Inauguración de «Anomia» de Rosa Úbeda. Venres, 13 de maio, 19.00h. Fundación Laxeiro, Vigo
Exposición titulada «Anomia» de Rosa Úbeda que inauguramos o venres, 13 de maio a partir das 19.00h.
La exposición se articula a partir de una selección de obras de diferentes etapas, en un proyecto comisariado por Javier Pérez Buján, centrado en la obra pictórica de gran formato, que pretende dar visibilidad a una de las trayectorias más sólidas y no lo suficientemente reivindicadas, de la pintura en Galicia de los últimos quince años.
Anomia se ofrece al público con una intención de liberación de las reglas que, por un lado, rigen nuestra vida y por otro lado, rigen también las normas del lenguaje que cimentan las relaciones sociales y el ordenamiento del mundo. A partir de esta ausencia de reglas, la exposición va introduciéndonos en una serie de relatos que hablan de cuestiones como la identidad, el deseo, el miedo y la dificultad de comunicación, con las relaciones personales como hilo conductor.
El relato de Rosa Úbeda, a veces dramático y a veces divertido, se va articulando en un continuo que descubre temores y fantasías comunes, tratados desde la extrañeza de quien aborda la problemática de la socialización desde l conflicto de la inevitable interacción con el otro y, a la vez, de su necesidad.
La idea de límite es otro hilo conductor que nos ayudará a entender este trabajo, el límite que traza la diferencia entre la comunicación y la incomunicación y que es utilizado también en la resolución plástica de cada una de las obras que forman la exposición. Rosa Úbeda yuxtapone lenguajes y técnicas con gran eficacia, utilizando masas de color, textos fragmentados, dibujos sobre papel, pegados sobre la superficie pictórica o realizados directamente sobre manchas de acrílico, en una interesante tensión entre una concepción abstracta de la composición y la necesidad de la utilización de recursos figurativos para componer su relato.
Con esta compleja sintaxis, Rosa Úbeda ordena un personal léxico a partir de un aparente caos comunicativo en el que, una vez que nos adentramos, todo se nos desvela como fácilmente entendible. La composición cromática, a veces llamativa y a veces de una gran austeridad, funciona perfectamente como soporte para sus personajes, dibujados a partir de una desnudez en el trazo que refuerza esa desnudez existencial, esa fragilidad con la que Rosa presenta al ser humano, en una continua contradicción (la cálida intensidad del cromatismo y la austeridad del dibujo) que ilustra de forma precisa la contradicción entre la prodigiosa existencia del mundo y la incertidumbre de nuestro destino.
JOSÉ MANUEL REY VARELA INSISTE NO DIÁLOGO COAS DEMAIS ADMINISTRACIÓNS PARA XUNTAR ESFORZOS E ACADAR UNHA MELLORA DA POLÍTICA SOCIAL EN GALICIA
-
17,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá unha reunión cos integrantes da Mancomunidade de Concellos do Carballiño. No despacho do conselleiro
foto xoán crespo
10/05/16Ambos mandatarios bordaron a temática social relativa aos concellos de dita mancomunidade e avanzaron, xunto ao titular de Política Social, posibles vías de colaboración coa Administración autonómica para mellorar tanto as os servizos de atención aos cidadáns
- Rey Varela destacou o incremento de horas no Servizo de Axuda no Fogar a Dependencia
Santiago, 10 de maio de 2015.- A Consellería de Política Social insiste na súa liña de diálogo coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación. Neste sentido, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo unha xuntanza de traballo no día de hoxe co presidente da Mancomunidade de concellos do Carballiño, Manuel Cerdeira Lorenzo. No encontro tamén estivo presente a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez.
Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, conselleiro e presidente abordaron a temática social relativa aos concellos que este último representa e avanzaron posibles vías de colaboración coa Administración autonómica para mellorar tanto as infraestruturas como os servizos de atención aos cidadáns.
Deste xeito, a optimización dos recursos locais e autonómicos foi un dos piares da conversa que mantiveron os responsables políticos. En particular, Rey Varela destacou o incremento de 413 horas mensuais no Servizo de Axuda no Fogar á Dependencia, polo que o número de horas de servizo prestadas ao mes ascende a 3.281. Isto supón un aumento anual de 4.956 horas de servizo. Na actualidade, un total de 60 veciños e veciñas da Mancomunidade se benefician deste servizo, que presenta unha ratio de atención do 87%.
Pacha Ibiza y Vagabundos revelan line up 2016
Luciano, Cesar Merveille, Mirko Loko & Valentino Kanzyani estrenan INSANE el próximo 20 de mayo
Get tickets here: http://bit.ly/1LpZ0zU
Stay updated: www.pachaibiza.com
Vagabundos, la fiesta que comienza el 20 de mayo y completará siete fechas hasta su cierre el 16 de septiembre como parte de la residencia INSANE, contará con Luciano y tres artistas invitados seleccionados de un line up creado minuciosamente, que combinará un rango de sonidos y sensaciones instalados en una atmósfera acogedora y tentadora como la que los fans de Vagabundos esperan.
Lineup (orden alfabético):
Alfonso Leon | Cesar Merveille | dOP | Ezikiel | Guillaume & The Coutu Dumonts
Josh Wink | Livio & Roby | Luciano (every single friday) | Martin Buttrich
Mathias Kaden | Michel Cleis | Mirko Loko | Octave One (Live) | Tobi Neumann | Ryan Crosson | Valentino Kanzyani
Dates:
20 de mayo – Opening
10 de junio
1 de julio
29 de julio
12 de agosto
9 de septiembre
16 de septiembre – Closing
###
O Goberno local do Porriño acomete de urxencia a mellora do acceso ao barrio de Orbenlle
O concelleiro de Vías e Obras e tenente de alcalde do Porriño, Manuel Carrera, ven de impulsar o inicio dunha obra de urxencia na estrada de acceso ao barrio de Orbenlle que, en conxunto, abrangue unha superficie de uns 3.500 metros cadrados, 150 metros lineais que, sinala o concelleiro “levaba 30 anos sen asfaltar”.
A zona, subliña Carrera, estaba “intransitábel”, maila a ser de paso diario de centos de camións e vehículos que chegan ao Polígono de A Granxa e o barrio de Orbenlle.
As obras de mellora, que empezaron o venres pasado, e que estarán rematadas esta mesma semana, engadirán unha cuneta en formigón, sinalización horizontal e vertical, unha faixa de 1,80 metros de ancho destinada a paso de peóns e 11 novos puntos de luz, que eran outras das máis reiteradas reivindicacións dos veciños, no so deste barrio senón de toda a parroquia de Budiño.
Manuel Carrera, quen lembra que o adecentamento deste treito “foi a última petición que me fixo o ex alcalde Barros antes do seu falecemento”, sinala a importancia da colaboración da Comunidade de Montes de Budiño, que está facendo un importante traballo de desborde, para recuperar un lugar do Porriño, de “alto valor natural”, especialmente ornitolóxico, que ata o da gora “estaba moi abandonado e esquecido”.
O tenente de alcalde agradece a labor dun grupo de voluntarios, as que acompañou o domingo pasado, e que nos últimos meses axudaron a derrubar o Centro de Interpretación da Natureza, “que estaba xa moi deteriorado”, e a facer unha importante plantación de árbores autóctonas que contribuirá á recupración para as veciñas e veciños dun hábitat único.
Real Filharmonía de Galicia en Afundación Vigo
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta o vindeiro xoves 19 de maio, en Vigo, un novo concerto da tempada de música clásica, nesta ocasión coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida por Maxim Emelyanychev. O recital, composto por obras de Ravel, Fauré, Poulenc e Beethoven, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, á parte da política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas, este concerto enmárcase dentro do programa «Quedamos non palco, quedamos coa clásica» co que se pon á disposición dos centros educativos de ESO e bacharelato entradas gratuítas. Os centros poden solicitalas no teléfono 988 391 746 ou no correoquedamosnopalco@afundacion.org. O mesmo programa tamén ofrece entradas con desconto para os menores de 35 anos media hora antes de cada concerto no despacho de billetes do teatro.
POLÍTICA SOCIAL COLABORA NO III CURSO DE ATENCIÓN FARMACÉUTICA EN CENTROS SOCIO SANITARIOS QUE ABORDA TEMAS ORIENTADOS A MELLORAR A ATENCIÓN A MAIORES NAS RESIDENCIAS
- Destaca a importancia da revisión dos marcos de actuación competencial e da mellora dos procesos de coordinación entre a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
Santiago, 10 de maio de 2016.- A Consellería de Política Social a través do Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo (CRAPD) colaborará na realización do III Curso de Atención Farmacéutica en Centros Socio sanitarios, organizado polo Servizo de Farmacia da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo e que se celebrará a partir de mañá ata o 13 de maio no devandito centro.
Este Complexo Residencial é o maior centro de atención á dependencia no sector da terceira idade en Galicia e referente autonómico dos recursos residenciais e servizos aos maiores da nosa Comunidade. O CRAPD é un equipamento residencial para a atención de maiores con tipoloxía de dependentes maioritariamente de grao III e que conta cun total de 454 prazas autorizadas.
O curso vai dirixido fundamentalmente a farmacéuticos residentes ou especialistas en farmacia hospitalaria e farmacéuticos de atención primaria, abordándose temas como a lexislación farmacéutica e xestión loxística nas residencias de atención a persoas maiores, a valoración nutricional do paciente socio sanitario, as ferramentas para un uso eficiente do medicamento, o manexo farmacoterapéutico na enfermidade terminal e a exposición de proxectos en marcha para un envellecemento activo e saudable.
Unha vez incorporadas as residencias da Consellería de Política Social ao sistema de farmacia hospitalaria a través dun acordo de colaboración de subministración de medicamentos, é importante revisar os marcos de actuación competencial así como mellorar os procesos de coordinación entre a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade co obxectivo de avanzar na mellora da calidade asistencial desde o ámbito da atención farmacéutica xeriátrica nos centros residenciais.
Devandito acordo está a permitir unha atención farmacéutica idéntica á utilizada en complexos hospitalarios da Comunidade Autónoma, mediante un modelo de prestación farmacéutica nos centros residenciais de servizos sociais no que se conta con farmacéuticos vinculado ao Servizo de Farmacia do hospital. Este marco de colaboración permite aproveitar os sistemas de xestión da farmacia hospitalaria da man de profesionais do SERGAS, demostrado vantaxes tanto no ámbito clínico asistencial como de racionalización no uso e o custo dos tratamentos farmacéuticos nas residencias de maiores..
Este modelo diminúe os ingresos hospitalarios, optimiza a farmacoterapia nos pacientes anciáns, e mellora a seguridade na utilización dos medicamentos mediante a integración do farmacéutico no equipo asistencial do centro, que é peza crave na coordinación da continuidade asistencial entre atención primaria e especializada do usuario do servizo residencial.
REY VARELA DEFENDE A COORDINACIÓN E COLABORACIÓN ENTRE AS ADMINISTRACIÓNS AUTONÓMICA, ESTATAL E EUROPEA PARA ABORDAR A CUESTIÓN DEMOGRÁFICA
O responsable da área social do Goberno galego sinalou que “reverter a situación demográfica actual é un auténtico obxectivo de país e unha das tarefas fundamentais de goberno”, xa que “dende a Xunta queremos debuxar un pobo galego con máis nenos, maior esperanza de vida e unha pirámide de poboación renovada”, engadiu
- Na súa intervención, Rey Varela deu conta de actuacións e medidas que a Xunta de Galicia está a desenvolver de maneira transversal neste campo, como o Plan de Dinamización Demográfica de Galicia ou o Plan Estratéxico Rexional de Galicia 2015-2020
- Asemade, referiuse a intervencións de dinamización demográfica que se están a impulsar dende a Consellería de Política Social como a Tarxeta Benvida, as deducións fiscais por nacemento ou adopción, a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo, o incremento das prazas na rede autonómica de escolas infantís, as Casas Niño no rural, o Bono Concilia, o Bono Coidado ou a incorporación da flexibilidade do horario laboral e o teletraballo na función pública galega
- O conselleiro tamén destacou que Galicia liderará o vindeiro mes de xuño o Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREDD), do que forman parte oito Comunidades Autónomas con balances demográficos negativos e que ten por obxectivo “poñer en común experiencias e, en base ao consenso e a coordinación, avanzar fronte ao gran desafío común que supón a cuestión demográfica”, dixo.
Santiago, 10 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, valorou hoxe a situación demográfica como “un reto de presente, pero sobre todo de futuro”, que non é exclusivo desta Comunidade Autónoma senón que afecta ao conxunto de España e a outras rexións europeas. Así o fixo na inauguración da xornada titulada “O futuro demográfico, a debate” organizada polo Consello Económico e Social de Galicia (CES) e o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e que se celebrou no Salón de Plenos do CES Galicia. “Reverter a situación demográfica actual é un auténtico obxectivo de país e unha das tarefas fundamentais de goberno”, xa que “dende a Xunta queremos debuxar un pobo galego con máis nenos, maior esperanza de vida e unha pirámide de poboación renovada”, engadiu.
Na súa intervención, o titular da carteira autonómica de Política Social avogou polo consenso, o diálogo e a coordinación entre institucións para abordar a cuestión demográfica, insistindo en que “cómpre que as administracións autonómica, estatal e europea avancemos xuntas da man porque é unha cuestión que nos afecta de maneira conxunta”. E, ao fío disto, sinalou que as actuacións que se leven a cabo neste eido deben ter percorrido a medio e longo prazo, posto que “temos que ser conscientes de que ningún plan ou intervención é a solución e que a situación actual non se superará nun ano”.
Ao respecto, Rey Varela asegurou que a Xunta de Galicia ten asumido o obxectivo de cambiar a tendencia demográfica de maneira transversal, e sinalou as accións e medidas que nos últimos anos se teñen levado a cabo dende o Goberno autonómico. Entre outras referiuse ao Plan de Dinamización Demográfica de Galicia e ao Plan Estratéxico Rexional de Galicia 2015-2020, que aposta por implantar un paquete integral de medidas de revitalización demográfica co obxectivo de que a Comunidade se achegue progresivamente á media de fillos por muller da Unión Europea, que é de 1,59.
Asemade, o conselleiro enumerou outras medidas de dinamización demográfica impulsadas dende a área de Política Social como a Tarxeta Benvida, as deducións fiscais por nacemento ou adopción, a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo, o incremento das prazas públicas e das financiadas con fondos públicos na rede autonómica de escolas infantís, a posta en marcha das Casas Niño no rural, o Bono Coidado e o Bono Concilia ou a incorporación da flexibilidade do horario laboral e do teletraballo na función pública galega. Estas e outras medidas, explicou Rey Varela, forman parte do Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia) a través do que “destinamos máis recursos e servizos que nunca para que este país sexa un lugar mellor para ter fillos pero, sobre todo, o mellor lugar posible para ser neno ou nena”, apuntou.
Actuacións con outras rexións
Así mesmo, Rey Varela lembrou que a partir do vindeiro mes de xuño Galicia liderará o Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREDD) do que forman parte oito Comunidades Autónomas que presentan balances demográficos negativos: Galicia, Castilla La Mancha, Castilla y León, Extremadura, Asturias, Aragón, Cantabria y La Rioja. Ao respecto desta convocatoria, o responsable da área social do Goberno galego manifestou que a finalidade da mesma “é poñer en común experiencias e, en base ao consenso e a coordinación, avanzar fronte ao gran desafío común que supón para todas estas Comunidades a cuestión demográfica”.
Por último, o conselleiro deu conta da nova medida aprobada o mes pasado polo Consello da Xunta neste ámbito: a próxima creación do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica como centro de referencia a nivel rexional e iniciativa pioneira no Estado. Este observatorio funcionará como un órgano colexiado de consulta, colaboración e participación para o estudo e análise permanente da realidade demográfica de Galicia, así como para o asesoramento aos poderes públicos da Comunidade Autónoma en relación coas políticas de dinamización demográfica.
LÓPEZ-CHAVES PIDE AO CONCELLO DE VIGO QUE SE INCORPORE XA AO TRANSPORTE METROPOLITANO E QUE DEIXE DE BUSCAR ESCUSAS
A Xunta manterá mañá un novo encontro con representantes municipais para tratar este asunto a petición do goberno local
- O Concello de Vigo ten no seu poder dende hai máis dunha semana o convenio para que o aprobe e se incorpore ao Transporte Metropolitano
- O delegado da Xunta amosa a súa “preocupación” pola falta de incorporación de Vigo ao Transporte Metropolitano coma así comprometeu o alcalde Abel Caballero hai xa case 3 meses e despois das declaracións feitas en “innumerables ocasións”
- Espera que esta reunión non sexa unha escusa máis para dilatar a tramitación da modificación da Lei da Área Metropolitana.
O comité executivo do PPdeG conta con 21 pontevedreses
Renovación do 65% nos representantes electos da provincia.
O comité executivo do PPdeG conta con 21 pontevedreses
- A alcaldesa de Moraña e coordinadora de Organización do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro, é a nova vicesecretaria de Acción Electoral.
- Alberto Pazos, de Redondela, é o novo secretario de Organización.
VALERIANO MARTÍNEZ RESALTA QUE O PLAN ESTRATÉXICO 2015-2020 SERVE PARA “ACHEGAR CERTEZAS E FUXIR DAS IMPROVISACIÓNS”
O conselleiro de Facenda explicou que Galicia contará cunha folla de ruta coa que impulsar e liderar un proxecto de futuro para afrontar os novos desafíos de 2020
§ Sinalou que todas as administracións precisan dun marco estable para formular expectativas realistas e duradeiras nas que poder facer realidade os seus proxectos
§ Remarcou a importancia de que os grupos parlamentarios logren “acordos e consensos” sobre o seu contido, porque é unha demanda da sociedade
§ Os obxectivos do plan céntranse en acadar unha Galicia máis igualitaria, cun benestar reforzado e con máis e mellor emprego de calidade
§ Como principios irrenunciables, o plan inclúe a blindaxe do gasto social, en non subir impostos e en seguir na senda de redución do endebedamento público
§ Entre os principais retos, o conselleiro citou a consolidación do crecemento económico e o aumento en máis de 100.000 o número de empregos.