VALERIANO MARTÍNEZ RESALTA QUE O PLAN ESTRATÉXICO 2015-2020 SERVE PARA “ACHEGAR CERTEZAS E FUXIR DAS IMPROVISACIÓNS”
O conselleiro de Facenda explicou que Galicia contará cunha folla de ruta coa que impulsar e liderar un proxecto de futuro para afrontar os novos desafíos de 2020
§ Sinalou que todas as administracións precisan dun marco estable para formular expectativas realistas e duradeiras nas que poder facer realidade os seus proxectos
§ Remarcou a importancia de que os grupos parlamentarios logren “acordos e consensos” sobre o seu contido, porque é unha demanda da sociedade
§ Os obxectivos do plan céntranse en acadar unha Galicia máis igualitaria, cun benestar reforzado e con máis e mellor emprego de calidade
§ Como principios irrenunciables, o plan inclúe a blindaxe do gasto social, en non subir impostos e en seguir na senda de redución do endebedamento público
§ Entre os principais retos, o conselleiro citou a consolidación do crecemento económico e o aumento en máis de 100.000 o número de empregos.