Archivo | mayo 12, 2016

Concerto Solidario polas represaliadas na loita da Rotonda de Coia

14maio_concerto_webSábado 14 de maio – 20:30 – CSOA “A Quinta da Carminha” (r/Carme 1, Vigo, entrada lateral)

Continuamos cos actos en solidariedade co compañeiro Diego, vítima dun proceso xudicial inxusto. Por mor dunha montaxe policial: Diego enfróntase a unha petición de varios anos de cadea e máis de 15000 euros de responsabilidade civil; tan só por participar nas reivindicacións, e loitar por unha vida digna para todas.

Co obxecto de continuar xuntando os cartos colectivamente organizamos este concerto no que poderedes disfrutar da música de Saúl Zaitsev, Pipe Díaz e Nano Selektah.A entrada é de balde e haberá comida e bebida a prezos populares.

Pola xustiza social. Contra o estado policial. Porque Diego poderíamos ser todas, acude e colabora!

A XUNTA LAMENTA QUE O CONCELLO DE VIGO INCUMPRA O COMPROMISO QUE ADQUIRIU COS CONCELLOS DA ÁREA DE ADHERIRSE AO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO E INTENTE ABRIR UNHA NOVA NEGOCIACIÓN

A directora xeral de Mobilidade mantivo esta tarde unha xuntanza coa concelleira de Transportes de Vigo na que participaron tamén o director xeral de Administración Local e o delegado da Xunta na área

 

  • O Goberno galego acepta incluír no convenio do Plan de Transporte Metropolitano garantías que vinculen a incorporación de Vigo á reforma da Lei da Área, pero, en ningún caso, cláusulas que impliquen discriminacións entre os cidadáns dos diferentes municipios
  • A Xunta reitera que cumprirá cos prazos comprometidos para a reforma da Lei da Área e reclama que o Concello de Vigo cumpra tamén coa folla de ruta acordada e aprobe o antes posible o convenio de adhesión ao Plan de Transporte.

MARCO: programación fin semana DIM (14 e 15 de maio)

 DIM no MARCOMiniaturas+Pes foto_SEOANE_gal_page6_image16

Día Internacional do Museo

“Museos e paisaxes culturais”

SÁBADO 14 e DOMINGO 15 de maio

Actividades para públicos de todas as idades

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

 

Día Internacional do Museo 2016

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte.

O lema proposto polo ICOM para o DIM 2016 é ‘Museos e paisaxes culturais’, que salienta a idea dos museos como centros territoriais de protección activa da paisaxe cultural. http://bit.ly/1VMsqMK

O MARCO súmase a esta celebración e ofrece unha programación especial na fin de semana do sábado 14 e domingo 15 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, que se suman ás exposicións que actualmente se exhiben en salas: a retrospectiva de MARÍA LUISA FERNÁNDEZ na planta baixa, o proxecto de MÓNICA CABO no Anexo; e a mostra de GRACE SCHWINDT no primeiro andar. Será a última semana na que se poderá visitar esta exposición, que se clausura o domingo 15 de maio.

Entre as actividades previstas, dúas están directamente en relación co lema deste ano: o obradoiro en torno á paisaxe cultural galega, dirixido por Fran Quiroga, e o proxecto Documentando o MARCO.

Outras actividades específicas para público infantil e adulto completan a oferta do MARCO nesta fin de semana: obradoiros para público infantil en colaboración coProxecto ENKI, visitas ás exposicións, percorridos guiados polaBiblioteca, oferta de catálogos de ocasión, e o Brunch ofrecido porMiguel Oliveira restaurante con ocasión desta celebración.

 

Obradoiro

‘A paisaxe cultural galega. Un (intento de) mapexo’

Sábado 14 de maio

 

Dirixido por: Fran Quiroga

Investigador independente, coordinador CulturaLab Master Servizos Culturais da USC, e coordinador de Ruraldecolonizado

Colabora: IET Instituto de Estudos do Territorio

MARCO, salón de actos

Sábado de 11.00 a 14.30

Gratuíto, previa inscrición.

Prazas limitadas ata completar un aforo máximo de 20 persoasunnamed

+ info en http://bit.ly/1O3iVWT

Considerar a paisaxe como proceso dinámico, determinado pola construción cultural, fai preciso ver como os habitantes trazan a integración do humano e o cultural coa natureza, coa terra. Neste obradoiro formúlanse cuestións como: é posible falar dunha paisaxe cultural sen habitantes?; existe unha paisaxe cultural inmutable ou, se é cambiante, como podemos protexer algo mutante?; como se relaciona a memoria coa paisaxe?; como podemos facer que a cidadanía recupere o protagonismo na salvagarda do seu patrimonio paisaxístico?

A través desta actividade procúranse repensar as bases para a salvagarda de paisaxes relevantes pola súa significación cultural, atendendo ás seguintes coordenadas: paisaxes agrícolas, gandeiras e forestais; paisaxes industriais, infraestruturas e actividades comerciais; paisaxes urbanas, históricas e defensivas; paisaxes simbólicas.

A metodoloxía do encontro combina unha primeira parte de análise teórica e debate sobre o concepto de paisaxes culturais e a súa relevancia, seguido do obradoiro en si, no que os participantes van situando en mapas de Galicia aquelas paisaxes que consideran que destacan polo seu interese cultural, así como os museos que se espallan ao longo da xeografía galega. Os mapas/conclusións do obradoiro, acompañados dun texto explicativo, quedarán abertos ao público durante a tarde do sábado no propio salón de actos.

 

‘Documentando o MARCO’

Sábado 14 de maio

 

MARCO, Biblioteca-Centro de documentación (1º andar)

Sábado de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Para público en xeralunnamed (1)

En liña co lema de “Museos e paisaxes culturais”, o MARCO retoma este proxecto iniciado en 2008, baseado no propio edificio do Museo como lugar de memoria e como espazo simbólico.

Unha actividade especial para maiores, que ten como obxectivo recoller testemuños sobre o pasado do edificio do MARCO, antes da súa rehabilitación e o seu novo uso como Centro de Arte Contemporánea, para axudarnos a recompilar a ‘memoria viva’ do edificio a través de experiencias persoais. Os testemuños son recollidos ben por escrito, ben con gravacións de voz ou de imaxe de vídeo. Tamén se anima ás persoas interesadas a achegar documentación como fotografías, cartas, etc. que consideren de interese como imaxe ou relato do pasado. O material recollido será dixitalizado e quedará depositado na Biblioteca-Centro de Documentación.

Máis alá da fin de semana do DIM, trátase dunha iniciativa con vocación de continuidade, que seguirá desenvolvéndose nos vindeiros meses a través da Biblioteca-Centro de documentación.

 

Visitas guiadas á Biblioteca-Centro de documentación

 

MARCO, Biblioteca-Centro de documentación (1º andar)

Sábado de 12.30 a 13.15, e de 18.30 a 19.15unnamed (2)

Para público en xeral

Visita aos fondos da Biblioteca na compaña da súa responsable, Iria Fernández Mouriz, explicando de xeito ameno as funcións e actividades levadas a cabo.

A Biblioteca-Centro de documentación do MARCO é un servizo gratuíto que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos da cultura contemporánea. Ademais da súas actividades habituais, a Biblioteca programa tamén eventos específicos e mostras bibliográficas e documentais en torno aos artistas e obras presentes nas exposicións temporais do MARCO.

 

Obradoiros infantís para público familiar

Sábado 14 e domingo 15 de maio

MARCO, Laboratorio das Artes (1º andar)

Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de adultos

 

‘Pintando a ENKI’

En colaboración co Proxecto ENKI, promovido por Asociación ASPANAEX e Fundación ABRENTE

Sábado de 12.00 a 14.00

 

 

Esta actividade dirixida a público familiar, que consiste nun obradoiro de pintura de dedos a partir de figuras de cartón, realízase en colaboración coa Asociación ASPANAEX e a Fundación ABRENTE, promotoras do proxecto ENKI, e está concibida como promoción e difusión desta iniciativa. ENKI é un proxecto social que ten como obxectivos a integración e visibilización de colectivos e persoas con diversidade funcional. Cara ao grande evento que terá lugar en Vigo o domingo 29 de maio, os promotores están levando a cabo distintas accións de difusión na cidade, entre as que se inclúe o obradoiro deste día no MARCO, así como a acción ‘Xuntos construiremos un mundo mellor’ que terá lugar o mesmo sábado na rúa Príncipe, fronte á fachada principal.

+ info en www.enkiproyecto.com

 

‘DIM para familias’

Sábado de 18.00 a 20.00, domingo de 12.00 a 14.00

Ademais do obradoiro do sábado pola mañá, a oferta de actividades infantís para público familiar continúa no MARCO durante a tarde do sábado e a mañá do domingo. Nesta ocasión, as actividades para os máis pequenos xiran ao redor da idea de escultura, tomando como base a exposición de  MARÍA LUISA FERNÁNDEZ. je, je… luna, nas salas da planta baixa.

‘O MARCO POR DENTRO’

Visitas guiadas ás exposicións

Sábado 14 e domingo 15 de maio

MARCO, salas de exposición

Sábado ás 13.00 e ás 19.00, domingo ás 13.00

Para público en xeral

Esta fin de semana é unha excelente ocasión para percorrer os espazos do MARCO na compaña dos monitores de sala. A través deles coñeceremos as linguaxes artísticas de MARÍA LUISA FERNÁNDEZ, e achegarémonos á proposta de MÓNICA CABO no Anexo. Ademais, será a última semana para desfrutar da exposición de GRACE SCHWINDT, que se clausura este domingo 15 de maio nas salas do 1º andar.

 

MARÍA LUISA FERNÁNDEZ. je, je… luna

Planta baixa (ata o 29 de maio)

GRACE SCHWINDT. Levar unha casa, construír unha cidade, liderar unha revolución. Unha exposición en tres actos

Primeiro andar (ata o 15 de maio)

MÓNICA CABO. There Will Be a Sea Battle Tomorrow

Anexo ,vestíbulo principal (ata o 26 de xuño)

+ info en http://bit.ly/1WpN5a5

 

Catálogos de ocasión

Sábado 14 e domingo 15 de maio

MARCO, vestíbulo principal

Sábado de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingo de 11.00 a 14.30

Para público en xeral

Venda de catálogos de ocasión, cunha selección dos editados polo MARCO dende 2002.

+ info en http://bit.ly/1Oi1u54

 

‘Brunch TIKI’

Miguel Oliveira restaurante

Domingo 15 de maio

Miguel Oliveira restaurante

Domingo de 11.00 a 15.00

Para público en xeral

Previa reserva / tfno. 886 116712unnamed (3)

 

Con ocasión da celebración do DIM, o restaurante Miguel Oliveira ofrece un Brunch especial ao mediodía do domingo, ademais do seu servizo de cafetería-restaurante durante todo o sábado, dentro do horario de apertura do Museo.

+ info en http://bit.ly/24LuUMV

REY VARELA DESTACA A ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN 2014-2020 E A NOVA AXENDA SOCIAL DE GALICIA COMO MEDIDAS CHAVE PARA A LOITA CONTRA A POBREZA

 

  • Define a Estratexia de Inclusión como a primeira dixo que é “unha folla de ruta con máis de 300 medidas e un orzamento inicial de máis de 520 millóns de euros”
  • Di que a Axenda Social é “unha axenda creada para as persoas que peor o están a pasar e que está baseada na coordinación entre as administracións e o tecido social”
  • Subliña o incremento de case o 21% na partida destinada ás persoas e grupos de poboación en situación ou risco de exclusión social nos Orzamentos deste exercicio, ata acadar os 97,8 millóns de euros

 

Santiago, 11 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para dar conta das medidas implementadas pola Xunta de Galicia na loita contra a pobreza. Neste sentido destacou a Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 e a nova Axenda Social de Galicia como medidas chave para acadar a erradicación desta lacra na Comunidade Autónoma. Da primeira dixo que é “unha folla de ruta con máis de 300 medidas e un orzamento inicial de máis de 520 millóns de euros” e que é “o resultado dun proceso moi participativo que desembocou nun documento consensuado con todos os axentes implicados”. “Esta estratexia contempla como unha prioridade os procesos vinculados á inclusión social das persoas usuarias dos servizos, establecendo unha liña de axudas destinada ao desenvolvemento de accións de capacitación persoal para a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión social, así como ao traballo de acompañamento social e ao apoio preciso para facilitar a participación das persoas destinatarias nos proxectos de inclusión sociolaboral”, engadiu.

 

Respecto á nova Axenda Social de Galicia, o responsable da área social do Goberno galego apuntou que é “unha axenda creada para as persoas que peor o están a pasar e que está baseada na coordinación entre as administracións e o tecido social”. Asemade explicou que o investimento no marco da colaboración cos concellos no ámbito da inclusión acadará os 161 M€ neste ano, o que representa unha subida do 26% con respecto ao orzamento consignado en 2015 (128 M€). A nova Axenda Social de Galicia, dixo o conselleiro, “engloba un feixe de medidas para paliar as dificultades de pago da tarifa eléctrica, medidas para evitar os desafiuzamentos, a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), así como outras axudas municipais, de inclusión, e para a rede daquelas persoas que traballan no ámbito social”.

 

No que respecta ao orzamento destinado á inclusión social, Rey Varela lembrou no hemiciclo galego que neste ano 2016 produciuse “un incremento de case o 21% na partida destinada ás persoas e grupos de poboación en situación ou risco de exclusión social nos Orzamentos deste exercicio, ata acadar os 97,8 millóns de euros”.

 

RISGA en tempo e sen atrancos

Tocante a Renda de Inclusión Social de Galicia, o conselleiro sinalou que “a Xunta recortou ao 100% a lista de agarda” polo que “as tramitacións da RISGA estanse a producir sen atrancos e cumprindo os prazos establecidos na Lei de Inclusión”.

 

Ademais cifrou en 10.561 persoas as beneficiarias actuais da a RISGA. “Todas elas contan cun proxecto de integración social asociado á prestación, e 4.008 atópanse en procesos de inclusión sociolaboral que contan con acompañamento técnico dos equipos de inclusión social co apoio da Dirección Xeral de Inclusión”, matizou.

ETHEL VÁZQUEZ AVANZA QUE A PLISAN ESTARÁ A DISPOSICIÓN DAS EMPRESAS O VINDEIRO ANO CON GARANTÍAS XURÍDICAS, SOLO URBANIZADO E PREZOS COMPETITIVO

  • clip_image002Vázquez precisa que as obras de urbanización da primeira fase, cun orzamento de 13,5 millóns de euros, avanzan segundo o previsto e rematarán en 2017
  • Indica que xa se acordou que a Autoridade Portuaria licitase a redacción do anteproxecto para a construción da EDAR e a ETAP que darán servizo á PLISAN e que a Xunta se encargará de licitar este ano a redacción do proxecto e a obra de construción de ambas instalacións
  • Subliña que se emprenderon accións como o pago dos terreos aos propietarios por un importe total de 7,4 millóns, estase a tramitar o abono doutros 1,5 millóns e nos próximos meses seguirán os pagos aos antigos propietarios do solo
  • Adianta que xa se adoptou un acordo para que os primeiros 100.000 metros cadrados da plataforma loxística se poñan  á venda a un prezo de 50 € / m²
  • O Goberno galego, grazas aos incentivos activados para facilitar o acceso ao solo, xa adxudicou máis de 545.000 m2 de superficie industrial nos parques de Xestur e do IGVS, con bonificacións por importe de máis de 16,5 millóns de euros

 

Santiago, 11 de maio de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe no Parlamento de Galicia que a Plataforma Loxística Salvaterra- As Neves (PLISAN), estará a disposición das empresas o vindeiro ano, ofrecendo garantías xurídicas, solo urbanizado, boas conexións e prezos competitivos.

 

Vázquez indica que as obras avanzan segundo o previsto e nestes momentos  son máis de 50 as persoas que están traballando na zona. A actuación ten un un prazo de execución de 18 meses e conta cun investimento de 13,5 millóns, que serán financiados polos tres organismos que participan no proxecto, a Xunta, Autoridade Portuaria de Vigo e Consorcio Zona Franca. Prevese que esta urbanización da primeira fase dos sistemas xerais estará finalizada en 2017.

 

Estas obras de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase comprenden os viais, incluíndo o alumeado e as conducións necesarias para abastecemento, saneamento, gas ou telecomunicacións. Deixarán habilitados 700.000 m2 da zona máis próxima ao enlace coa autovía. A lonxitude do viario e das conducións superan os 3.700 metros lineais e a superficie pavimentada superará os 110.000 metros cadrados.

 

Na última comisión de seguimento xa se acordou que a Autoridade Portuaria licitase a redacción do anteproxecto e a dirección de obra para a construción da EDAR e a ETAP que darán servizo á PLISAN e que a Xunta se encargará de licitar ao longo deste ano a redacción do proxecto e a obra de construción de ambas instalacións. Neste sentido, a conselleira concretou que este mesmo ano tamén se iniciará a contratación de traballos complementarios de urbanización da primeira fase da zona Loxístico Empresarial (LE), para que as empresas que así o desexen poidan comezar a instalarse a finais de 2017.

 

A Xunta de Galicia está a traballar na PLISAN en dúas direccións: para dar seguridade xurídica á actuación e para que se converta nun referente do solo industrial e loxístico do sur da comunidade. Con este obxectivo emprendéronse accións como o pago dos terreos aos propietarios por un importe total de 7,4 millóns de euros. Tamén está en tramitación o pago doutros 1,5 millóns, polo que nos próximos meses seguirase cos pagos aos antigos propietarios do solo.

 

Incentivos á venda de solo industrial

Por outra parte, a responsable de Vivenda fixo fincapé en que o actual Goberno galego ten mostrado unha maior sensibilidade na posta a disposición de solo empresarial en condicións adecuadas para favorecer o investimento empresarial. Concretou que o ano pasado conseguiuse vender tanto solo empresarial como nos mellores anos precrise.

 

A Xunta, desde o ano pasado, ten en marcha un sistema de incentivos ás empresas coa bonificación do prezo do solo empresarial de ata un 50 por cento. Ademais, a finais de 2015 deuse un novo paso adiante coa oferta de solo empresarial adxudicado en dereito de superficie: unha medida pioneira en Galicia que consiste nun sistema semellante a un alugueiro a prezo simbólico con dereito a compra.Trátase do pago dun canon anual durante un período de 30 anos, prorrogable por outros 30 mediante o que os adxudicatarios poderán adquirir a parcela nos 10 primeiros anos, descontando do prezo a parte do canon pagado.

 

O obxectivo desta nova fórmula é facilitar a posta en marcha de novos proxectos ou a ampliación dos existentes, diminuíndo os riscos de investimento das empresas, que pagarán menos polo solo nos primeiros anos –o primeiro ano de carencia, se así o solicitan-, precisamente cando deben afrontar maiores gastos.

 

Ethel Vázquez puxo en valor que grazas a estas medidas xa foron adxudicados máis de 545.000 metros cadrados de superficie industrial nos parques de Xestur e do IGVS, con bonificacións por importe de máis de 16,5 millóns de euros. A última adxudicación tivo lugar hoxe mesmo no Consello de Administración de Xestur: case 10.000 metros cadrados adxudicados.

 

Vázquez sinalou que as bonificacións aplicadas polo Goberno galego supoñen unha importante redución dos prezos de venda: no sur da provincia de Pontevedra a Xunta ofrece solo empresarial en réxime de compravenda desde 35 euros o metro cadrado e un canon anual desde 90 céntimos por metro cadrado en réxime de dereito de superficie.

 

A conselleira indicou que estas condicións vantaxosas na venda de solo como as que se aplican nos parques empresariais propiedade da Xunta tamén beneficiarán á PLISAN, tendo en conta que xa se adoptou un acordo  para que os primeiros 100.000 metros cadrados da plataforma loxística se poñan  á venda a un prezo de 50 euros / m².

 

Os empresarios que queiran instalarse na PLISAN tamén terán a opción de acceder ao solo en dereito de superficie, coas mesmas condicións que as recollidas para o solo propiedade do IGVS: isto é, co pago dun canon anual simbólico e a posibilidade de adquirir o solo durante os primeiros dez anos, para que ao inicio poidan centrar os seus esforzos na implantación e desenvolvemento das súas instalacións produtivas.

 

Nas seguintes imaxes amósanse os traballos que hoxe mesmo se están a executar para avanzar nas obras da PLISAN.

 

Visita da concelleira de Educación aos alumnos do IES Ribeira do Louro que están a elaborar un mural para o Día das Letras Galegas

Mural Letras GalegasA concelleira de Educación, Lourdes Moure, visitou este mércores ás alumnas e alumnos do IES Ribeira do Louro que están a elaborar un mural co galo do ‘Día das Letras Galegas’, que se celebra o vindeiro martes, 17 de maio, e que este 2016 está adicado ao xenial poeta lucense Manuel María.

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE DESTACA A IMPORTANCIA DA DINAMIZACIÓN DAS REDES DE INFORMACIÓN XUVENIL NUN ENCONTRO CON PARTICIPANTES NO PROGRAMA CORRESPONDENTES XUVENÍS 3.0

  • Cecilia Vázquez agradeceu o traballo voluntario dos 4 mozos e mozas do IES Antón Fraguas cos que se reuniu e lembrou que esta é unha iniciativa de educación non formal que fomenta a participación da mocidade
  • No total galego, un total de 482 estudantes do segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional, exercen como mediadores de información entre os seus compañeiros de estudos a través deste programa

 

Santiago, 11 de maio de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe nunha xuntanza cos 4 mozos e mozas que participan no programa Correspondentes xuvenís 3.0 no IES Antón Fraguas de Santiago. Cecilia Vázquez agradeceu o seu traballo voluntario e resaltou que “a dinamización da información dentro do sistema educativo está considerada un eixo fundamental para ter redes de información xuvenil verdadeiramente operativas”. Así mesmo, lembrou que “esta é unha iniciativa de educación non formal que fomenta a participación xuvenil, ao tempo que o correspondente adquire valores como a solidariedade, o liderado e habilidades comunicativas e sociais”.

 

No total galego, no programa Correspondentes xuvenís 3.0 participan neste curso escolar 482 mozos e mozas, estudantes do segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional. Está presente en 67 centros da comunidade galega, dos que 63 son institutos de secundaria, 3 residencias xuvenís e o Centro Residencial Docente de  Vigo. No caso da cidade de Santiago, participan neste programa un total de 19 alumnos dos IES Xelmirez e Sar e dos colexios Cluny e Peleteiro.

 

Os alumnos “correspondentes” reciben información de xeito periódico, así como un boletín informativo semanal e outro material de interese que se elabora no Centro coordinador de información xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta publicación contén todos aqueles temas que poden ser de interese para os mozos e mozas como bolsas de axudas, ofertas de traballo, recursos e direccións de interese, aloxamentos xuvenís ou ocio e tempo libre.

 

Unha vez recollida a información, o “correspondente” a difunde entre os seus compañeiros a través de diferentes medios como taboleiros no propio centro educativo, blogues ou redes sociais. Os “correspondentes” son mediadores de información xuvenil entre iguais, o que redunda nunha mellor acollida por parte dos compañeiros e compañeiras, ao sentirse máis identificados coa temática cando non é un adulto que o informa.

 

Correspondentes xuvenís 3.0 tamén dá visibilidade ás actuacións xeradas polo propio centro coma certames, concursos ou viaxes, e todas elas poden ser exemplos de boas prácticas a seguir por outros centros ou entidades xuvenís.

 

 

A XUNTA DE GALICIA E A FEGAMP ACADAN UN NOVO MARCO DE COPARTICIPACIÒN E COFINANCIACIÓN NAS ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS DE DÍA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

  • O acordo regula a partir deste ano 2016 un novo modelo de financiamento compartido que ten por obxecto garantir a viabilidade económica presente e futura destas prestacións
  • O entendemento entre Política Social e a Fegamp implica a revisión de todas as liquidacións practicadas e que foron remitidas aos concellos correspondentes aos anos anteriores.
  • Unha comisión mixta formada por membros da agrupación de municipios e provincias e o Consorcio encargarase do seguimento e coordinación deste proceso

 

 

Santiago, 11 de maio de 2016.- A Consellería de Política Social e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) chegaron a un acordo marco en relación ao Consorcio Galego de Servizos de Igualade e Benestar para seguir prestando e cofinanciando servizos sociais de maneira conxunta e coordinada entre a administración autonómica e a local. O responsable da área social do Goberno de Galicia e o presidente da Fegamp, José Manuel Rey Varela e Alfredo García Rodríguez, respectivamente, asinaron hoxe este acordo que se sustenta nun sistema de coparticipación e cofinanciación con criterios claros e consensuados, así como na importancia e necesidade de que os Concellos adheridos ao Consorcio sigan sendo copartícipes da xestión compartida dos centros co obxectivo de garantir aos servizos que se prestan no ámbito local por parte do Consorcio.
O titular da carteira autonómica de Política Social destacou que este entendemento coa organismo que agrupa aos alcaldes e alcaldesas de Galicia “é froito de meses dun intenso traballo que tanto a Consellería como a Fegamp afrontamos coa vontade de chegar a acordos”. Ao respecto, sinalou que “cando estamos a falar de servizos para as persoas as diferenzas políticas ou entre administracións non poden impedir pensar que o obxectivo fundamental é que entre todos sexamos capaces de dar mellores servizos de de maior calidade”. E, ao fío disto, engadiu que “o debate menos importante é o das competencias e o dos euros; o máis importante é que a administración autonómica e os alcaldes estean dispostos a camiñar xuntos para atender as necesidades das persoas”. “Este acordo é unha demostración con feitos de que coas achegas de todos podemos facer unha mellor política social”, concluíu Rey Varela.
Na mesma liña que o conselleiro pronunciouse o máximo responsable da Fegamp ao afirmar que “cando dúas institucións comparten un obxectivo, que neste caso é mellorar o funcionamento das escolas infantís e centros de día, e teñen vontade de chegar a acordos estes se conseguen”.  Ademais, García Rodríguez subliñou que o acordo “da estabilidade tanto aos Concellos, xa que saberán o custe que teñen que aboar por praza e polo tanto poderán recollelo nos seus orzamentos, como á Consellería”.

 

Custe por praza e revisión das liquidacións

Deste xeito, o acordo subscrito esta mañá na sede da federación de municipios e provincias regula a partir deste ano 2016 un modelo de financiamento conxunto que salvagarda a viabilidade económica presente e futura dos servizos de escolas infantís e Centros de día que se prestan no ámbito local xestionados a través do Consorcio. En concreto, delimítase un custe por praza a abonar por parte dos Concellos que, para esta anualidade e as seguintes, queda en 1.500 euros por praza no caso das escolas infantís; e de 2.500 por praza no que atinxe aos Centros de día. Estas cantidades diminúen en 600 euros para aqueles Concellos que se encarguen do mantemento dos equipamentos, quedando o custe por praza para as escolas infantís en 900 euros e en 1.900 euros nos Centros de día. Cómpre sinalar que o custe da praza en escola infantil é, como media, de 4.500 euros; mentres que nun Centro de día o prezo por praza ascende a 7.500 euros.

 

Por outra banda, este acordo permitirá que novos Concellos que así o desexen poidan incorporarse ao Consorcio, e solicitar que escolas infantís e Centros de día hoxe de xestión municipal poidan integrarse voluntariamente para ser xestionados a través do Consorcio.

 

Unha vez modificada a normativa legal, o Consorcio revisará todas as liquidacións practicadas e que foron remitidas aos concellos correspondentes os anos anteriores, aos cales remitiránselles unhas novas liquidacións en base aos novos criterios recollidos neste acordo marco e que serán obxecto de análise individualizado con cada concello a través das correspondentes comisións de seguimento. A tal efecto, establécese o prazo dun ano para a revisión de todas esas liquidacións, creándose ademais unha comisión mixta formada pola Fegamp e o Consorcio para o seguimento e coordinación deste proceso.

 

 

 

A XUNTA COLABORA COA FEDERACIÓN DE LIBRERÍAS DE GALICIA PARA A POSTA EN MARCHA DA PRIMEIRA FEIRA DO LIBRO DE PORRIÑO

_MG_0490O delegado territorial da Xunta en Vigo participou esta mañá na presentación do certame xunto á presidenta da Federación e o tenente de alcalde do Porriño

  • Este ano se amplía o calendario das feiras con dúas citas máis que en 2015 incorporando ao programa os municipios do Porriño e de Redondela
  • As Feiras do Libro de Galicia desenvolveranse este ano nun total de 14 concellos sendo a cita do Porriño a cuarta do calendario dende o 12 ao 15 de maio
  • López-Chaves resaltou a completa programación que se persegue para chegar a todos os públicos e para dar visibilidade ao sector editorial.