relativas á identidade sexual, mesmo sobre o propio proceso de transición, conformando un espazo de apoio e orientación nesta materia. Na área de formación, os contidos LGTBI forman parte das intervencións en centros de ensino, así coma no traballo con familias e profesorado, co ánimo de coñecer mellor e comprender a diversidade sexual, contribuíndo a unha vivencia máis positiva da sexualidade.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: