Real Filharmonía de Galicia en Afundación Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta o vindeiro xoves 19 de maio, en Vigo, un novo concerto da tempada de música clásica, nesta ocasión coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida por Maxim Emelyanychev. O recital, composto por obras de Ravel, Fauré, Poulenc e Beethoven, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, á parte da política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas, este concerto enmárcase dentro do programa «Quedamos non palco, quedamos coa clásica» co que se pon á disposición dos centros educativos de ESO e bacharelato entradas gratuítas. Os centros poden solicitalas no teléfono 988 391 746 ou no correoquedamosnopalco@afundacion.org. O mesmo programa tamén ofrece entradas con desconto para os menores de 35 anos media hora antes de cada concerto no despacho de billetes do teatro.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: