JOSÉ MANUEL REY VARELA INSISTE NO DIÁLOGO COAS DEMAIS ADMINISTRACIÓNS PARA XUNTAR ESFORZOS E ACADAR UNHA MELLORA DA POLÍTICA SOCIAL EN GALICIA

  • 17,00 h.-   O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá unha reunión cos integrantes da Mancomunidade de Concellos do Carballiño. No despacho do conselleiro foto xoán crespo 10/05/16

    17,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá unha reunión cos integrantes da Mancomunidade de Concellos do Carballiño. No despacho do conselleiro
    foto xoán crespo
    10/05/16

    Ambos mandatarios bordaron a temática social relativa aos concellos de dita mancomunidade e avanzaron, xunto ao titular de Política Social, posibles vías de colaboración coa Administración autonómica para mellorar tanto as os servizos de atención aos cidadáns

  • Rey Varela destacou o incremento de horas no Servizo de Axuda no Fogar a Dependencia

 

Santiago, 10 de maio de 2015.- A Consellería de Política Social insiste na súa liña de diálogo coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación. Neste sentido, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo unha xuntanza de traballo no día de hoxe co presidente da Mancomunidade de concellos do Carballiño, Manuel Cerdeira Lorenzo. No encontro tamén estivo presente a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez.

 

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, conselleiro e presidente abordaron a temática social relativa aos concellos que este último representa e avanzaron posibles vías de colaboración coa Administración autonómica para mellorar tanto as infraestruturas como os servizos de atención aos cidadáns.

 

Deste xeito, a optimización dos recursos locais e autonómicos foi un dos piares da conversa que mantiveron os responsables políticos. En particular, Rey Varela destacou o incremento de 413 horas mensuais no Servizo de Axuda no Fogar á Dependencia, polo que o número de horas de servizo prestadas ao mes ascende a 3.281. Isto supón un aumento anual de 4.956 horas de servizo. Na actualidade, un total de 60 veciños e veciñas da Mancomunidade se benefician deste servizo, que presenta unha ratio de atención do 87%.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: