Policía Local do Porriño detén a unha muller que estaba roubando nun coche na parroquia de Budiño

Axentes da Policía Local do Porriño fixéronse cargo dunha muller que foi retida por uns veciños logo de roubar nun coche. Os feitos ocorreron este mércores, día 11 de maio, pasadas as 20:30 horas: os policías foron alertados por veciños da parroquia de Budiño, na bisbarra de Vitureira, logo de que fosen alertados de que tiñan pechada nun vehículo á devandita muller que participara, xunto cun home, no roubo de mercadoría dentro do coche, logo de rachar un dos cristais do mesmo.

Os axentes identificaron á muller como G.S.V., de 40 anos, veciña de Nigrán, e trasladárona como detida ás dependencias da Garda Civil. O home que participara con ela no roubo foi identificado como J.P.B., de 58 anos, veciño de Malvas, en Tui e, segundo indica a Policía Local, coñecido no Porriño dende hai anos, que fuxiu nun automóbil marca Renault Scenic.

Os veciños que retiveron á muller, volvían de facela compra e deixaran o coche preto da súa casa para descargar o mesmo. Estando dentro da vivenda, escoitaron un ruído e, axiña, comproban que á muller está sacando parte da mercadoría do coche para que fose recollida por un home que, cando ve chegar aos donos do mesmo, fuxe no devandito Renault Scenic, do que collen a matrícula.

Ao mesmo tempo, reteñen dentro do seu vehículo á muller e dan aviso á Policía Local que procede ao seu arresto.

A detida compareceu, este mesmo xoves, día 12, como presunta autora dos feitos, diante do Xulgado do Porriño e, logo de prestar testemuña, foi posta en liberdade.

                        

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: